Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Historia
Áreas: Área externa M.U en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII, Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese que os estudantes entendan cal foi o papel que xogou a diferenciación dos sexos na configuración e na atribución de identidades sociais e culturais ós individuos durante o Antigo Réxime. A capacidade que tivo esa diferenciación para, por exemplo, crear e modelar las subxectividades ou para atribuír de xeito "natural" un determinado rol sociocultural a homes e mulleres, será explorada no marco da familia. A comprensión da importancia e o protagonismo que esta última tivo no seo dos distintos procesos de reprodución social e familiar ocorridos durante a época moderna, permitirá á súa vez entender o senso e as implicacións derivadas do funcionamento daqueles mecanismos que, como por exemplo o matrimonio ou a mortalidade infantil, formaban parte das dinámicas demográficas que explican a evolución seguida pola poboación nos diferentes contextos históricos da España moderna
Agardase pois que o alumno acceda así á comprensión dos distintos aspectos do Antigo Réxime peninsular a partir da interacción que houbo entre o individuo, a familia, as dinámicas demográficas e a evolución da poboación. Neste senso, agárdase tamén que a través da procura, estudo e análise da bibliografía especializada e de textos primarios, os estudantes sexan quen de elaborar as súas propias visións do pasado, amén de argumentalas, expoñelas y defendelas na súa forma oral e escrita.
Dende os presupostos da historia social e cultural, analizaranse as teorías filosóficas e científicas sobre a diferenza dos sexos na época moderna; os modelos normativos de masculinidade e feminidade; as desigualdades xurídicas e políticas entre homes e mulleres; as relacións e os equilibrios sociais e as expresións de carácter persoal ou autobiográfico, aplicando unha perspectiva comparada a nivel europeo.
Na mesma liña, dende os presupostos propios da historia da familia e da demografía histórica estudiaranse os distintos aspectos que inciden e explican a reprodución social e familiar (matrimonio, sistemas hereditarios, redes familiares e sociais, etc.), aproveitando a súa vez para establecer a relación que estes aspectos tiveron coas fórmulas e mecanismos que inciden, á vez que son consecuencia(caso da existencia deste ou daquel modelo matrimonial, a emigración, a vellez e o grao de envellecemento, etc.), do funcionamento das dinámicas demográficas e poboacionais propias da idade moderna peninsular .
BIBLIOGRAFÍA MÍNIMA
M. W. FLINN, El sistema demográfico europeo, 1500-1820, Barcelona 1982.
M. LIVI-BACCI, Historia mínima de la población mundial, Barcelona 1990.
P. LASLETT, El mundo que hemos perdido, explorado de nuevo, Madrid 1987.
I. MORANT, Historia de las mujeres en España y América latina, Madrid, Cátedra, 2005-2006 (4 vols)
V. PEREZ MOREDA, Las crisis de mortalidad en la España interior, siglos XVI-XIX, Madrid 1980
L. L. SCHIEBINGER, Nature’s Body: Gender in the Making of Modern Science, Boston, Beacon, 1993
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA
Proporcionarase por cada un dos profesores responsábeis ó inicio das diferentes partes da materia
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
G1 - Poseer un coñecemento avanzado dos principais recursos bibliográficos das distintas áreas temáticas e disciplinas que engloban os estudios historiográficos sobre a Monarquía de España nos séculos XVI-XVIII.
G2 - Adquirir un coñecemento crítico da relación entre os acontecementos e procesos actuais e os do pasado (Historia Moderna de España).
G3 - Aplicar adecuadamente unha metodoloxía científica propia da Historia, na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión, na análise e interpretacións das fontes.
G4 - Aplicar as novas tecnoloxías á investigación histórica e ó exercicio de traballos propios dos perfis profesionais da titulación.
G5 - Ser capaz de comentar, anotar e editar correctamente textos e documentos de acordo ós canóns críticos da historia.
CB1 - Ter e comprender coñecementos que aporten unha base e oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas e marcos e modelos de análise, a miúdo nun contexto de investigación
CB2 - Que os estudantes se fagan coas habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido o autónomo.
TRANSVERSAIS:
T1 - Identificar y seleccionar a metodoloxía adecuada para formular hipóteses, definir problemas e deseñar estratexias de traballo propias da investigación académica.
T2 - Ser capaces de deseñar e executar traballos académicos avanzados tanto individual como colectivamente.
ESPECÍFICAS:
E1 - Coñecer e comprender a nivel avanzado os sistemas e as estruturas sociais, económicas, demográficas, institucionais, culturais, ideolóxicas y relixiosas que imperaban nos distintos territorios que conformaban a Monarquía de España.
E2 - Comprender e valorar as diferentes perspectivas dos investigadores implicados no estudo da Monarquía de España na idade moderna, sabendo que proceden de contextos culturais e nacionais diferentes.
E3 - Aplicar, a nivel avanzado, as teorías, métodos e técnicas propias das ciencias humanas e sociais ó estudo da Historia Moderna e en especial ó da Monarquía.
Dado que a materia ten o carácter de semipresencial, tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de xeito virtual, por medios telemáticos, ben con mecanismos síncronos (videoconferencias: Teams), ben con asíncronos (Aula virtual, foros).
METODOLOXÍAS DOCENTES
-Realización de exercicios de análise ou de recensión
-Seminarios a través de foros on-line
-Lecturas tuteladas polo profesor
-Titorías individuais e de grupo (on-line).
-Traballos de recompilación de información bibliográfica e documental.
Empregarase un sistema de avaliación continua formativa.
-O 50 % da cualificación corresponderá a avaliación de traballos prácticos e teóricos e recensións.
-O 50 % corresponde á avaliación continua sobre a asistencia e participación do alumnado en actividades e seminarios feitos en remoto (videoconferencias e Aula virtual)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Recoméndase realizar un reparto axeitado entre o tempo de estudo e o traballo persoal, para deste xeito acada-los obxectivos docentes e discentes.
Recoméndase:
- Adicar un tempo diario á lectura das obras recomendadas na aula, á preparación e organización da materia e á elaboración dos traballos establecidos.
- Manexar a bibliografía de apoio xeral e da específica que se recomendará no curso das aulas, coa idea de facerse cunha visión o máis completa posible dos distintos temas que se estudiarán.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Camilo Jesus Fernandez Cortizo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812552
- Correo electrónico
- camilojesus.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Hortensio Sobrado Correa
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812606
- Correo electrónico
- hortensio.sobrado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Historia da Arte |