Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 0.5 Clase Expositiva: 20.5 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer as bases teóricas e experimentais do estudio da organización do sistema nervioso dos animais.
- Entender a organización funcional das principais estruturas do sistema nervioso central e periférico.
- Usar os principios da morfoloxía comparada como ferramenta para a interpretación e comprensión dos sistemas nerviosos nos diferentes grupos.
- Adestrarse no manexo de bibliografía especializada, así como no uso das TIC para preparar a materia.
Bloque 0. Introdución e conceptos básicos
Introdución á Neuroanatomía Comparada. Obxecto de estudo. Filoxenia de vertebrados. O desenvolvemento do sistema nervioso nos vertebrados e a homoloxía das rexións cerebrais. O desenvolvemento ontoxenético do sistema nervioso: claves para comprender os principios de organización. Análise da segmentación do tubo neural. Modelos clásicos e segmentarios da organización do encéfalo. Sistemas nerviosos en invertebrados. O sistema nervioso dun animal modelo: Caenorhabditis elegans. O sistema nervioso dos deuteróstomos primitivos: o sistema nervioso do anfioxo como Cordado modelo. Organización comparativa do sistema nervioso autónomo dos vertebrados: SNA simpático e parasimpático. Metodoloxías máis empregadas en estudos de neuroanatomía comparada.
Bloque 1. Medula espiñal
Principios organizativos da medula espiñal nos vertebrados.
Bloque 2. Rombencéfalo
Organización funcional e especialización do rombencéfalo. Os nervios craniais: categorías e significado funcional. O cerebelo e a súa evolución nos vertebrados. Vías e centros octavolaterais.
Bloque 3. Istmo e Mesencéfalo
Organización do istmo e do mesencéfalo en vertebrados. Sistemas reticulares do tronco cerebral.
Bloque 4. Prosencéfalo
Organización comparativa do diencéfalo. Modelo prosomérico. Complexo pineal e habénulas. Hipotálamo. Eixo hipotalámico-hipofisario. Órganos circunventriculares. Principios de organización do telencéfalo dos vertebrados. Palio e subpalio. Ganglios da base. Evolución do palio. Cortiza piriforme. Amígdala. Hipocampo e sistema límbico.
Bloque 5. Órganos dos sentidos
Receptores e propiorreceptores cutáneos: circuítos funcionais. Orixe e organización comparativa do labirinto en vertebrados. Organización comparativa da retina dos vertebrados. Vías ópticas e centros visuais. Os sistemas olfativo, vomeronasal e do nervio terminal na evolución.
Bibliografía Básica
Butler AB, Hodos W. Comparative Vertebrate Neuroanatomy: Evolution and Adaptation. Wiley-Liss, New York, 1995, (2005, 2nd ed.) RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
Shepherd, Stephen V. The Wiley Handbook of Evolutionary Neuroscience. John Wiley & Sons, Inc., 2016 RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
Kaas JH. Evolutionary neuroscience. Academic Press, 2020 Second Edition RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
Nieuwenhuys R, Ten Donkelaar H.J., Nicholson C. The Central Nervous System of Vertebrates, 3 vols. Springer Verlag, Berlín, 1998. RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
Nieuwenhuys R, Puelles L. Towards a new neuromorphology.Springer International Publishing, 2016
Bibliografía Complementaria
Mueller T, Wullimann MF. Atlas of early zebrafish brain development: a tool for molecular neurogenetics. Amsterdam: Elsevier/Academic Press, 2005 (2016, 2nd ed.)
Paxinos G. Chemoarchitectonic atlas of the rat brain. Amsterdam; Boston; London: Academic, 2009, 2nd ed.
Paxinos G (ed.) The Rat Nervous System. London: Academic Press 2015 (4th ed.) e edicións anteriores
Ramón y Cajal, S. Histologie du Système Nerveux de l’Homme et des Vertebrées, A. Maloine, París, 1909-1911. Reimpreso polo C.S.I.C., Madrid, 1952.
Watson C, Paxinos G, Puelles L(eds.) The Mouse Nervous System, Amsterdam. Boston: Elsevier Academic Press, 2012
Sanes D, Landgraf M, Reh T, Harris W. Development of the Nervous System. Academic Press, 2019 (Fourth Edition) RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
Ramón y Cajal, S. La retina de los vertebrados. Editorial CSIC Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2021 RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
Ramón y Cajal, S. Charlas de café: pensamientos, anécdotas y confidencias. FCE - Fondo de Cultura Económica, 2017 RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
Recursos Web
Allen Brain Atlases and Data http://portal.brain-map.org/
BRAINSPAN Atlas of the Developing Human Brain http://www.brainspan.org/static/atlas
Comparative Mammalian Brain Collections: http://brainmuseum.org/
High Resolution Mouse Brain Atlas - Harvard Medical School http://www.hms.harvard.edu/research/brain/
Human Brain Project https://www.humanbrainproject.eu/en/explore-the-brain/atlases/
O alumnado deberá potenciar as seguintes competencias e destrezas xenéricas:
- Fluidez e propiedade na comunicación oral e escrita tanto nas linguas propias como en inglés.
- Habilidades para obter e analizar información dende diferentes fontes.
- Capacidade de crítica e autocrítica.
- Habilidade para traballar de forma autónoma.
- Capacidade de comparación e integración de información obtida de imaxes microscópicas e macroscópicas de sistemas nerviosos de vertebrados.
Utilizaranse:
- Clases expositivas sobre o programa de teoría impartidas pola profesora con apoio de medios audiovisuais. O temario está organizado en bloques temáticos. Cada presentación correspondente aos bloques 1 a 5 leva asociado un Cuestionario de Autoavaliación e un Exercicio que se facilitarán ao alumnado a través do Campus Virtual da USC (Aula Virtual).
Cos Cuestionarios de Autoavaliación o alumnado poderá comprobar o grao de comprensión dos contidos e reforzalos. A resolución destes cuestionarios deberá facerse a través do Aula Virtual dentro do prazo habilitado. A cualificación destes cuestionarios contribúe á avaliación continua.
Os Exercicios terán base en algunhas das claves contidas nas presentacións. O seu obxectivo será visibilizar o coñecemento mais recente que se teña xerado no ámbito da neuroanatomía comparada. Poñeranse a disposición do alumnado os recursos bibliográficos necesarios para a súa realización. A resolución dos exercicios farase durante as clases interactivas (seminarios) e a través do Aula Virtual dentro do prazo habilitado. A cualificación destes exercicios contribúe á avaliación continua.
- Clase interactivas (seminarios). Serán de dous tipos. Os Seminarios de tipo A consistirán na resolución de Exercicios durante as clases interactivas mentres que os de tipo B serán impartidos polo alumnado. Cada persoa poderá expoñer e defender un traballo sobre algún tema específico relacionado coa investigación en Neuroanatomía Comparada. A exposición non será obrigatoria pero si a presentación por escrito do traballo. A cualificación destes traballos contribúe á avaliación continua.
- Titorías (unha titoría de 1 h). Orientación e apoio para explicar as tarefas do alumnado (estudo, preparación dos seminarios e resolución de Cuestionarios de Autoavaliación e Exercicios).
- A Aula Virtual será utilizada para facilitar o acceso ás presentacións do profesorado nas clases expositivas, para a resolución dos Cuestionarios e Exercicios, para compartir bibliografía específica, así como para a entrega dos traballos de seminario do alumnado.
Na primeira oportunidade, o alumnado será obrigatoriamente cualificado mediante avaliación continua. A avaliación continua será feita sobre a resolución a través do Aula Virtual e dentro dos prazos habilitados dos Cuestionarios de Autoavalición e dos Exercicios, e sobre a presentación, a lo menos por escrito, dun traballo individual sobre un tema específico. A cualificación de cada Cuestionario de Autoavaliación e a de cada Exercicio suporá o 7% da cualificación final. A suma das cualificacións da avaliación continua por resolución de Cuestionarios e Exercicios suporá o 70% da cualificación final. A avaliación do traballo presentado dentro da actividade de seminario suporá un 30% da avaliación final. Será obrigatoria a entrega por escrito do traballo. A cualificación do texto presentado por escrito terá una cualificación máxima de 1,5 puntos (15% de la cualificación final) e a exposición oral suporá un incremento de 1,5 puntos na cualificación global.
Na segunda oportunidade, a avaliación do alumnado farase exclusivamente a través dunha proba final.
O alumnado repetidor deberá realizar as mesmas actividades que o de primeira matrícula.
Horas presenciais: 30h
- Teoría: 17 horas
- Seminarios: 12 horas
- Titoría: 1 hora
Horas de traballo persoal: 55 horas
- Estudo: 25 horas
- Resolución de cuestionarios e preparación de seminarios: 30 horas
- Asistencia e participación activa nas clases e seminarios.
- Estudio e revisión periódica da materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e asimilar a información obtida nas clases.
- Aclaración de posibles dúbidas co profesorado.
O Campus Virtual proporciona unha vía de comunicación directa e continua co alumnado para facilitar medios audiovisuais sobre os contidos de teoría, seminarios e prácticas, para a proposta e recollida de cuestionarios, resolución de dúbidas e difusión de calquera outra información que resulte de interese para o alumnado. Haberá operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do alumnado. A comunicación tamén poderá realizarse a través de canles de comunicación directa como a aplicación MS-teams cando a situación o requira.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
Maria Isabel Rodriguez-Moldes Rey
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816950
- Correo electrónico
- isabel.rodriguez-moldes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eva Maria Candal Suarez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816947
- Correo electrónico
- eva.candal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
09.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |