Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia aborda os vínculos entre o patrimonio cultural, o territorio e as paisaxes construídas e vividas, no contexto das transformacións contemporáneas das cidades e da súa contorna. Analízanse as ferramentas, as políticas e as metodoloxías empregadas na xestión e planificación de paisaxes culturais, desde unha perspectiva crítica que integra a sustentabilidade, a participación cidadá e o respecto da identidade local.
Os seus obxectivos son:
1. Abordar conceptos tradicionalmente xeográficos, cales cidades, territorios e paisaxes culturais (entre outros) desde unha perspectiva crítica e estratéxica para a ordenación, a planificación, a protección e a xestión sostible dos recursos territoriais, patrimoniais e paisaxísticos a diferentes escalas.
2. Proporcionar as competencias necesarias para interpretar, valorar e xestionar as paisaxes culturais como recursos dinámicos, en diálogo coas estratexias urbanas, territoriais e patrimoniais.
3. Reflexionar sobre o papel da paisaxe na construción cultural do territorio e a súa relevancia nos procesos de planificación contemporánea.
Os contidos propostos recalcan os catro piares de estudo indicados no título da materia: "cidade, territorio, paisaxe cultural e planificación", todos eles necesariamente abordados de forma aplicada mediante o estudo práctico de casos, accións e actuacións.
Os contidos estrutúranse nos seguintes temas:
1. A cidade: funcións e valores. Retos contemporáneos da paisaxe urbana.
2. Territorio, Identidade e Patrimonio: prácticas e desafíos para a súa xestión sostible.
3. Paisaxes Culturais: conceptos, interpretacións e representacións.
4. Cara unha nova cultura do territorio: o patrimonio territorial para o desenvolvemento endóxeno territorial.
Bibliografía básica
- Folch, R. (Coord.) (2003). El territorio como sistema. Conceptos y herramientas de ordenación. Barcelona, Diputaciò de Barcelona.
- Lois González, R.C., González Pérez, J.M., Escudero Gómez, L.A. (2012). Los Espacios Urbanos. El estudio geográfico de la ciudad y la urbanización. Madrid, Biblioteca Nueva.
- Manero, M.F., García Cuesta, J.L. (2016). Patrimonio cultural y desarrollo territorial. Cizur Menor, Aranzadi.
- Moreno, C. (2023). La revolución de la proximidad. La revolución de la proximidad. "De la ciudad mundo a la ciudad de los quince minutos". Madrid, Alianza Editorial.
- Paisaje Transversal (2021). Escuchar y transformar la ciudad: urbanismo colaborativo y participación ciudadana. Madrid, Los Libros de la Catarata.
- Tarroja, A., Camagni, R. (Coords.) (2006). Una nueva cultura del territorio. Criterios sociales y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Barcelona, Ed. Diputaciò de Barcelona.
- Tonucci, F. (2015). La ciudad de los niños. Barcelona, Graó.
- Troitiño Viñuesa, M.A. (1992). Cascos antiguos y centros históricos: problemas políticas y dinámicas urbanas. Madrid, MOPT.
- Troitiño Vinuesa, M.A. (Coord.) (2008). Ciudades Patrimonio de la Humanidad: Patrimonio Turismo y Recuperación Urbana. Sevilla, Universidad Internacional de Andalucía, Junta de Andalucía, Consejería de Cultura.
- Xunta de Galicia. Ley 5/2016, de 4 de mayo, del patrimonio cultural de Galicia.
- Zárate Martín, A. (1991). El espacio interior de la ciudad. Madrid, Editorial Síntesis.
- Zoido, F., De la Vega, S., Morales, G., Mas, R., Lois, R. (2000). Diccionario de Geografía urbana, urbanismo y Ordenación del Territorio. Barcelona, Ariel.
Bibliografía complementaria
- Ashworth, G.J. , Tunbridge, J. E. (2000). The Tourist-Historic City: Retrospect and Prospect of Managing the Heritage City. Oxford, Pergamon.
- Cohen, N. (2000). Urban Planning, Conservation and Preservation. New York, Ed. MacGraw-Hill.
- Levy, J. P. (1987). Centres Villes en Mutation. Paris, CNRS.
- Ruskin, J. (1989). Las siete lámparas de la arquitectura. Madrid, Dirección General de Bellas Artes y Archivos.
Webgrafía
• Consello de Europa (1975). Carta europea do patrimonio arquitectónico, (26 de setembro de 1975). http://ipce.mcu.es/pdfs/1975_Carta_Amsterdam.pdf
• Consello de Europa (1986). Carta Internacional para a Conservación das Cidades Históricas (Carta de Toledo, 1986). http://ipce.mcu.es/pdfs/1986_Carta_Toledo.pdf
• EUROPA NOSTRA: https://www.europanostra.org/
• HISPANIA NOSTRA: https://www.hispanianostra.org/
• Instituto Galego de Vivenda e do Solo: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada
• UNHABITAT: https://unhabitat.org/
COÑECEMENTOS
Con_cont 01: Demostrar coñecementos e unha comprensión de carácter avanzado no campo de estudo
Con_cont 03: Dispoñer de coñecementos avanzados dos principais métodos de investigación aplicables ao ámbito de traballo ou de aprendizaxe na práctica profesional
Con_cont 04: Demostrar estar familiarizado/a cos métodos e os procesos para facer fronte a aspectos, situacións e fenómenos complexos do campo de estudo
Con_cont 07: Demostrar un uso axeitado da metodoloxía, dos materiais básicos e dos procedementos necesarios para a investigación baseada na práctica e/ou na teoría
COMPETENCIAS
Comp 01: Demostrar a capacidade de identificar a necesidade de adquirir máis coñecementos e asumir responsabilidades en canto á aprendizaxe continuada destes coñecementos
Comp 06: Capacidade de traballo en equipo
Comp 07: Ser capaz de desenvolver as actividades propias con responsabilidade social, honestidade intelectual e integridade científica
Comp 08: Xestionar e transformar contextos de traballo ou de estudo complexos e imprevisibles que demandan novos enfoques estratéxicos
Comp 09: Xestionar proxectos e/ou equipos actuando con autonomía individual e/ou liderado cando sexa necesario
HABILIDADES
Hab_des 02: Interpretar, analizar e tratar de maneira crítica diversas fontes de información e utilizalas para estruturar e formular argumentos académicos
Hab_des 03: Xerar e avaliar ideas e conceptos complexos nun plano abstracto, aplicando as habilidades cognitivas, técnicas e creativas adquiridas
Hab_des 04: Ser capaz de integrar os coñecementos e xestionar a complexidade á hora de formular xuízos, a miúdo con información incompleta ou limitada, incluíndo, se é o caso, unha reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á solución proposta en cada caso
Hab_des 06: Identificar e analizar problemas complexos na área de coñecemento, no campo científico ou na práctica profesional e resolvelos de maneira táctica, estratéxica e creativa
Hab_des 07: Ser capaz de resolver problemas en contornos novos e pouco definidos, incluíndo contextos multidisciplinares relacionados co campo de estudo
Durante as clases expositivas maxistrais explícanse os contidos teóricos e os métodos de investigación da xeografía, en especial modo vinculados a "cidades, territorios e paisaxes culturais". Abórdanse os principios relativos ás estratexias de xestión e planificación estimulando unha metodoloxía baseada na investigación.
Para fortalecer o coñecemento e a comprensión dos contidos da materia, durante as clases interactivas exponse diferentes actividades finalizadas a unha aprendizaxe baseada en traballo por proxectos e estudo de casos prácticos. Tamén se realizan sesións de debates e foros de discusión para estimular un modelo de aprendizaxe colaborativa e cooperativa e unha aprendizaxe baseada na capacidade de resolución de problemas. As actividades formativas son de carácter individual e/o grupal e poden implicar presentacións na aula.
Se se dan as circunstancias, realízase unha saída de campo co obxectivo de avaliar modelos e retos das estratexias de xestión e planificación de cidades, territorios e paisaxes culturais. Nesta liña, en consonancia cos contidos da materia, os/as estudante/s poderán participar nas actividades formativas e de difusión do proxecto europeo EUniWell: "PILGRIM-APHY-TOUR. Pilgrimage as Well-Being Therapy. Exploring Mental, Physical and Social Benefits of Walking Pilgrimage" (sendo o Camiño de Santiago unha recoñecida Paisaxe Cultural, Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia).
O sistema de avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase nas seguintes compoñentes:
a) Avaliación continua: neste compoñente avaliarase a resolución de problemas/exercicios e a asistencia á aula (30%).
O recentemente aprobado "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela" (https://hdl.handle.net/10347/38041) establece no artículo 1:" A asistencia a clase configúrase como un dereito/deber do estudantado”. Debido a que a avaliación é continua, a asistencia á aula é obrigatoria. A falta de asistencia presencial continuada á aula, non xustificada, será obxecto de penalización na nota final da materia.
b) Proxecto final: baseado no estudo de caso (50%) con presentación/defensa (20%).
Todas as actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por encima de 5, fai falta afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
Para os/as estudante/s con dispensa académica concedida ou repetidor, requiriranse entregas equivalentes ás dos/as estudante/s sen dispensa e non repetidor, e o exame será obrigatorio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións da Normativa para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións da USC. A redacción parcial ou total de traballos de curso empregando IA será considerada como plaxio.
- Docencia teórica: 9 horas
- Docencia interactiva seminario: 12 horas
- Tutorización en grupo reducido: 3 horas
- Traballo persoal dos/as estudante/s: 51 horas
Lucrezia Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |