Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Economía Aplicada
Áreas: Organización de Empresas, Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Ofrecer unha primeira aproximación ao estudo do funcionamento dos mercados e do sistema económico
- Presentar ao alumnado os principios básicos da xestión da empresa e da toma de decisións dentro da empresa
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Concepto de empresa
- O entorno da empresa
- Subsistemas funcionais da empresa
- Organización e xestión de empresas
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Programa teórico (distribución aproximada do tempo):
SECCIÓN I. OS MERCADOS E O SEU FUNCIONAMENTO (4 horas presenciais)
Tema 1. Concepto de Economía e concepto de Sistema Económico.
Tema 2. O Estudo da Procura
Tema 3. A Función de Oferta
Tema 4. Equilibrio de Mercado e Formación de Prezos
SECCIÓN II. ECONOMÍA DA EMPRESA (4 horas presenciais)
Tema 5. Concepto de empresa. A empresa como sistema
Tema 6. A organización e funcións da empresa. A toma de decisións dentro da empresa
SECCIÓN III. PRODUCIÓN E CUSTOS NA EMPRESA (8 horas presenciais)
Tema 7. Economía da Produción (I): Análise Factor-Produto
Tema 8. Economía da Produción (II): Análise Factor-Factor
Tema 9. Tempo e Escala de Produción
Tema 10. Determinación dos Custos de Produción
Tema 11. Determinación dos custos e beneficios sociais en proxectos de enxeñaría civil.
SECCIÓN IV. FINANCIAMENTO E INVESTIMENTO NA EMPRESA (8 horas presenciais)
Tema 12. Os medios para a análise financeira da empresa
Tema 13. Análise económica-financeira da empresa
Tema 14. Avaliación financeira de investimentos. Métodos de selección
Programa Práctico (distribución aproximada do tempo):
PRÁCTICA 1: Como utilizar a biblioteca. Adquisición da competencia informacional (1 hora presencial, 9 non presenciais)
PRÁCTICA 2: O cálculo do PIB (0,5 horas presenciais)
PRÁCTICA 3: O peso económico dun sector (0,5 horas presenciais)
PRÁCTICA 4: Funcionamento dos mercados. Boletín de problemas (2 horas presenciais)
PRÁCTICA 5: Traballo de curso sobre Sección II (24 horas non presenciais)
PRÁCTICA 6: Análise do entorno xeral da empresa (2 hora presencial)
PRÁCTICA 7: Caso práctico sobre roles e funcións directivas. Elaboración dun organigrama (2 hora presencial)
PRÁCTICA 8: Problemas Economía da produción (3 horas presencial)
PRÁCTICA 9: Problemas de cálculo de custos (5 horas presenciais)
PRÁCTICA 10: Problemas de avaliación financeira de investimentos (4 horas presenciais)
PRÁCTICA 11: Supostos contables (4 horas presenciais)
Básica:
CASTILLO A.M.; ABAD, I.Mª.; AGUIRRE, J.M.; GARCÍA, J.; MORENO, F. DE A.; RASTROLLO, Mª.A. (2003). Introducción a la Economía y Administración de Empresas. Ed. Pirámide.
CEPEDA, I.; LACALLE, M.; SIMÓN, J.R.; ROMERO, D. (2004). Economía para Ingenieros. Ed. Thomson.
FERNANDEZ SÁNCHEZ, E.; JUNQUERA CIMADEVILLA, B.; DEL BRÍO GONZÁLEZ, J. (2008). Iniciación a los negocios para ingenieros. Ed. Paraninfo.
KRUGMAN, P.R.; WELLS, R.; OLNEY, M.L. (2008): Fundamentos de Economía. Ed. Reverte.
Complementaria:
DÍEZ DE CASTRO, E.; GALÁN, J.L; MARTÍN, E. (1996): Introducción a la Economía de la Empresa. Tomos I y II. Ed. Pirámide.
MARTÍNEZ COLL, J.C. (2004). La Economía de Mercado, virtudes e inconvenientes. http://www.eumed.net/cursecon/
MAYNAR, P., BAÑEGIL, T., GALERA, C. (2008). La economía de la empresa en el espacio de educación superior. Ed. Mc Graw-Hill.
SEMPERE, A. (1991). Microeconomía Elemental. Ed. Mc Graw-Hill. Madrid.
O profesorado da materia poderá indicar bibliografía específica para cada tema.
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria; e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría civil en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para as dúas titulacións, traballaranse as seguintes:
Grao en Enxeñaría Civil:
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os e as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os e as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a técnico de obras públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación
CG9 - Coñecemento e capacidade de aplicación de técnicas de xestión empresarial e lexislación laboral
Competencias Transversais (Grao en E. Civil, Grao en E. en Xeomática e Topografía)
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade para realizar una exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece ás demais persoas
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Competencias específicas:
Grao en Enxeñaría Civil:
CEFB6 - Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
Nesta materia utilízanse as seguintes metodoloxías docentes recollidas na memoria verificada da titulación para traballar as diferentes competencias:
- Lecións maxistrais participativas. Seminarios e conferencias. (Competencias traballadas: todas as básicas, xerais e específicas)
- Utilización de pizarras clásicas e dixitais. Utilización da aula virtual (Todas as transversais coa excepción da CT7)
- Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso (Todas as transversais e as específicas)
- Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos (CT2, CT12, CB3, CB4)
- Titorías individualizadas e colectivas (CT7, CT8)
- Traballo autónomo e estudo independente do alumnado (CT3)
- Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa. Sesión/s de discusión activa (CEFB6, CG9, CT7)
- Avaliación de competencias mediante exercicios de control (CEFB6, CG9)
SISTEMAS DE AVALIACIÓN RECOLLIDOS NA MEMORIA VERIFICADA:
- Proba/s escrita/s (50%). Competencias avaliadas: CEFB6, CG9, CT12. É necesario acadar a metade da puntuación nestas probas. Contido avaliado: todo o programa.
- Aproveitamento das prácticas (30%). Competencias avaliadas: CEFB6, CG9 CB4, CT12, CT2, CT3. Contido avaliado: todo o programa, a excepción da Sección II.
- Traballos entregados e/ou presentados (10%). Competencias avaliadas: CEFB6, CT1, CT2, CT3, CT5, CT7, CT8, CT10, CB1, CB2, CB3, CB5. Contido avaliado: Sección II.
- Participación do alumnado nas actividades da aula presencial ou virtual (10%). Competencias avaliadas: CB2, CB4, CT1, CT2, CT3.
Calquera proba de fraude na realización das actividades de avaliación suporá un suspenso automático na convocatoria actual. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Os criterios de avaliación son os mesmos parao alumnado repetidor e para a segunda e terceira oportunidade.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará mediante exame final específico que suporá o 70% da cualificación e mediante un traballo que suporá o 30%.
A materia é de 6 créditos ECTS, sendo cada crédito equivalente a 25 horas de traballo.
As 150 horas de traballo totais distribúense do seguinte xeito:
- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 55 horas
- Traballo persoal do alumnado: 95 horas distribuídas como segue segundo a memoria de título:
---Lectura e preparación de temas 24 horas
---Realización de exercicios 34 horas
---Elaboración traballos de curso 24 horas
---Preparación probas de avaliación 13 horas.
Non se requiren coñecementos previos para cursar esta materia.
Para maximizar a aprendizaxe, é convinte que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice todas as actividades expostas polo profesorado e asista ás clases teóricas e prácticas. O estudo continuado ao longo do semestre é recomendable.
En caso de diferencias la guía de referencia es la que está en lengua gallega.
Ana Isabel García Arias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Vicente Angel Lopez Lopez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824419
- Correo electrónico
- vicente.lopez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade