Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Introducir ao estudantado na reflexión sobre os obxectivos e métodos da investigación literaria e cultural na área de humanidades.
- Axudar ao estudantado no desenvolvemento de habilidades profesionais que lle serán útiles en contextos académicos e de investigación.
- Familiarizar ao estudantado cos métodos de procura de información sobre temas de investigación literaria e cultural en inglés.
- Axudar ao estudantado a apreciar e distinguir na práctica os distintos tipos de actividades de investigación.
- Xerar no estudantado a capacidade de aprendizaxe autónoma.
1. Introdución
2. O textos de investigación (tipos e aspectos)
3. A escritura do traballo
4. Obxectivos, metodoloxía, corpus, argumentación e estrutura
5. Traballar con datos e fontes
6. O traballo con outros materiais
7. Requisitos lingüísticos
8. Manuais de estilo
9. Presentación e publicación dun traballo de investigación
10. Cuestións legais
11. Outras aplicacións da investigación literaria e cultural
Bibliografía básica y complementaria
Bibliografía básica
Altick, Richard D. and John Fenstermaker. The Art of Literary Research. New York: W. W. Norton & Co., 1992.
Da Sousa Correa, Delia and W. R. Owens, eds. The Handbook to Literary Research. London: Routledge, 2009.
Eco, Umberto. Cómo se hace una tesis. GEDISA, 2001
Henry, D. J. and A. Dorling Kindersley. Writing for Life: Paragraph to Essay. Harlow: Longman, 2007.
Bibliografía complementaria
Achtert, Walter S., and Joseph Gibaldi. MLA Handbook for Writers of Research Papers. 7th ed. New York: Modern Language Association, 2009.
Bourdieu, Pierre, et al. Academic Discourse: Linguistic Misunderstanding and Professional Power. Stanford: Stanford UP, 1994
Canagarajah, A. Suresh. Critical Academic Writing and Multilingual Students. Ann Arbor: The University of Michigan Press, 2002.
Durham, Meenakshi Gigi and Douglas M. Kellner, eds. Media and Cultural Studies: Keyworks. Oxford: Wiley-Blackwell, 2012.
Leitch, Vincent B. et al, eds. The Norton Anthology of Theory and Criticism. 2nd ed. New York: W. W. Norton & Co., 2010.
Soriano, Ramón. Cómo se escribe una tesis. Guía práctica para estudiantes e investigadores. Córdoba: Berenice, 2008.
The Chicago Manual of Style. 16th ed. Chicago: The University of Chicago Press, 2010.
The Hodges Harbrace Handbook. Beverly: Wadsworth, 2010.
Walker, Melissa. Writing Research Papers. A Norton Guide. New York: W. W. Norton & Co., 1996.
Wisker, Gina. The Postgraduate Research Handbook. 2nd ed. Palgrave Macmillan, 2007.
BÁSICAS
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
XERAIS
G01 - Capacidade para afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G02 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G04 - Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05 - Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06 - Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
G08 - Autonomía progresiva na aprendizaxe, buscas propias de recursos e información, accedendo para isto a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
G09 - Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
G10 - Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos axeitados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.
ESPECÍFICAS
E09 - Coñecemento dos principios, modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
E10 - Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono.
E11 - Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
Sesións teóricas e prácticas.
Traballo online.
Actividades virtuais.
Debates na clase.
Exercicios prácticos.
Aprendizaxe autónoma: pediráselle ao estudantado analizar textos, preparar presentacións e debates, e escribir resumos ('abstracts'), recensións e ensaios seguindo as instrucións dadas na clase e nas titorías.
As actividades inclúen:
-Resumes críticos e/ou recensións de lecturas obrigatorias.
-Escritura dun resumo ('abstract') coas súas correspondentes palabras chave.
-Preparación dunha presentación oral.
-Identificación das partes dun artigo de investigación.
Participación na clase, durante as sesións presenciais e a través doutros medios (correo-e, fórums de debate, plataforma virtual): 30%. Competencias avaliadas:CB6, CB7,G06
Traballos escritos entregados: 50%. Competencias avaliadas: CB6, CB7, G01, G02, G05, G08, G09
Presentacións orais: 20%. Competencias avaliadas: CB9, G08
Este sistema de avaliación tamén se aplicará na convocatoria de xullo.
Para a avaliación dos/das repetidores rexerán os mesmo criterios tanto na convocatoria de xaneiro como na de xullo.
A asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria do título. Neste caso a avaliación será como segue: 1) participación a través de canles tales como MS Teams, foros de discusión, plataforma virtual, correo-e, etc. (10%) 2); exame oral ou escrito (20%); 3) outras formas de traballo escrito (50%); presentación oral, sexa presencial ou non, (20%).
3 créditos ECTS correspóndense aproximadamente con 75 horas de traballo do/a estudante.
Nº total de horas: 75
Horas de traballo persoal na aula: 14
Horas de traballo a través da plataforma virtual: 10
Traballo autónomo do estudante: 51
MLA website:
http://www.mla.org/
The Norton Introduction to Literature website: http://wwnorton.com/college/english/litweb10/writing/
Purdue Online Writing Lab (OWL):
http://owl.english.purdue.edu/
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Margarita Estevez Saa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811839
- Correo electrónico
- margarita.estevez.saa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C04 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C04 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C04 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C04 |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
08.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C04 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C04 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C04 |