Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Analizar desde o punto de vista teórico e práctico os principios da física que se refiren: mecánica do sólido ríxido, sistemas de equilibrio e análise estrutural, elasticidade, mecánica de fluídos e ondas, ademais de promover e desenvolver o carácter científico do alumno
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Mecánica do sólido ríxido; sistemas de forzas e equilibrio; introdución ao análise estrutural.
Mecánica dos medios continuos: teoría da elasticidade; estática e dinámica de fluídos.
Mecánica de ondas: o oscilador harmónico; movemento ondulatorio.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
BLOQUE TEMÁTICO I: Mecánica
Distribución aproximada de horas para este bloque: Presenciais: 14 de docencia expositiva, 6 de seminario. 4 h de laboratorio.
Non presenciais: 25 de preparación de temas, 6 de realización de exercicios, 16 de elaboración de traballos, 10 de preparación e realización de probas de avaliación.
TEMA 1. SISTEMAS DE PARTÍCULAS. Conceptos fundamentais. Magnitudes e unidades. Teoría de incertezas. Mecánica da partícula. Introdución ao sistema de partículas: Centro de masas e propiedades. Cálculo de centros de masas. Teoremas de Pappus- Guldin.
TEMA 2. MECÁNICA DO SÓLIDO RÍXIDO. Introdución. Cinemática do sistema de partículas: aplicación ao caso particular do sólido ríxido. Movementos elementais do sólido ríxido: translación, rotación. Momentos de inercia. Cálculo de momentos de inercia. Teorema de Steiner. Momento angular. Enerxía cinética de translación e rotación.
TEMA 3. INTRODUCIÓN Á ANÁLISE ESTRUTURAL. Introdución: modelo estrutural. Armaduras planas: definición e hipótese de deseño. Métodos de resolución analíticos: método de nós e método de seccións. . Estática de vigas: definición e tipos. Forzas e momentos internos en vigas. Ecuacións e diagramas de forza cortante e de momento flector.
BLOQUE TEMÁTICO II: Mecánica dos medios continuos y mecánica de ondas.
Distribución aproximada de horas para este bloque: Presenciais: 10 h de docencia expositiva, 6 de seminario. 2 h de laboratorio.
Non presenciais: 15 de preparación de temas, 4 de realización de exercicios, 11 de elaboración de traballos, 9 de preparación e realización de probas de avaliación.
TEMA 4. TEORÍA DA ELASTÍCIDAD. Introdución. Esforzo. Deformación. Lei de Hooke. Módulo de Young. Límite de elasticidade. Módulo volumétrico de compresión. Coeficiente de Poisson. Cizalla. Módulo de rixidez.
TEMA 5. FLUÍDOS. Conceptos básicos. Estática de fluídos. Principio de Pascal. Prensa hidráulica. Principio de Arquímedes. Dinámica de fluídos. Fluídos en movemento: Fluxo, caudal ou gasto. Ecuación de continuidade. Teorema de Bernoulli e aplicacións. Teorema de Torricelli. Fluidos Reais.
TEMA 6. MOVEMENTO OSCILATORIO. Introdución. Cinemática do movemento harmónico simple (MAS). Ecuación básica do movemento harmónico simple. Superposición de MAS: mesma frecuencia; diferente frecuencia. Osciladores axustados. Oscilacións amortecidas. Oscilacións forzadas: Condicións de resonancia.
Contidos experimentais.
Distribución de horas: 12 h presenciais de docencia interactiva de laboratorio.
Os contidos experimentais dispoñibles no laboratorio de Física I son:
Metroloxía. Teoría de incertezas (2 h).
Introdución a modelización-Axuste por mínimos cadrados (2 h).
Dinámica do Sólido Ríxido : Roda de Maxwell, Plano inclinado e Momento de Inercia (2 h).
Análise dunha armadura plana (2 h).
Fluidos (2h).
Defensa do traballo de laboratorio (2h).
Calquera libro de Física Universitaria pode ser un libro de referencia para a materia, os estudantes teñen á sua disposición varios na Biblioteca de la USC. De un modo máis específico, a continuación aparecen algúns que poderían usarse como bibliografía básica
Beer F.P., Johnston E.R., Mecánica Vectorial para Ingenieros, Vol. I Estática, Vol. II Dinámica. Editorial McGraw Hill. 1996 ISBN-13: 978-6071502773
Burbano S.; Burbano E.: Física General: Problemas. Ed. Mira, 1994. I SBN-13: 978-8495447821
Burbano Ercilla; Física General. Ed. Tébar. ISBN 84-95447-82-7. 2003.
Hibbeler, R.C.: Mecánica Vectorial para Ingenieros: Estática. 2004. 2004.ISBN: 970-26-0501-6.
Lleó A.: Física para Ingenieros. Ed. Mundi-Prensa, 2001. ISBN: 9788471149886
Lleó A.: Física: Problemas y cuestiones de Física. Ed. Mundi-Prensa, 2002. ISBN: 8484760774
Merian J.L., Kraige L.G.: Mecánica para Ingenieros (2vol) Ed: Reverté 1999. ISBN: 9788429142570
Pérez, P.J., Fundamentos de Física.Ed. Univ. Lleida (Libro electrónico, disponible USC)
Radi H. A. and Rasmussen J.O., Principles of Physics for Scientists and Engineers. Springer, 2013
Sears F.W..; Zemansky M.W.; Young H.D..; Freedman R.A.: Física Universitaria. (2 vol.). Ed. Addison Wesley Iberoamericana, 1998-99. ISBN 9780321501219
Serway R.A..;Beichner R.J.: Física para ciencias e ingeniería. (2 vol.). Ed. McGraw-Hill, 2002.
Tipler P.A.: Física para a Ciencia e a Tecnología. (2 vol.). Ed. Reverté, 2000.
Trenzado Diepa J.L. Física. Ed. Univ. Las Palmas de Gran Canaria (Libro electrónico- Disponible USC)
Outra bibliografía complementaria que o alumno podería usar:
TAYLOR, JOHN R. Introducción al análisis de errores: el estudio de las incertidumbres en las mediciones físicas. Reverté, 2014. ISBN: 978-84-291-5184-8.
Preston, Daryl W. The Art of experimental physics. Publicación New York : John Wiley and Sons, 1991. ISBN 0-471-84748-8
González F. A.: Problemas de Física General. Ed. Tebar-Flores, 1997
Gettys W.E.; Keller F.J.; Skove M.J.: Física Clásica e Moderna. Ed. McGraw-Hill Iberoamericana, 1991.
Páxina web: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/
Páxina web: http://ciencianet.com
https://www.britannica.com/science/mechanics
Nesta materia o estudante adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría civil en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñaron para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas:
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa area de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias xerais:
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de enxeñeiro técnico de obras públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
Competencias transversais:
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9. Habilidade no manexo de TIC's.
CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
CEFB4 - Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría
Observacións: esta competencia adquírese cursando as materias de Física I e Física II.
Clases expositivas e seminarios:
Metodoloxías docentes usadas: Leccións maxistrais para introducir e desenrolar os contidos teóricos do temario, e seminarios para a resolución de problemas. Se empregarán taboleiros clásicos e/o dixitales e presentacións en Power Point. O material didáctico estará a disposición do alumnado na aula virtual. Incentivarase o traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
O alumnado terá acceso ás presentacións das clases e aos boletíns de problemas a través da aula virtual da materia.
O alumnado disporá de cartillas de problemas “tipo” que abarcan os problemas máis significativos de cada tema que se resolverán durante o semestre.
Competencias traballadas: CB=1,2,3,4,5; CG1; CT=1,2,4,7,10,12; CEFB4.
Prácticas de Laboratorio:
Metodoloxías docentes usadas: Prácticas de laboratorio ou campo. Prácticas de aula informática. Utilización da aula virtual. Realización de presentacións mediante ordenador. Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos. Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesión de discusión activa. Avaliación de competencias mediante traballos.
Esta actividade é obrigatoria e de carácter presencial. Son un total de 12 horas de laboratorio distribuídas en sesións de 2 horas. Nas dúas primeiras sesións (4 h) se traballarán conceptos básicos da análise científica, tratamento de datos de laboratorio e presentación de resultados experimentais. Na derradeira sesión se fará a exposición e defensa do traballo de laboratorio. Os guións de todas as prácticas estarán a dispor do alumnado en el Aula Virtual.
Competencias traballadas: CB=1,2,3,4,5; CG1; CT=1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,12; CEFB4.
Titorías en grupo reducido
As titorías de grupo están deseñadas como unha ferramenta didáctica que permita facer un seguimento da adquisición dos obxectivos da materia por parte dos alumnos. Dito seguimento farase mediante o desenvolvemento de cuestionarios específicos na Aula Virtual y/o presenciais.
Para a obtención da cualificación final dos alumnos teranse en conta as seguintes tres partes:
a) Exame final presencial nas convocatorias oficiais especificadas polo centro. Peso da proba na avaliación total: 60%
b) Avaliación continua: Realizáranse durante o semestre distintos cuestionarios (máximo 3) virtuais y/o presenciais, con preguntas sobre a materia impartida. Peso dos cuestionarios na avaliación continua: 20%
c) Prácticas de laboratorio: A parte práctica da materia avaliarase de xeito continuo durante a realización de cada experiencia no laboratorio. Ademais, o alumnado deberá entregar un traballo escrito unha vez rematada a súa asistencia ó laboratorio e dentro do prazo indicado. Dito traballo, que tamén será avaliado, será exposto oralmente na derradeira sesión de prácticas. Peso desta parte na avaliación total: 20%. A asistencia e realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria.
A cualificación final para a primeira oportunidade de exame será a suma ponderada de todas as actividades do semestre con peso na avaliación : cuestionarios (20 %), laboratorio (20%), exame (60 %).
Para aplicar a suma ponderada é necesario acadar a mínima puntuación de 4.5 sobre 10 no exame e de 5 sobre 10 no traballo de laboratorio e na súa presentación oral.
Os alumnos que non superasen a materia na primeira oportunidade de exame deberán realizar a segunda oportunidade de exame presencial nas convocatorias oficias e nas datas que indique a Dirección do Centro. A cualificación final na segunda oportunidade de exame será a suma ponderada das puntuacións obtidas nos cuestionarios, laboratorio e a nota mais alta acadada nos exames oficiais da materia, nas mesmas condicións da primeira oportunidade.
A cualificación mínima da avaliación total para que o alumno poda superar a materia será de 5 sobre 10 en calquera caso.
Competencias avaliadas: CEFB4, . CB=3,4,5; CT=1,2,3,4,5,6,8,9,10,12; CEFB4.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia, implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou interpretación e sen citas dos autores e das fontes.
Os alumnos repetidores da materia poderán compensar a docencia interactiva de laboratorio, se a realizaron previamente nos tres últimos cursos académicos e así o xustifican e solicitan con a debida antelación. En caso de non realizarse previamente, deberán facelas co resto dos alumnos nas datas programadas nos horarios. Para a avaliación final teranse en conta todas as actividades propostas do mesmo xeito que para os alumnos de nova matrícula.
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia a clase nas condicións que sinala a Orde 1/2017 de Secretaría Xeral da USC, deberán presentarse e aprobar o exame nas datas oficiais. Ditos alumnos deberán axustarse a avaliación continua que facilitarase a través da Aula Virtual, para poder aprobar toda a materia.
E responsabilidade dos alumnos estar pendente das datas dos exames e de todas as actividades suxeitas a avaliación.
A asistencia ás actividades presenciais (clases expositivas e seminarios) é obrigatoria. Teranse en conta para o redondeo no caso de que os alumnos teñan as seguintes puntuacións na avaliación total da materia: 4.5-5.0, 6.5-7.0 ou 8.5 -9.0 para subir un tranzo de suspenso a aprobado, aprobado a notable, e de notable a sobresaliente.
Docencia presencial:
Clases teóricas: 24 horas.
Seminarios: 12 horas
Prácticas: 12 horas
Titorías en grupo: 3 horas
Docencia non presencial:
Lectura e preparación de temas: 40 horas.
Realización de exercicios: 8 horas.
Elaboración de traballos: 28 horas.
Preparación probas de avaliación: 19 horas.
Exame: 4 horas.
Horas totais: 150.
Participar activamente nas aulas e seguir as indicacións do profesorado para o estudo da materia.
Un estudo diario facilitará o seguimento das clases e a superación das probas e avaliación.
Manexar a bibliografía recomendada como complemento ás clases.
Utilizar e aproveitar as titorías.
Nieves Barros Pena
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814044
- Correo electrónico
- nieves.barros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
16.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |