Ir o contido principal

Máster Universitario en Xestión da Arte e o Patrimonio Cultural

  • En tramitación
  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Historia del arte y de la expresión artística, y bellas artes.
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

O Máster en Xestión da arte e o Patrimonio Cultural exponse co obxectivo prioritario de dar continuidade aos estudos de Historia, Historia da arte e Xeografía que se imparten na Facultade de Xeografía e Historia da USC. Esta proposta deriva da profunda reforma do grao de Historia da arte da Facultade de Xeografía e Historia, que se levou a cabo no curso 2022/23, e que comezou a implantarse no curso 2024/25.
A principal xustificación académica para este novo título apóiase na constatación dunha crecente demanda de graduados de áreas de humanidades, e especificamente de Historia da Arte, que queren perfeccionar a súa formación. Estes estudantes terían acceso a un perfil de estudos profesionalizantes en xestión da arte e o patrimonio, válido á vez para a investigación.
No que respecta ao interese científico, o novo máster virá a confirmar o arraigamento e importancia dos estudos orientados ás distintas manifestacións artísticas e o patrimonio, tal como se viñeron acollendo no plan de estudos do grao en Historia da Arte, unha titulación, convén lembralo, única en Galicia.
O interese profesional e social do novo título demóstrase mediante a versátil e variada formación ofertada. Campos como a museoloxía, o comisariado de exposicións, a crítica de arte, o asesoramento en mercado de arte, a xestión de coleccións, a coordinación de proxectos artísticos e culturais, a musealización de xacementos arqueolóxicos, as asesorías en conservación e restauración, os informes para catalogacións e protección de bens culturais, os equipos multidisciplinares para intervir en rehabilitacións e plans directores, a interpretación e difusión do patrimonio ou o turismo cultural; veranse beneficiados coa formación achegada aos futuros egresados.

Duración: 1 ano académico
Número de ECTS: 60
Número prazas: 30

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data de publicación no BOE:
01/01/1900

Obrigatorias: 21
Optativas: 21
Prácticas externas OB 12
Traballo fin de máster: 6

Total ECTS: 60

- Especialidade en Concepción e Desenvolvemento de Proxectos Artísticos e culturais.
- Especialidade en Planificación e Estratexias para a Intervención no Patrimonio Cultural.

O máster en “Xestión da arte e o patrimonio cultural” contempla dúas especialidades denominadas “Concepción e desenvolvemento de proxectos artísticos e culturais” e “Planificación e estratexias para a intervención no patrimonio cultural”. Cada unha das especialidades consta de 21 créditos ECTS, repartidos en materias de 3 e 4,5 créditos. As seis materias que integran cada unha destas especialidades son de tipo presencial e optativas.
Con todo, o máster en “Xestión da arte e o patrimonio cultural” tamén se pode cursar sen mención, combinando materias de ambas as especialidades ata alcanzar o número de créditos necesarios.

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Obrigatorias: 21
Optativas: 21
Prácticas externas OB 12
Traballo fin de máster: 6

Total ECTS: 60

A Facultade de Xeografía e Historia da USC conta cun Plan de Acción Titorial para as titulacións do centro polo que se organizan actividades, unhas colectivas e outras máis personalizadas, dirixidas a orientar ao estudantado en diferentes aspectos da súa vida académica e do seu futuro profesional

Acceso

Os requisitos xerais de acceso ás titulacións de máster universitario son os recolleitos no artigo 18 do Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade. Más información na seguinte ligazón:
Acceso a Másteres

Admisión

Titulacións de Acceso:
Terá preferencia o estudantado de titulacións de Historia da arte, Xestión Cultural, Historia, Xeografía, Belas Artes, Conservación e Restauración, Arquitectura, Filosofía, e Comunicación Audiovisual, ordenados por expediente, aos que seguirán os/as estudantes procedentes doutras titulacións, ordenados por expediente.

Requisito de Admisión:
Esixirase un coñecemento mínimo do idioma castelán que será comprobado, sempre que se considere necesario, pola comisión de admisión ao máster a través dunha entrevista persoal.

Criterios de admisión:
Os criterios de admisión basearanse nos seguintes aspectos:
1. Adecuación da titulación de acceso aos contidos do máster (máx 20%)
2. Expediente académico(máx 50%).
3. Carta motivada de candidatura do estudantado (mín 15%-máx 35%).
4. Entrevista opcional aos candidatos preseleccionados (mín 15%-máx 35%).
As finalidades da entrevista persoal serían nese caso:
a) Comprobar a adecuación do perfil formativo, habilidades e intereses do aspirante aos obxectivos e contidos do título e
b) Verificar o grao de competencia de idiomas para aspirantes estranxeiros.

O principal obxectivo deste máster consiste en capacitar o exercicio profesional no ámbito da Xestión da arte e o Patrimonio Cultural, así como o acceso á investigación no ámbito da Historia da arte. Derivado deste marco, establécense os seguintes obxectivos xerais para o título:
1. Comprender a complexidade e vertentes de especialización na Xestión da arte e o Patrimonio Cultural, e como esta impacta na sociedade actual, tanto desde unha perspectiva cultural, como na súa interrelación coa economía.
2. Abarcar os contidos actualizados en Historia da arte e a Cultura e as novas metodoloxías en investigación que lles afectan.
3. Xerar no estudantado os saberes, as competencias e as técnicas, pero tamén as actitudes e as habilidades, que permitan traballar no ámbito da Xestión da arte e o Patrimonio Cultural.
4. Permitir transitar ao estudantado do paradigma imperante do desenvolvemento económico baseado na explotación e nas industrias extractivas cara a unha idea máis sostible da produción que, sen esquecer as necesidades económicas dos pobos, teña máis presente os valores simbólicos e o potencial actual das Industrias Culturais, na Xestión do Patrimonio e no Turismo Cultural, referentes todos da transformación dos modelos do Horizonte Europa da UE.
5. Entender a diversidade inherente á arte, ao patrimonio e a cultura no pasado e nas dinámicas do presente.

Obxectivos formativos “Especialidade en Concepción e Desenvolvemento de Proxectos Artísticos e Culturais”:
1. Completar a formación do estudantado no referente a coñecementos avanzados das prácticas artísticas no mundo contemporáneo nun sentido amplo: artes plásticas, arquitectura, cinema e produtos audiovisuais, música
2. Capacitar ao estudantado para trasladar os coñecementos teóricos ao plano práctico a través de diferentes ferramentas propias da disciplina da historia da arte: investigación, escritura, comisariado, divulgación, etc
3. Experimentar coa concepción, planificación, desenvolvemento e execución dun proxecto de comisariado íntegro, tanto no plano teórico como, en casos determinados, no plano práctico
4. Contextualizar os proxectos artísticos e culturais propios e alleos no ecosistema social, cultural, político e económico
5. Dotar ao estudantado da confianza nas súas capacidades para interactuar co tecido profesional, así como da conciencia de que a súa formación seguirá progresando, unha vez terminados os estudos do máster, mediante a experiencia no campo laboral

Obxectivos formativos “Especialidade en Planificación e Estratexias para a Intervención no Patrimonio Cultural”:
1. Introducir ao estudantado nunha reflexión avanzada e crítica da situación e os principais debates ao redor do patrimonio cultural
2. Capacitar aos/as estudantes para dar resposta ás necesidades de conservación e promoción do patrimonio cultural en todas as súas tipoloxías e variantes.
3. Experimentar coa concepción, planificación, desenvolvemento e execución dun proxecto integral en xestión do patrimonio
4. Preparar aos/as estudantes para formular e desenvolver proxectos de investigación especificamente relacionados co patrimonio cultural.
5. Dotar ao estudantado da confianza nas súas capacidades para interactuar co tecido profesional, así como da conciencia de que a súa formación seguirá progresando, unha vez terminados os estudos do máster, mediante a experiencia no campo laboral

01 - Identificar a necesidade de adquirir máis coñecementos e asumir responsabilidades en canto á aprendizaxe continuada destes coñecementos,
02 - Relacionar as novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación entre si.
03 - Traballar de maneira autónoma e con finalidades profesionais.
04 - Conceptualizar, desenvolver e difundir proxectos artísticos e culturais.
05 - Analizar e desenvolver procesos de traballo e de planificar e xestionar os proxectos propios.
06 - Mostrar capacidade de traballo en equipo.
07 - Efectuar as actividades propias con responsabilidade social, honestidade intelectual e integridade científica.
08 - Xestionar e transformar contextos de traballo ou de estudo complexos e imprevisibles que demandan novas formulacións estratéxicas.
09 - Organizar proxectos e/o equipos actuando con autonomía individual e/o liderado cando sexa necesario.
10 - Avaliar as responsabilidades respecto a os resultados do estudo ou traballo propios ou doutras persoas, e ao desenvolvemento profesional de persoas e grupos.

01 - Interrelacionar a teoría e a práctica na creación de de traballos persoais que sexan innovadores e avanzados do campo de estudos.
02 - Utilizar de maneira crítica as diversas fontes de información para formular argumentos académicos.
03 - Executar ideas e conceptos complexos, aplicando as habilidades cognitivas, técnicas e creativas adquiridas.
04 - Formular xuízos críticos, a miúdo con información incompleta ou limitada, incluíndo, no seu caso, a reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á solución proposta en cada caso.
05 - Propoñer novas alternativas de forma autónoma e creativa.
06 - Resolver problemas complexos na área de coñecemento, o campo científico ou a práctica profesional e resolvelos de maneira táctica, estratéxica e creativa.
07 - Demostrar un uso adecuado da metodoloxía, os materiais básicos e os procedementos necesarios para a investigación baseada na práctica e/o a teoría.
08 - Xestionar proxectos artísticos e culturais na contorna profesional.
09 - Presentar en público proxectos e hipóteses de traballo sobre temas artísticos e patrimoniais.
10 - Difundir os resultados da investigación que contribúen ao coñecemento #ante públicos especializados e non especializados.
11 - Liderar propostas nas que se establezan conexións culturais entre diferentes épocas, territorios e estilos artísticos, sabendo articulalas nun discurso artístico e/o patrimonial coherente.

01 - Expresar uns coñecementos e unha comprensión de carácter avanzado no campo de estudo.
02 - Coñecer amplamente a diversidade artística e a súa capacidade de adaptación a contextos e situacións culturais diferentes.
03 - Seleccionar coñecementos avanzados dos principais métodos de investigación aplicables ao ámbito de traballo ou de aprendizaxe na práctica profesional.
04 - Enumerar os métodos e os procesos para facer fronte a aspectos, situacións e fenómenos complexos do campo de estudo.
05 - Expresar unha comprensión crítica e uns coñecementos altamente especializados, unha parte dos cales se sitúan na vangarda das correspondentes disciplinas artísticas e patrimoniais.
06 - Confeccionar unha conciencia crítica e creativa das posibilidades interdisciplinares entre diferentes campos e disciplinas.
07 - Recoñecer os criterios de actuación para a adaptación dos proxectos artísticos e patrimoniais en situacións de cambio a partir do coñecemento das dinámicas e do papel dos distintos axentes do sector cultural.
08 - Recoñecer a un nivel avanzado o pensamento contemporáneo na súa condición de marco das manifestacións artísticas e patrimoniais.

Mobilidade

Na USC, a mobilidade de estudantes propios e de acollida está regulada por:
· Regulamento de intercambios interuniversitario de estudantes da USC
· No Proceso de Desenvolvemento dos ensinos establecido no SGIC do Centro desenvólvese o procedemento para a organización da mobilidade
Non se contempla programa propio para mobilidade dos estudantes en tanto a USC non dispoña de financiamento específico e organice programas específicos de mobilidade para os seus estudantes de posgraduado

Prácticas

As Prácticas Académicas Externas (PAE) compóñense de 12 créditos de tipo obrigatorio. Desenvolveranse no segundo semestre. As PAE son un elemento fundamental neste Máster porque salientan o carácter profesionalizante que se lle quere imprimir ao programa e supoñen un primeiro contacto do estudantado cos contextos laborais nos que desenvolverán as súas carreiras.
Tomaranse as iniciativas necesarias para ampliar os convenios con novas institucións e empresas culturais que enriquezan a oferta do máster, fortalezan os vínculos co tecido profesional e, en definitiva, fágano máis atractivo. Procurarase, tamén, superar o marco autonómico que, na actualidade, contempla a realización de PAE, para integrar novos centros receptores de estudantes nos contextos nacionais e internacionais.
A asignación dos centros realízase durante o primeiro semestre a través dun sistema que prioriza a nota media da titulación de acceso dos/as estudantes á hora de escoller o destino no que prefiren desenvolver as súas prácticas académicas externas.

O Traballo de Fin de Máster contará cunha extensión de 6 ECTS e terá carácter obrigatorio, segundo a normativa vixente. Presentarase no 2º semestre.
A Comisión Docente do máster establecerá o procedemento de asignación de titores de TFM, no mes de outubro, entre os profesores dispoñibles con docencia no máster. Nese momento decidirase un tema de investigación orixinal que se desenvolverá ao longo do curso a través de titorías regulares e entregas parciais de traballo. O titor asistirá ao estudante no deseño, desenvolvemento e confección final do traballo, así como nos aspectos de preparación da súa exposición pública. A orientación do TFM poderá ser práctica, teórica ou unha combinación de ambas. É dicir, poderá ter tanto un carácter profesionalizante –por exemplo, un proxecto de exposición que posteriormente se queira levar a cabo—ou un carácter académico; especialmente para aqueles sectores do estudantado que desexen orientar a súa carreira no ámbito da investigación, por exemplo, a través dunha tese doutoral.
A primeira e segunda convocatoria para a defensa pública do TFM terán lugar de acordo ao calendario académico da USC, que se aproba anualmente, e rexerase pola regulación xeral da USC e do propio centro. Seguiranse as mesmas pautas para a composición e posta en coñecemento do estudantado dos tribunais que xulgarán os TFMs.

Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2025.