Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudantado familiarizarase coas principais escolas anglo-norteamericanas de crítica literaria e cultural dos séculos XX e XXI.
O estudantado coñecerá o contexto social e ideolóxico que deu pé ás diversas aproximacións á teoría literaria.
O estudantado clarificará conceptos e métodos da teoría literaria e cultural anglo-americana mediante a súa aplicación á análise de textos culturais e literarios do mundo anglófono.
Breve repaso das principais escolas de crítica literaria e cultural e da súa aplicación á análise da producción literaria e cultural no mundo anglófono.
Este curso presenta unha selección de perspectivas críticas para abordar aspectos como: o debate entre a herdanza clásica, a historiografía e o canon; o desenvolvemento de varias escolas críticas que van desde o New Criticism, o Formalismo Ruso, o Estruturalismo e a Narratoloxía ata o Post-estruturalismo, a Psicanálise, as teorías marxistas, o Materialismo Cultural, o Novo Historicismo, a Crítica Feminista, os Estudos de Xénero, e aproximacións máis recentes como o Multiculturalismo, a Etnocrítica, os Estudos Poscoloniais, da Diáspora e do Transnacionalismo e, finalmente, a Ecocrítica.
Básica:
Cuddon, J. A. The Penguin Dictionary of Literary Terms and Literary Theory. London: Penguin Books, 2014.
Selden, Raman. Practising Theory and Reading Literature. An Introduction. New York: Harvester Wheatsheaf, 1989.
Waugh, Patricia, ed. Literary Theory and Criticism : An Oxford Guide. New York: Oxford University Press, 2006.
Complementaria:
Bloom, Harold. The Western Canon: The Books and School of the Ages. New York: Harcourt Brace, 1995.
Brydon, Diana, ed. Postcolonialism: Critical Concepts in Literary and Cultural Studies. London and New York: Routledge, cop. 2000.
Cuddon, J. A. The Penguin Dictionary of Literary Terms and Literary Theory. London: Penguin Books, 1999.
Eagleton, Terry and Drew Milne, Eds. Marxist Literary Theory: A Reader. Oxford: Blackwell, 1996.
Eagleton, Terry. Literary Theory: An Introduction. Oxford: Blackwell, 1996.
Frassinelli, Pier Paolo, Ronit Frenkel, and David Watson, Eds. Traversing Transnationalism: The Horizons of Literary and Cultural Studies. Amsterdam and New York, NY : Rodopi, 2011.
Glotfelty, Cheryll, and Harold Fromm, Eds. The Ecocriticism Reader: Landmarks in Literary Ecology. Athens (Georgia): The University of Georgia Press, cop. 1996.
Green, Keith and Jill LeBiham. Critical Theory and Practice: A Coursebook. London and New York: Routledge, 2012.
Kurzweil, Edith and William Phillips, Eds. Literature and Psychoanalysis. New York: Columbia University Press, 1983.
Marzec, Robert T. An Ecological and Postcolonial Study of Literature. From Daniel Defoe to Salman Rushdie. London: Palgrave, 2007.
Onega, Susana & José A. García Landa. Narratology: An Introduction. London: Longman, 1996.
Rice, Philip and Patricia Waugh, Eds. Modern Literary Theory: A Reader. London: Arnold, 2001.
Rooney, Ellen, Ed. The Cambridge Companion to Feminist Literary Theory. Cambridge: Cambridge University Press, 2006.
(“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións, 2ª edición", pp. 6-7: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf)
Competencias básicas e xerais deste programa de Máster:
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que los estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
G01 - Capacidade para afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G04 - Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05 - Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06 - Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
G08 - Autonomía progresiva na aprendizaxe, buscas propias de recursos e información, accedendo para isto a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
Competencias específicas deste programa de Máster:
E09 - Coñecemento dos principios, modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
E11 - Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
E12 - Capacidade para comprender diferentes aproximacións teóricas e críticas así como a súa aplicación á análise de textos literarios e culturais no ámbito anglófono.
E13 - Coñecemento das relacións entre as principais manifestacións artísticas e literarias no ámbito anglófono.
Presentacións introdutorias a cada escola de crítica dada polas profesoras.
Tarefas diarias para que o estudantado as presente nas discusións de clase a partir dunha serie de lecturas asignadas.
As tarefas virtuais realizaranse por Teams.
Titorías individuais e colectivas para a discusión de dúbidas.
Realización de proba final escrita na data oficial marcada polo calendario académico.
Esta metodoloxía ten como obxectivo practicar as destrezas orais e escritas, así como mellorar o traballo individual e colaborativo.
As discusións e as presentacións orais perseguirán a comprensión crítica de teorías culturais e literarias, así como a apertura da mente e a receptividade a enfoques críticos distintos aos nosos. Durante o curso, o estudantado preparará e discutirá temas a través da plataforma virtual do curso.
O documento final escrito ten como obxectivo principal o uso adecuado de ferramentas e prácticas académicas: orixinalidade, uso correcto do material bibliográfico e outras fontes de información, presentación axeitada dun ensaio escrito que satisfaga todos os requisitos académicos formais e estruturais.
Primeira convocatoria:
Tarefas diarias: 30% (Competencias avaliadas: CB6, CB9, G01, G04, G05, G06, G08, E09, E11, E12, E13)
Participación nos debates en grupo: 20% (Competencias avaliadas: CB8, G06, E09, E11, E12, E13)
Proba escrita final: 50% (Competencias avaliadas: CB6, CB9, G01, G04, G05, G06, G08, E09, E11, E12, E13)
Apectos que se terán en conta para a avaliación: fluidez oral e escrita, capacidade para artellar hipóteses e para discutilas, asistencia a clase e participación na mesma.
Segunda convocatoria:
O estudantado que non supere a materia na primeira convocatoria poderá presentarse á segunda en xullo (data a acordar coa profesora). Nesta segunda oportunidade o estudantado terá que amosar o seu dominio da materia mediante dous tipos de avaliación: unha proba final escrita e coas mesmas características e valor porcentual que na primeira convocatoria, e mais os exercicios que acorde coa profesora como substitución das outras actividades da materia.
O estudantado con exención oficial de asistencia a clase fará unha proba final escrita que contará o 100% da nota final.
Asistencia a clase: Seguirase a normativa oficial no relativo á obrigatoriedade da asistencia a clases expositivas e interactivas, así como á obrigatoriedade de participación nas actividades programadas. No caso de AUSENCIA XUSTIFICADA documentalmente e aceptada pola profesora ou o Decanato, pactarase unha avaliación alternativa da participación perdida. A ausencia de clase non xustificada nunha actividade avaliable implicará a cualificación de 0 nesa actividade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
a) Número total de horas= 121
b) Horas de clase (máximo) = 21
c) Plataforma virtual (máximo)= 24
d) Traballo individual do estudantado = 76
A asistencia a clase é obrigatoria. Seguirase a normativa oficial no relativo á obrigatoriedade da asistencia a clases expositivas e interactivas, así como á obrigatoriedade de participación nas actividades programadas. No caso de AUSENCIA XUSTIFICADA documentalmente e aceptada pola profesora ou o Decanato, pactarase unha avaliación alternativa da participación perdida. A ausencia de clase non xustificada nunha actividade avaliable implicará a cualificación de 0 nesa actividade.
A participación activa do estudantado nos debates da clase formará parte da súa avaliación.
Presuponse o coñecemento completo das normas de estilo MLA para as probas escritas.
Non se responderán aqueles correos electrónicos que non procedan do enderezo corporativo do/da estudante (enderezo da USC).
De acordo co establecido no artigo 36 da Ley Orgánica do Sistema Universitario (LOSU), que especifica no seu apartado c) entre os deberes do estudantado: ‘Obervar las directrices del profesorado y de las autoridades universitarias’, as normas de convivencia na aula serán as seguintes:
1- Computadores portátiles, tabletas, teléfonos móbiles e dispositivos similares poderán empregarse durante o desenvolvemento das clases só e unicamente para a realización de tarefas relacionadas coa aprendizaxe da materia específica que se está impartindo, e en ningún caso debe perturbar o bo desenvolvemento do ensino e a aprendizaxe, a xuízo do/da docente.
2- Con carácter xeral, o estudantado non deberá chegar á aula máis tarde de 10 minutos despois do comezo da clase, para non perturbar o normal desenvolvemento da mesma e a actividade docente
3- Non se poderá consumir comida na aula.
4- Non se poderá saír da aula antes de que o/a docente dea a clase por rematada, agás por indisposición física sobrevida.
Manuela Palacios Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811892
- Correo electrónico
- manuela.palacios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
Xoves | |||
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
16.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C05 |
18.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C05 |