Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo básico da materia consiste en familiarizar ao estudante con as condicións de desenvolvemento xerais da literatura medieval en lingua vernácula. Para iso aplícase un método comparatista, no que se teñan en conta as manifestacións literarias nas diversas linguas do Occidente medieval, tanto vernáculas como latina, e tamén as condicións culturais que fixeron posible o xurdimento, no século XII, destas novas tradicións literarias.
- O concepto de renacemento. Definición e problemas. Os renacementos menores
- O Renacemento italiano dos séculos XIV-XVI: o peso do modelo.
- Os Renacementos medievais (1): as ideas de tempo e progreso na Idade Media
- Os Renacementos medievais (2): o Renacemento do século XII
- Renacemento e outras recuperacións do pasado. O revival
- Conclusións
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Benson, L., e Constable, G. (eds.), Renaissance and Renewal in the Twelfth Century, Clarendon Press, Oxford, 1982.
Nitze, William A., "The So-Called Twelfth Century Renaissance", Speculum, 23 / 3 (1948), pp. 464-471.
Panofsky, Erwin, "Renaissance and Renascences in Western Art", The Kenyon Review, VI (1944), pp. 201-236 [reimpreso en Id., Renacimiento y renacimiento el arte occidental, Alianza Editorial, Madrid, 1983.
Sandford, E. M., "The Twelfth-Century, Renaissance or Proto-Renaissance?", Speculum, 26 / 4 (1951), pp. 635-642.
Treadgold, W., Renaissances before Renaissance: cultural revivals of late Antiquity and the Middle Ages, California University Press, Stanford, 1984.
Trompf, G. W., "The Concept of the Carolingian Renaissance", Journal of the History of Ideas, 34 / 1 (1973), pp. 3-26.
Verger, Jacques, La renaissance du XIIe siècle, Cerf, París, 1999.
VV. AA., La Renaissance? Des Renaissances? (VIIIe - XVIe siècles), Klinsieck, París, 2010.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Badel, P. Y., Introduction à la vie littéraire du Moyen Âge, Bordas / Mouton, Paris, 1969.
Battaglia, S., La conscienza letteraria nel Medioevo, Liguori, Napoli, 1965.
Bloch, M., La société feudal, Albin Michel, Paris, 1989 (1ª ed. 1939).
Boitani, P., et alii (eds.), Lo spazio letterario del Medioevo, t. I: Il medioevo volgare, Salerno Editrice, Roma, 1999.
Constable, G., Culture and spirituality in Medieval Europe, Variorum, Aldershot, 1996.
- cap. IV: "Past and Present in the Eleventh and Twelfth Centuries Perceptions of Time and Change" [reimpreso de L'Europa dei secoli XI e XII fra novità e tradizioni. Sviluppi di una cultura, Milano, Vita e Pensiero, 1989, pp. 135-170.]
- cap. V: "A Living Past: The Historical Environment of the Middle Ages" [reimpreso de Harvard Library Bulletin, 1/ 3 (1990), pp. 49-70].
García Baura, Eduardo, "De la «media tempestas» al «medium aevum». La aparición de los diferentes nombres de la Edad Media", Estudios Medievales Hispánicos, 2 (2013), pp. 27-46.
Haskins, Charles H., The Renaissance of the Twelfth Century, Meridian Books, New York, 1967 [1ª ed. 1927. Traducción a español: El renacimiento del siglo XII, Ático de los Libros, Barcelona, 2013].
Heers, La invención de la Edad Media, Crítica, Barcelona, 1995.
Holmes Jr., U. T., "The Idea of a Twelfth-Century Renaissance", Speculum, 26 / 4 (1951), pp. 643-651.
Gurievich, A. I., Las categorías de la cultura medieval, Taurus, Madrid, 1990.
Maddox, D., "The Semiosis of Assimilatio in Medieval Models of Time", Style, 20 / 2 (1986), pp. 252-271.
Ménard, Ph., "Le sentiment de décadence dans la littérature médiévale", en E. Baumgartner y L, Harf-Lancner (eds.), Progrès, réaction, décadence dans l'Occident médiéval, Droz, Genève, 2003, pp. 137-153.
Dales, R. C., The Intellectual Life of Western Europe in the Middle Ages, E. J. Brill, Leiden, 1992 (2ª ed.).
Fenzi, Enrico, "Translatio studii e translatio imperii. Appunti per un percorso", Interfaces. A Journal of Medieval European Literatures, 1 (2015), pp. 170-208.
Rodríguez de la Peña, Manuel Alejandro, "Translatio Studii y Translatio Imperii: autoridad y sabiduría en la formación de la idea medieval de Europa", en Dalmacio Negro Pavón y Pablo Sánchez Garrido (eds.), La identidad de Europa. Tradición clásica y Modernidad, CEU Ediciones, Madrid, 2008, pp. 23-44.
Sandford, E. M., "The Study of Ancient History in the Middle Ages", Journal of the History of Ideas, 5 (1994), pp. 21-43.
Stierle, K., "Translatio Studii and Renaissance: From Vertical to Horizontal Translation", en S. Budick y W. Iser (eds.), The Translatability of Cultures: Figures of the Space Between, Stanford University Press, Stanford, 1996, pp. 55-67.
Zumthor, P., La lettre et la voix de la ‘littérature’ médiévale, Éditions du Seuil, Paris, 1987.
Estudo dos conceptos e coñecementos básicos da literatura e da periodización histórica
Análise dos conceptos do comparatismo literario aplicados á literatura do devandito período
Estudo das diversas tradicións literarias e a súa relación con outras series históricas
A materia consta de 3 créditos, que se desglosan en 9 horas de clase expositiva, 12 de horas de seminario e 3 de titorías.
Está prevista a participación activa do alumnado. O profesor desenvolverá os temas de clase baseándose en explicacións apoiadas eventualmente por textos e outros tipos de materiais gráficos e audiovisuais. Considérase esencial a asistencia a clase, por canto se pretende dar un sesgo práctico á materia.
Sistema de avaliación continua, baseado no seguimento dos estudantes nas aulas, na participación activa nestas e na realización de actividades individuais ao longo do curso, que se complementará coa realización dun traballo final de carácter individual.
Os diferentes apartados nos que se desglosa o sistema de avaliación distribúense de acordo co seguinte valor á hora de calcular a cualificación final:
a) Asistencia e realización de actividades na aula, de acordo cun modelo de avaliación continua: 30% da nota final.
b) Realización de traballos: 70% da nota final.
Para a convocatoria de segunda oportunidade o sistema de avaliación consistirá nun exercicio escrito proposto polo profesor. Así mesmo, os alumnos que non poidan seguir o curso de xeito presencial (incluíndo aquí os alumnos que obtiveran unha dispensa de asistencia a clase ou ben que non poidan asistir ás aulas por seren repetidores, por problemas sobrevidos ao longo do curso ou calquera outra razón) serán avaliados por medio dun exercicio proposto polo profesor.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", da USC.
A materia consta de 3 créditos, que se desglosan en 9 horas de clase expositiva, 12 de horas de seminario e 3 de titorías. Para os alumnos calcúlanse 75 horas de traballo.
Debido ao enfoque comparatista do curso, recoméndase un coñecemento, aínda que mínimo, de historia e de historia da arte, que garantan unha axeitada comprensión dos diferentes renacementos que se tratarán na aula.
Polo mesmo motivo, recoméndase competencia lectora en máis dunha lingua, para un apropiado acceso a estudos consagrados a diversas tradicións culturais.
Os estudantes deberán redactar e presentar os traballos co nivel de corrección esperable para o seu grao académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios.
Santiago Gutierrez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- santiago.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C03 |
19.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |
24.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | D03 |