Acceso
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Admisión
Modalidade: con límite de prazas e criterios específicos
Titulacións de acceso:
- Grao en Antropoloxía Social
- Grao Comunicación Audiovisual
- Grao en Ciencia Política e Xestión Pública
- Grao en Dereito
- Grao en Economía
- Grao en Filoloxía
- Grao en Filosofía
- Grao en Historia
- Grao en Historia da arte
- Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
- Grao en Xornalismo
- Grao en Publicidade e Relacións Públicas
- Grao en Sociología
- Grao en Administración e Dirección de Empresas
- Grao en Belas Artes
- Grao en Humanidades
- Outros graos a decisión da Comisión Académica do Máster.
Os alumnos procedentes de países de lingua diferente ao galego, portugués ou español deberán acreditar o nivel de lingua galega: Celga II, ou española: B1, consonte o Acordo do Consello de Goberno da USC do 28 de febreiro de 2019.
De non posuíren algún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre ata acadaren o nivel requirido.
Criterios de Admisión
-Adecuación formativa: 50% (primará a titulación en Historia)
-Expediente académico: 30%
-Currículum: 20%
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula