Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148 Clase Interactiva: 2 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Familiarizar aos estudantes coas aplicacións dos coñecementos, habilidades e competencias adquiridas nas diferentes materias do Máster.
- Establecer conexións entre a Universidade e o mundo da empresa e o mercado de traballo.
- Familiarizar aos estudantes co funcionamento de institucións e compañías: organización, traballo, clientes, proxección nacional e internacional das mesmas.
Os contidos estarán determinados pola institución ou compañía elexida polo estudante para a realización das prácticas.
De selo caso, os titores responsables na compañía e na Universidades proporcionaranlla ao estudante.
Competencias (“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións, 2ª edición", pp. 6-7 e 55-57: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf).
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
G01 - Capacidade para afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G02 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G03 - Capacidade para utilizar de forma eficiente as novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito dos Estudos Ingleses.
G04 - Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05 - Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06 - Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
G07 - Habilidades de consolidación e desenrolo da competencia lingüística (nivel C2) no uso falado e escrito da lingua inglesa.
G08 - Autonomía progresiva na aprendizaxe, buscas propias de recursos e información, accedendo para isto a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
G09 - Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
G10 - Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos axeitados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.
E15 - Coñecer entornas laborais e profesionais onde o inglés como medio e vehículo de expresión ocupa un lugar relevante.
Introdución ao funcionamento e ás actividades desenvolvidas na institución, compañía ou empresa.
Participación supervisada do estudante nas actividades da institución, compañía ou empresa.
Memoria final sobre os coñecementos prácticos aprendidos
As actividades a realizar inclúen:
-Selección da institución, compañía ou empresa, supervisada polo/a titor/a da Universidade.
-Titorías cos/coas titores/titoras da compañía e da universidade.
-Organización das actividades prácticas supervisadas nas que participará o/a estudante.
-Redacción da memoria final. (Segundo modelo: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/11/Memoria_practicas.docx).
Ver tamén: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2018/07/Practicum-EVALUATION-SYS…
A avaliación terá en conta as diferentes etapas do proceso e incluirá a valoración dos aspectos seguintes:
-Avaliación por parte do/a supervisor/a da institución /compañía /firma (Formulario: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/11/Informe_dos_titores-prof…): 60%
-Avaliación da memoria final por parte do/a titor/a da universidade: 40%
Competencias avaliadas: CB7, CB8, CB9, G01, G02, G03, G04, G05, G06, G07, G08, G09, G10, E15
6 créditos ECTS correspóndense, de xeito aproximado, con 150 horas de traballo do estudante.
1) Planificación do Prácticum (das actividades a realizar): 20 horas
2) Actividade práctica titorizada realizada na empresa/institución: 90 horas
3) Reflexión, autoavaliación e evaliación da práctica realizada e elaboración da memoria: 40 horas
É conveniente que o alumnado se poña en contacto co seu titor/a da universidade tan pronto como se fagan públicos os destinos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.