Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- (Re)coñecer a diversidade lingüística no mundo actual
- Comprender o multilingüismo e a multiculturalidade como fenómenos propios do noso mundo
- (Re)coñecer os diferentes tipos de variedades lingüísticas
- Tomar conciencia dos dereitos lingüísticos das persoas no marco dos DDHH
- Comprender os conceptos de ‘política lingüística’ e ‘planificación lingüística’
- Comprender os principais modelos de xestión lingüística en contextos multilingües
1. Panorama da diversidade lingüística no mundo actual. Diversos conceptos de lingua. Diversidade xeográfica, xenética, de número de falantes, de vitalidade e de modalidade.
2. Variación lingüística e variedade estándar. Variación xeográfica, social e discursiva. Os procesos de estandarización. A función do estándar.
3.Dereitos lingüísticos nun mundo mulitlingüe. O concepto de Dereitos Lingüísticos. Dereitos lingüísticos e política educativa. Dereitos lingüísticos e migración
4. Política e planificación lingüística. Institucionalización e oficialidade das variedades lingüísticas. Modelos de política lingüística en estados multilingües. Planificación do corpus e planificación do estatus.
1. Bibliografía básica
BERNÁRDEZ, Enrique (2016): Viaje lingüístico por el mundo. Madrid: Alianza Editorial
BRADLEY, David & Maya BRADLEY (2019): Language endangerment. Cambridge: Univ. Press
JOSEPH, John (2006): Language and politics. Edinburgh: Edinburgh Univ. Press
MORENO CABRERA, Juan Carlos (2021): La clasificación de las lenguas. Madrid. Síntesis
PATTEN, Alam e Will KYMLICKA (2003): “Introduction: Language Rights and Political Theory”, en Alam Patten e Will Kymlicka (eds.), Language Rights and Political Theory. Oxford: Oxford University Press, 1-50.
Bibliografía complementaria
BHATIA, TEJ K. E WILLIAM C. RITCHIE (eds.) (2013): The Handbook of Bilingualism and Multilingualism. Chichester: Blackwell.
BLOMMAERT, JAN (2010): The Sociolinguistic of Globalization. Cambridge: Cambridge University Press.
CONSELLO DE EUROPA (1992): Carta europea das linguas rexionais e minoritarias. Estrasburgo. (https://www.coe.int/t/dg4/education/minlang/Brochure/Brochure_gal.pdf)
CALVET, LOUIS JEAN (1996): Les politiques linguistiques. Paris: Que sais je? Presses Universitaires de France.
COOPLAND, NIKOLAS (2010): The Handbook of Language and Globalization. Chichester: Wiley Blackwell.
CRYSTAL, DAVID (2001): La muerte de las lenguas. Madrid: Cambridge University Press.
FASOLD, RALPH (1996[1984]): La sociolingüística de la sociedad. Introducción a la sociolingüística. Madrid: Visor libros.
FERNÁNDEZ VÍTORES, David (2010): La Europa multilingüe: problemas y perspectivas de una Unión ampliada. Madrid: Fundamentos.
GARCÍA MARCOS, FRANCISCO (2005): La divinidad políglota. Madrid: Octaedro.
The Routledge Handbook of Language Policy and Planning
GAZZOLA, Michele et al. (ed.) (2024): The Routledge Handbook of Language Policy and Planning. London. Routledge
KONTRA, MIKLÓS, ROBERT PHILLIPSON, TOVE SKUTNABB-KANGAS E TIBOR VÁRADY (eds.) (1999): Language, a right and a resource : approaching linguistic human rights. Budapest: Central European University Press.
KAPLAN, ROBERT B. E RICHARD B. BALDAUF (eds.) (2005): Language Planning and Policy in Europe. Clevedon: Multilingual Matters.
MARTI, FELIX ET AL. (2006): Palabras y mundos. Informe sobre las lenguas del mundo. Barcelona: Icaria.
MARTÍN ROJO, Luisa & Joan PUJOLAR (coords.): (2020): Claves para entender el multilingüismo contemporáneo. Barcelona: UOC
MAY, STEPHEN (2001): Language and Minority Rights: Ethnicity, Nationalism and the Politics of Language. Harlow: Longman.
MAY, STEPHEN E NANCY HORNBERGER (eds.) (2008): Language Policy and Political Issues in Education [Encyclopedia of Language Education]. Dordrecht: Springer.
MONTEAGUDO, Henrique (coord.) (2009): Sociedades plurilingües : da identidade á diversidade. Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega.
MORENO CABRERA, JUAN CARLOS (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas: contra la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
PÉREZ FERNÁNDEZ, JOSÉ MANUEL (2006) (coord.): Estudios sobre el estatuto jurídico de las lenguas de España. Barcelona: Atelier.
RICENTO, THOMAS (2006) (ed.): An Introduction to Language Policy: Theory and Method. Malden, MA: Blackwell Pub.
TOLLEFSON, JAMES W. (1996): Planning Language, Planning Inequality: Language Policy in the Community. Londres: Longman.
VVAA (1998): Declaración Universal de Derechos Lingüísticos. Barcelona: Comité de seguimiento.
WRIGHT, SUE (2004): Language Policy and Language Planning, from Nationalism to Globalization. Houndmills: Palgrave Macmillan
-Con05: Comprender a realidade contemporánea como atravesada polos desafíos da interculturalidade, a igualdade de xénero e a integración da diversidade
- Con06: Comprender de forma razoada o interese do diálogo intercultural e a necesidade de respecto das diferenzas culturais.
- H/D05: Adquirir habilidades para o fomento e o respecto dos Dereitos Humanos e os princios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal, así como os valores democráticos e da cultura da paz.
Esta materia impartirase na modalidade de docencia híbrida. Isto significa que haberá actividade formativa presencial xunto con docencia virtual.
No caso desta materia están programadas 10 horas de docencia expositiva presencial e 6 horas de docencia virtual (no presencial) síncrona.
As horas de docencia virtual síncrona figuran nos horarios oficiais e serán transmitidas pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams). Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona de forma que na súa transmisión por streaming se utilicen a rede de datos e os recursos tecnolóxicos instucionais. Este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actvidade formativa síncrona.
Estas sesións de docencia non presencial síncrona serán utilizadas para actividades formativas de presentación dos contidos máis relevantes, de resolución de problemas e guía do estudantado no seu proceso formativo e na súa elaboración das tarefas programadas.
Todos os recursos e materiais utilizados nas sesións de docencia síncrona (presentacións, vídeos, esquemas, textos, fontes bibliográficas,...) estarán dispoñibles para todo o alumnado a través da aula virtual.
Utilizaranse distintas metodoloxías adecuadas para o proceso de aprendizaxe do estudantado: clases maxistrais, exercicios, resolución de problemas, aprendizaxe baseada en proxectos, presentacións de proxectos, etc.
A aula virtual será a vía preferente para todos os envíos e comunicacións entre o estudantado e o profesorado.
As consultas do estudantado serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o profesor non estea desfrutando dalgún permiso.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e exame final complementario.
Os criterios de avaliación, coa súa correspondente ponderación, serán estes:
1. Tarefas e actividades prácticas programadas e entregadas a través da plataforma virtual no prazo establecido no calendario de tarefas: 60%
2. Asistencia e participación activa nas sesións de docencia presencial e virtual:10%
3. Exame de realización obrigatoria na data fixada pola Secretaría do centro: 30%
Para poder superar a materia é necesario entregar, como mínimo, a metade das tarefas programadas
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Os criterios de avaliación, coas súas correspondentes ponderacións, serán os mesmos da primeira oportunidade, cun exame de obrigada realización. Ofrecerase a posibilidade de volver entregar, ou facer por primeira vez, DÚAS das tarefas e actividades prácticas programadas co obxectivo de poder mellorar a puntuación obtida respecto deste criterio na primeira oportunidade.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Horas Presenciais: 10
Horas Non Presenciais Síncronas: 6
Horas Non Presenciais Asíncronas: 8
Horas de Traballo persoal: 51
O alumnado da modalidade híbrida deberá planificar e organizar coidadosamente o tempo dedicado semanalmente a cada unha das materias nas que está matriculado e debe entrar nas aulas virtuais, como mínimo, unha vez por semana para realizar o seguimento continuo e constante imprescindible nesta modalidade de ensinanza.
Miguel González Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 |
21.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |