Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Música
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia, pertencente á especialidade de Concepción e desenvolvemento de proxectos artísticos e culturais, céntrase no estudo histórico da música escénica, xéneros e historia da posta en escena, así como no proceso necesario para transformar o texto dramático-musical nun espectáculo vivo. Ao finalizar o curso, o estudantado, será capaz de recoñecer os diferentes formatos e situalos estilística e esteticamente pero, tamén, posuirán os coñecementos básicos sobre a xestión e os pasos precisos para levar a escena un espectáculo de teatro musical, con especial atención ás últimas tendencias.
Na materia estudarase a música escénica facendo un estudo das diferentes tipoloxías e atendendo á interdisciplinaridade que hai nelas.
Os temas a tratar son os seguintes:
- A ópera e a súa evolución: dende o século XVI ata o século XXI
- Os xéneros líricos do mundo hispano: o sainete, a tonadilla escénica, a zarzuela grande e o xénero
"chico"
- O Musical e as novas formas de espectáculo musical
- Ballet e Danza
- Desde o texto dramático-musical ata a posta en escena: vestiario, dirección de escena, iluminación,
escenografía, coreografía
- Novas tendencias na montaxe escénica: escenografía dixital e novas tecnoloxías aplicadas á
escena
BIBLIOGRAFÏA:
Alier, R. (2002): Historia de la ópera. Barcelona: Robinbook.
Arrojo, Victor (2014). El director teatral ¿es o se hace? Procedimientos para la puesta en
escena. Buenos Aires: Inteatro.
Casares Rodicio, Emilio (2006): Diccionario de la Zarzuela: España e hispanoamérica. Madrid: instituto Complutense de estudios musicales.
Capelán, Montserrat (2017): "La tonadilla escénica en Venezuela o el proceso de criollización de un género hispano". Anuario musical, 72, pp. 137-152.
Gándara, Javier (2023): "Los gustos estragados: una tonadilla compostelana de 1799". Resonancias, 27/53, pp. 41-64
González, Juanjo (2024): Introducción a la Historia del Teatro Musical Americano. Amazon Digital Services
Oliva, C., Torres, M. (2000): Historia básica del arte escénico. Ediciones Cátedra, Madrid
Subirá, José (1928-1932): La tonadilla escénica. Madrid: Tipografía de Archivos, 4 volúmenes
Webgrafía:
–Metropolitan Opera House, NY (http://www.metopera.org)
–Teatro de la Zarzuela, Madrid (http://teatrodelazarzuela.mcu.es/es)
- Opéra Comique, Paris (http://www.opera-comique.com)
- Teatro alla Scala, Milán (https://www.teatroallascala.org/it/index.html)
- Teatro Colón de Buenos Aires (https://teatrocolon.org.ar/)
- Brodway (www.Broadway.org)
Comp 02 Familiaridade cas novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación.
Comp 03 Demostrar a competencia e os coñecementos necesarios para traballar de maneira autónoma e con finalidades
profesionais
Comp 05 Demostrar a capacidade de analizar e desenvolver procesos de traballo e de planificar e xestionar os proxectos propios
Comp 09 Xestionar proxectos e/o equipos actuando con autonomía individual e/o liderado cando sexa preciso
Comp 10 Asumir responsabilidades respecto a os resultados do estudo ou traballo propios ou doutras persoas, e ao
desenvolvemento profesional de persoas e grupos.
A materia desenvolverase en clases teóricas e interactivas pero, en ambos os casos, dirixidas a dotar ao estudantado de ferramentas cara á profesionalización. Para iso, ademais dos fundamentos teóricos e lecturas básicas do tema, estudaranse tódalas partes do proceso que implica unha posta en escena, analizando casos concretos e o modo como estes leváronse a cabo.
As/os estudantes terán que expor un proxecto de posta en escena, guiado pola docente, que lles enfrontará aos problemas habituais que se poden atopar, e a ter unha visión máis detallada e crítica das artes do espectáculo.
Entre as metodoloxías concretas empregadas está: estudos de casos; aprendizaxe baseada na capacidade de resolución de problemas; aprendizaxe baseada no traballo por proxecto ou casos prácticos; traballo tutelado.
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Presentación dun proxecto de posta en escena que será desenvolvido ao longo do curso e avaliado da seguinte maneira:
- Exposición do proxecto: 40%
- Entrega do traballo escrito: 60%
A asistencia as clases é fundamental para o desenvolvemento da aprendizaxe polo que, a falta continuada sen xustificación, será penalizada na nota final da materia.
O estudantado ao que lle sexa concedida DISPENSA de asistencia a clase (seguindo o "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster" da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024), avaliarase cunha proba final que supoñerá o 100% da cualificación.
En caso de fraude académica, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11.g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa.
Docencia presencial na aula:
Docencia expositiva: 13,5 horas
Docencia interactiva tipo seminario: 18 horas
Titorías: 4,5
Traballo persoal da/0 estudante que inclúe: Traballo persoal da/o estudante (individual ou en grupo); preparación dos debates; estudo das lecturas e as audicións recomendadas; realización de traballos:
76,5 horas
Total: 112,5 horas
1. Preparación complementaria da materia impartida na aula mediante a lectura dos libros da bibliografía e visualización/audición da música escénica recomendada
2. Consulta do Campus virtual
3. Consulta personalizada nas horas de titorías.
Montserrat Capelan Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Música
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- montserrat.capelan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |