Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Acadar os coñecementos básicos para entender os procedementos necesarios para a realización dun levantamento topográfico.
Coñecer as características dos Instrumentos da Topografía clásica.
Coñecer as características dos Sistemas GNSS e a súa conexión coa topografía clásica e outros recursos para proxectar ou dirixir obras. Ser capaz de aplicar a metodoloxía topográfica clásica ou por satélite para levar a cabo un levantamento topográfico, calcular e obter resultados correctos. Poder interpretar planos, mapas e ortofotos. Realizar as prácticas de campo, laboratorio suficientes para aprender a planificar un levantamento topográfico, a realizar a toma de datos de campo, e executar os cálculos e a representación gráfica correcta dos resultados. Ser capaz de organizar un replanteo de obra e a executalo.
A memoria verificada do título contempla os seguintes contidos:
Fundamentos teóricos básicos. Instrumentación topográfica. Métodos topográficos. Xeodesia e sistemas de posicionamento. Obras lineais. Replanteo.
Estes contidos desenvolveranse do seguinte xeito:
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
T01.- A Topografía. Sistemas de coordenadas (2 HP + 4 HTA)
T02.- Teorías de erros e a súa aplicación (2 HP + 4 HTA)
T03.- Instrumentación topográfica (2 HP + 4 HTA)
T04.- Métodos topográficos (8 HP + 15,8 HTA)
T05.- Sistemas de Posicionamento Global (2 HP + 4 HTA)
T06.- Obra liñal (4 HP + 7,9 HTA)
T07.- Cálculo de volumes (2 HP + 4 HTA)
T08.- Métodos de replanteo (2 HP + 4 HTA)
SESIÓNS INTERACTIVAS:
P01.- Estacionamento, reseñas e croquis (3 HP + 5,9 HTA)
P02.- Itinerario (3 HP + 5,9 HTA)
P03.- Nivelación (3 HP + 5,9 HTA)
P04.- Radiación (9 HP + 17,8 HTA)
P05.- Cálculos e plano (6 HP + 11,9 HTA)
HP = Horas Presenciais
HTA = Horas de Traballo Autónomo
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
(1) CHUECA PAZOS, M., HERRÁEZ BOQUERA, J., BERNÉ VALERO, J. L. "Teoría de errores e instrumentación," Ed. Paraninfo, Madrid. (1996)
(2) CHUECA PAZOS, M., HERRÁEZ BOQUERA, J., BERNÉ VALERO, J. L. "Métodos topográficos" Ed. Paraninfo, Madrid. (1996)
(3) DOMÍNGUEZ GARCÍA-TEJERO, F.. "Topografía General y Aplicada," 13/Ed., Ed. Mundi-Prensa, Madrid. (1998)
(4) FOTOGRAMETRÍA MODERNA: ANALÍTICA Y DIGITAL. J. L. Lerma García. (2002).
(5) FOTOGRAMETRÍA DIGITAL. Toni Shenk. (2002)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
(1) ARRUFAT MOLINA, E "Instrumentos topográficos" Tirant lo Branch, Valencia (2006)
(2) OJEDA, J. L. "Métodos Topográficos y Oficina Técnica" Ed. J.L. Ojeda, Madrid. (1984).
(3) CARPIO HERNÁNDEZ, JUAN PEDRO. “Redes Topométricas” Ed. Bellisco. (2001)
(4) M.T. MARTÍN Y J. RODRÍGUEZ “Estudio y replanteo de alineaciones y curvas circulares”
(5) SANJOSÉ, J.J., MARTÍNEZ, E., LÓPEZ, M. "Topografía para estudios de Grado". Ed. Bellisco. Ediciones Técnicas y Científicas. Colección Biblioteca Técnica Universitaria. Madrid. (2009).
Competencias básicas e xerais: CG1
Competencias transversais: CT1, CT4, CT5, CT6, CT10, CT12
Competencias específicas: CECC1
DESCRICIÓN DAS COMPETENCIAS:
CECC Coñecemento das técnicas topográficas imprescindibles para obter medidas, formar planos, establecer trazados, levar ao terreo xeometrías definidas ou controlar movementos de estruturas ou obras de terra.
CG1 Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
CT4 Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
COMPETENCIAS: CECC1
- Leccións maxistrais participativas. Seminarios e conferencias.
- Prácticas de laboratorio ou campo. Prácticas de aula informática.
- Utilización de pizarras clásicas e digitais. Utilización do aula virtual.
- Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballos de curso.
- Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos.
- Tutorías individualizadas e colectivas.
- Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
- Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa. Sesión/s de discusión activa.
- Avaliación de competencias mediante exercicios de control.
COMPETENCIAS: CT01, CT04, CT05, CT06, CT10, CT12
- Prácticas de laboratorio ou campo. Prácticas de aula informática.
- Utilización de pizarras clásicas e digitais. Utilización do aula virtual.
- Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballos de curso.
- Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos.
- Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
- Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa. Sesión/s de discusión activa.
- Avaliación de competencias mediante exercicios de control.
COMPETENCIAS: CG01
- Utilización de pizarras clásicas e digitais. Utilización do aula virtual.
- Tutorías individualizadas e colectivas.
- Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
1) ALUMNOS MATRICULADOS POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA:
[EC] Participación do alumnado nas actividades da aula (10%)
O alumno terá cuestionarios que terá que facer de cada tema na aula virtual, así como actividades prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos, obtendo unha nota sobre un máximo de 10 puntos.
COMPETENCIAS: CECC1, CT1, CT4, CT5, CT6, CT10, CT12, CG1
[EX] Proba ou probas, orais e/ou escritas (60%)
O exame consistirá en preguntas teóricas e prácticas puntuando a nota dun total sobre 10 puntos.
COMPETENCIAS: CECC1
[PR] Aproveitamento das prácticas (30%)
O alumno debe entregar as actividades prácticas que se van realizando, puntuando cunha nota de 10 puntos. No caso de realizarse unha viaxe de prácticas, a asistencia será obrigatoria. A avaliación desta actividade computarase baixo este epígrafe.
COMPETENCIAS: CT1, CT4, CT5, CT6, CT10, CT12, CECC1
2) ALUMNOS QUE NON SUPERARON A MATERIA EN ANOS ANTERIORES:
Terán que facer o exame e as actividades de avaliación cos mesmos criterios que os alumnos matriculados por primeira vez.
IMPORTANTE:
- A avaliación da primeira e segunda oportunidades realizarase utilizando os mesmos criterios.
- En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os estudantes aos que se lles conceda esta exención deben seguir a materia a través do Campus Virtual, realizando todas as entregas necesarias para obter unha nota positiva en EC, PR e EX respectivamente.
Os tempos de estudo establecidos nesta materia son:
- Clases teóricas expositivas: 24 horas
- Clases interactivas (prácticas/seminarios): 24 horas
- Titorías en grupo: 3 horas
- Estudo individual, lectura e terminación de traballos prácticos: 95 horas
- Asistencia a todas as sesións expositivas e prácticas.
- Consulta diaria del campus virtual.
- Asistencia a titorías grupais para discutir, aclarar ou resolver dúbidas.
Queda prohibido o uso de dispositivos electrónicos durante as clases e/ou exames salvo autorización expresa. O incumprimento disto suporá a expulsión do alumno da sesión correspondente.
Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- xesuspablo.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jaime Rodriguez Pereña
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- jaime.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Martin Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mteresa.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade