Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A Monarquía Hispánica constituiu o primeiro poder global da Europa na Idade Moderna. A súa xustificación doctrinal levouse a cabo a partir da reelaboración do concepto medieval de Imperio, formulado en crave de "Monarquía Universal", un primeiro "xeito global de soberanía", cuxo ensaio produciuse simultáneamente quer no espazo territorial europeo, quer fóra del. Consecuencia do formidable proceso de expansión espacial posto en marcha, a monarquía imperial houbo de se desenvolver nunha dinámica de permanente interacción cultural. Dende México a Cabo Verde, pasando por Lima, Salvador de Baía, Manila, Goa, Luanda, as terras do Monomotapa ou as illas da Micronesia, os servintes da Coroa enfrentáronse con culturas, xeitos de viver e de governar que non tiñan nengunha relación co mundo europeu do que procedían; o que indefectiblemente, acabou por impor trocos sustanciais no concernido co patrón cultural de partida. A asignatura tenta perfilar, deste xeito, as principais manifestacións que se produciron dentro do que foi designada a "primeira globalización do mundo". Entender, xa que logo, a formación deste complexo mundo, os esforzos por acadar a súa integración nunha realidade política coerente e subordinada aos interesas da Coroa en cada momento, a súa relación cos outros imperios rivais que van xurdindo no período histórico analisado, mailos desafíos non superados que conduciron á disolución do proxecto orixinal, así como as supervivencias que ultrapasaron os limites cronolóxicos do período Moderno, son os obxectivos fundamentais desta materia.
O contido desta materia estructúrase nos temas seguintes:
1.- Imperio e globalización: unnha perspectiva historiográfica.
2.- A primeira globalización: os mundos da Monarquía Imperial.
3.- Monarquía, ciencia e cartografía.
4.- Dinámicas e imaxinarios imperiaisibéricos.
5.- Imperio, cultura política e obediencia.
6.- A Monarquia Hispana mailo equilibrio europeo.
Aranda Pérez, F. J.: La declinación de la Monarquía Hispánica en el siglo XVII. Eds. de la Universidad de Castilla-La Mancha, Cuenca, 2004.
Cañizares-Esguerra, J.: Cómo escribir la historia del Nuevo Mundo. F.C.E., México, 2007.
Cardim, P.: "O goberno e a administração do Brasil sob os Habsburgo e os primeiros Bragança", in Hispania, vol. LXIV, 216 (2004), pp. 117-156.
Chartier, R. y Feros, A.: Europa, América y el Mundo. Marcial Pons, Madrid, 2006.
Elliot, J. H.: Imperios del Mundo Atlántico. Taurus, Madrid, 2006.
Gruzinski, S.: Las cuatro partes del mundo. Historia de una mundialización. F.C.E., México, 2010.
Headley, J. H.: The Europeanization of the World. Princetom U. P., 2007.
Lucena Salmoral, M.: Rivalidad colonial y equilibrio europeo, siglos XVII-XVIII. Síntesis, Madrid, 1999.
Molas Ribalta, P.: "Diversidad en la unidad: la Monarquía Borbónica", en El Mundo Hispánico en el Siglo de las Luces. Editorial Complutense, Madrid, 1996, I, pp. 193-205.
Pagden, A.: El imperialismo español y la imaginación política. Planeta, Madrid, 1991.
Pagden, A.: Señores de todo el mundo. Ideologías del Imperio en España, Inglaterra y Francia en los siglos XVI, XVII y XVIII. Eds. Península, Barcelona, 1997.
Pietschmann, H.: El estado y su evolución al principio de la colonización española en América. F.C.E., México, 1989.
Schaub, J. F.: "Hacia una historiografía eurocolonial: América portuguesa y Monarquía Hispánica", en Barrios, F. (coord.): El gobierno de un mundo. Eds. Univ. Castilla-La Mancha, Cuenca, 2004, pp. 1.023-1.053.
Torres, M. y Truchuelo, S. (eds.): Europa en torno a Utrech. Ed. Univ. de Cantabria, Santander, 2014.
Valladares, R.: Castilla y Portugal en Asia, 1580-1680. Leuven University Press, Lovaina, 2001.
A) BÁSICAS E XERAIS.
- Adquirir un coñecimento crítico de relación entre os acontecimentos e procesos actuais e os do pasado.
-Aplicar axeitadamente unha metodoloxía científica propia da Historia, na execución de traballos a partir de bibliografía, na elaboración de estados da cuestión, na análise e na interpretación das fontes.
-Coñecer e aplicar rigorosamente aspectos teóricos e metodolóxicos relacionados coa arquivística, bibliografía histórica e documentación relativa á Idade Moderna.
-Saber aplicar os coñecemtnos adquiridos e resolver problemas en contextos novos ou pouco coñecidos dentro doutros mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
-Adquirir as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida, autónomo.
B) TRANSVERSAIS.
- Ser capaces de deseñar e executar traballos académicos avanzados, tanto individual como colectivamente.
- Exercer unha autoavaliación crítica sobre la propia adquisición de coñecementos e competencias.
C) ESPECÍFICAS.
- Coñecer, a un nivel avanzado, os recursos bibliográficos mailas fontes primarias para o estudo da Historia Moderna de España, e nomeadamente en referencia ás características da Monarquía Hispánica.
- Ser capaz de elaborar, artellar e desenvolver estudos avanzados de Historia e de documentación de arquivos e bibliotecas históricas referidas á Monarquía de España.
- Analisar e interpretar, a nivel avanzado, documentos históricos dos séculos XVI-XVIII.
- Adaptarse a un entorno profesional relacionado coaHª Moderna de España, e comprender a súa estructura de funcionamento en tódala sua extensión.
O proceso de aprendizaxe das competencias que integran coñecementos e habilidades estabelecidas no apartado anterior, desenvolverase por medio dunha metodoloxía artellada en torno a leccións expositivas en aula, que garantirán os obxectivos en competencias de coñecementos; seminarios e traballos orientados á formación na competencia de realizar actividades en grupo, tuteladas polo profesor; exposición pública dos seus resultados, co fin de desenvolver a competencia de comunicación oral; redacción de traballos e lecturas, tuteladas polo profesor, que permitan alcanzar a análise crítica das fontes e sintetizar ideas. A través da combinación destas técnicas de aprendizaxe (presenciais e on-line) perséguese acadala formación integral do estudante nesta materia en termos das competencias estabelecidas.
O sistema de avaliación da materia ten como finalidade garantir os resultados de aprendizaxe das competencias de coñecemento, de síntese de ideas e traballos complexos, así como de intercomunicación oral. Polo tanto, optouse por un sistema de avaliación continua e multivariable ao longo do curso. Por isto, a calificación da asignatura levarase a cabo en función dos seguintes sumandos:
A) Evaluación de traballos prácticos e teóricos, recensións, de análisis discursivo, presentacións, etc., 30%
B) Evaluación contínua sobre a asistencia e participación en actividades presenciais, 25%
C) Evaluación contínua sobre a asistencia e participación en seminarios de lectura, 20%.
D) Participación en titorías presenciais e virtuais, nacionais e internacionais, 25%.
O tempo de estudo e de traballo personal do alumno, estímase en 125 horas.
-Una asidua asistencia ás aulas considérase como unha condición fundamental e insustituible.
-A lectura da bilbiografía recomendada serviría para ampliar ou complementar as explicacións recibidas nas aulas.
-Asemade, considerase convinte, a realización de comentarios de textos y outros documentos históricos (mapas, cadros estatísticos, gráficos).
-Aconsulta de atlas históricos e de dicionarios específicos debería ser algo habitual.
-Tratar sempre de aclarar as dúbidas que poidan xurdir, quer nas aulas, quer nas titorías.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Hortensio Sobrado Correa
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812606
- Correo electrónico
- hortensio.sobrado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ruben Castro Redondo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 982824716
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario Historia da Arte |