Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Propiciar unha formación avanzada en Historia Contemporánea para a docencia e a investigación.
- Coñocer as fontes fundamentais do poder político nas sociedades rurais contemporáneas da Europa occidental, con especial incidencia nos casos galego e español.
- Dar pulo a un estudo interrelacionado entre as diferentes fontes do poder, evitando a súa presentación en forma de compartimentos estancos.
- Fomentar una análise comparada entre os espazos e as formas de poder identificables nas sociedades galega e española dos séculos XIX e XX, cos existentes nas súas homónimas mediterráneas (en especial, a francesa e a italiana).
- Valorar as conexións que se producen entre a presentación e evolución do fenómeno do poder político nun espazo dado, e o proceso de construción do Estado – Nación (con incidencia especial nos exemplos galego e español).
- Dominar os contidos fundamentais da expresión “clientelismo político” e a evolución da mesma para a súa adaptación á investigación histórica
A materia ten como obxectivo presentar algúns dos aspectos fundamentais que afectan ás manifestacións históricas do poder político nas sociedades rurais da Europa occidental nos séculos XIX e XX, cunha atención especial ó espazo máis próximo (galego e español) e facendo especial fincapé nas posibilidades que para a investigación ofrecen os contidos da expresión “clientelismo político”, na necesidade de entender o espazo político como lugar onde se atopan e coliden poderes de diferentes orixes (económicos, sociais...), e na imprescindible perspectiva internacional para situar correctamente no seu contexto espazo – temporal os procesos obxecto da nosa atención.
PROGRAMA:
1. Presentación
2. Introdución: conceptos básicos
3. As fontes do poder e as súas implicacións/manifestacións políticas nas sociedades rurais decimonónicas: o caso español na realidade europea.
4. Do liberalismo parlamentario ao rexime autoritario: permanencias e mutacións do clientelismo político na socieade española (e galega) no século XX.
BÁSICA
Barral Martínez, M., Montero Ríos y Compostela. Un feudo clientelar, Barcelona, Ronsel, 2007.
Briquet, J-L. y Sawicki, F. (sous la direction du), Le clientélisme politique dans les sociétés contemporaines, Paris, PUF, 1998
Cazorla, A., «La vuelta a la historia: caciquismo y franquismo», Historia Social, 30, 1998, pp. 119-132.
Fernández Prieto, L. et al. (coords.), Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936), Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia-Universidade de Santiago de Compostela, 1997
Gellner, E. et al., Patronos y clientes, Madrid, Júcar, 1986
González Alcantud, J.A., El clientelismo político. Perspectiva socioantropológica, Barcelona, Anthropos, 1997
Hispania (monográfico sobre “El poder local en la España contemporánea”), nº 201, 1999
Maíz, R., “Estructura y acción: elementos para un modelo de análisis micropolítico del clientelismo”, Revista Internacional de Sociología, 8-9 (1994), pp. 189-215
Moreno Luzón, J., “El clientelismo político: historia de un concepto multidisciplinar”, Revista de Estudios Políticos, 105 (1999), pp. 73-95
Robles Egea, A. (comp.), Política en penumbra. Patronazgo y clientelismo políticos en la España contemporánea, Madrid, Siglo XXI, 1996
VV.AA., La politisation des campagnes au XIX siècle. France, Italie, Espagne et Portugal, Rome, École Française de Rome, 2000
COMPLEMENTARIA
Acosta, F., La Cámara elitista. El Senado español entre 1902 y 1923, Córdova, Ediciones de La Posada, 1999.
Cabrera, M., Con luz y taquígrafos. El Parlamento en la Restauración (1913-1923), Madrid, Taurus, 1997
Cazorla, A., «La vuelta a la historia: caciquismo y franquismo», Historia Social, 30, 1998, pp. 119-132
Giménez Martínez, M.A., “Renovación y continuidad en la élite política española durante la transición a la democracia: el caso de las cortes constituyentes (1977-1979), Historia Constitucional, nº 15, 2014, pp. 255-277 [On line]
Gómez, A., Canales, A. F. e Balmer, B. (eds.), Science Policies and Twentieth-Century Dictatorships. Spain, Italy and Argentina, Farnham, Ashgate, 2015
Grandío, E., Caciquismo e eleccións na Galiza da II República. Vigo, A Nosa Terra, 1999
Historia Social (monográfico sobre “Clientelas, caciquismo y poder en la Restauración”), nº 36, 2000
Hopkin, J., “A Southern Model of Electoral Mobilization? Clientelism and Electoral Politics in post-Franco Spain’”, West European Politics 24-1, 2001, pp. 115-36
Quiroga Fernández, A., Haciendo españoles: la nacionalización de las masas en la dictadura de Primo de Rivera (1923 – 1930), Madrid, CEC, 2008
Moreno, R. e Sevillano, F., “Los orígenes sociales del franquismo”, Hispania, 205 (2000), pp. 703-724
Souto Blanco, M.J., Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo, 1936 – 1940. La corrupción y la lucha por el poder, Sada, Edicións do Castro, 1999
Townson, N., “La vieja política bajo la II República: Caciquismo, clientelismo y control electoral» en Gutierrez, M. y Palacios, D., Conflicto político, democracia y dictadura. Madrid, CEPC, 2007, pp. 155-177.
Varela Ortega, J. (dir.), El poder de la influencia. Geografía del caciquismo en España (1875-1923), Madrid, Marcial Pons-Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2001
- Manexar unha bibliografía suficiente que permita un achegamento ben fundamentado ás cuestións do poder e do clientelismo político.
- Capacidade para redactar, expor e defender publicamente traballos académicos.
- Competencia no dominio dos rudimentos investigadores básicos que permita un emprego correcto e proveitoso das diferentes fontes históricas.
- Capacidade para identificar na Histoira as raíces de situacións e problemas actuais
A profesora realizará unha introdución a cada un dos puntos do programa e recomendaranse lecturas determinadas; nas sesións de seminario os alumnos/as comentarán e debaterán sobre puntos concretos suxeridos polos profesores.
Nunha segunda fase, casda un dos/as alumnos/as deberá realizar un breve traballo sobre unha temática concreta do programa. Potenciaranse os estudos comparados entre rexións e/ou estados, personaxes históricos e realidades sociais. No mesmo, prestarase atención especial ao enfoque teórico-metodolóxico no que se sustenta cada investigación, á relación de fontes empregadas, á bibliografía manexada y ás conclusións que acaden cada un dos/as alumnos/as.
Este traballo será obxecto de presentación pública ante a totalidade de compañeiros/as do curso.
CRONOGRAMA:
- Semanas 1-5 (sesións de 2 horas): exposición dos apartados do programa.
- Semanas 6-11: escolla e elaboración dos traballos a desenvolver polo alumnado.
- Mes de decembro (sesións de 2 horas): presentación e defensa pública dos traballos realizados
- Traballo escrito: 60% da nota final
- Defensa e discusión pública do traballo: 20% da nota final
- Asistencia e participación nos debates: 20% da nota final
(*) Porén, a inasistencia non xustificada a catro ou máis das dez sesións presenciais será causa de suspenso, así como o incumprimento reiterado e constatado da obriga de ler os textos recomendados para os debates
O traballo do estudante pode estimarse en hora e media por cada hora de explicación do profesor, ás que haberá que sumar outras 15 horas para a elaboración do traballo individual. Evidentemente, estas estimacións son aproximadas e mudarán en función das necesidades específicas de cada alumno/a
A asistencia, tanto ás aulas de explicación de conceptos e contidos, como a participación activa nos seminarios de debate colectivo e nas presentacións dos traballos finais son basicas para un óptimo aproveitamento da materia.
-Lingua: Galego. No caso de que número significativo de alumnos/as matriculados/as non fosen galego falantes, a materia impartiríase en castelán.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na ‘Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de caulificacións’.
Margarita Barral Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812575
- Correo electrónico
- margarita.barral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula máster Historia Contemporánea |