Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: Clase Expositiva: Clase Interactiva: 30 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos están relacionados coa adquisición dos fundamentos teóricos e prácticos daquelas técnicas que son amplamente utilizadas en neurobioloxía para estudar citoarquitectura, circuítos neuronais, neuroquímica e expresión de xenes.
a) O alumno debe adquirir as habilidades necesarias para realizar procesos de fixación e inclusión para microscopía óptica e electrónica, así como manexar distintos tipos de microtomos e as súas aplicacións, protocolos básicos de técnicas inmunohistoquímicas e de hibridación in situ, así como aplicación de trazadores sobre animais de experimentación. Tamén coñecer os fundamentos e aplicacións dos distintos tipos de microscopios ópticos e electrónicos, así como do microscopio láser confocal.
b) O alumno debe alcanzar un nivel de coñecemento das técnicas que realiza para ser capaz de aplicalas de xeito crítico.
b) O alumno debe ser capaz de avaliar e resolver problemas científicos teóricos e reais usando os coñecementos adquiridos durante a realización dos experimentos.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Práctica 1. Fixación e inclusión de tecido nervioso.
Fundamentos. Fixación química: Tipos de fixadores, métodos de fixación, criterios de elección de fixadores. Inclusión: Medios de inclusión para microscopía óptica e electrónica.
Fixación e inclusión de mostras de tecido nervioso para microscopía óptica e electrónica usando distintos fixadores e medios de inclusión segundo a técnica que se vaia a realizar.
Práctica 2. Microtomía.
Fundamentos. Introdución á obtención de seccións de tecido nervioso. Tipos de microtomos.
Obtención de seccións a partir de material incluído y no incluído segundo a técnica que se pretenda realizar.
Práctica 3. Métodos xerais de coloración e observación de tecido nervioso.
Fundamentos. Técnicas de coloración xerais para a observación do tecido nervioso. Tipos e aplicacións. Tincións histoquímicas.
Tincións. Tinción de Nissl. Método de Golgi. Tinción histoquímica para a sintasa do óxido nítrico.
Práctica 4. Técnicas inmunohistoquímicas: microscopía óptica e electrónica.
Fundamentos. Principios básicos e aplicacións. Inmunohistoquímica indirecta para microscopía óptica e para microscopía de fluorescencia, e en pre-inclusión e post-inclusión para microscopía electrónica.
Detección de proteínas marcadores gliais e neuronais para a súa observación en microscopía óptica, de fluorescencia e electrónica en pre-inclusión.
Práctica 5. Detección de vías neuronais con trazadores.
Fundamentos. Tipos de trazadores, técnicas de aplicación, experimentos in vivo e in vitro.
Marcaxe en encéfalo utilizando como trazador HRP ou BDA e marcaxes con trazadores fluorescentes (FDA e TRDA) en medula espinal.
Práctica 6. Hibridación in situ.
Fundamentos. Tipos de sondas. Obtención e marcaxe de sondas. Hibridación in toto e en seccións.
Detección da expresión dun xen nun cerebro in toto.
Práctica 7. Análise dos resultados.
Observación, interpretación e presentación de resultados.
Armengol, J.A., Miñano, F.J. 1995. Bases Experimentales para el Estudio del Sistema Nervioso. Vol. 1. Universidad de Sevilla. Sevilla.
Bancroft, J.D., Gamble, M. 2007. Theory and Practice of Histological Techniques (6ª ed). Churchill Livingstone. London.
Bolam, J.P. 1992. Experimental Neuroanatomy: A Practical Approach. Oxford University Press. Oxford.
Carter, M., Shieh, J.C. 2009. Guide to Research Techniques in Neuroscience. Academic Press. Amsterdam.
Celis, J., Carter, N., Simons, K., Small, J., Hunter, T., Shotton, D. 2006. Cell Biology: A Laboratory Handbook. (3ª ed). Academic Press. London.
Cuello, A.C. 1993. Immunohistochemistry II. John Wiley & Sons. New York.
Gerfen, Ch.R., Rogawski, M.A., Sibley, D.R., Skolnick, P., Wray, S. 2007. Short Protocols in Neuroscience: Cellular and Molecular Methods. John Wiley & Sons, Inc. New Jersey.
Hayat, M.A. 2000. Principles and Techniques of Electron Microscopy: Biological Applications (4ª ed). Cambridge University Press. Cambridge.
Kiernan, J.A. 2008. Histological and Histochemical Methods: Theory and Practice. (4ª ed). Scion Publishing Ltd. Oxford.
Morel, G., Caballero, T.G., Cavalier, A. Gallego, R. 2000. Hibridación in situ en Microscopía Óptica. Universidad de Santiago de Compostela.
Spacek J. 1989. Dynamics of the Golgi method: a time-lapse study of the early stages of impregnation in single sections. Journal of Neurocytology, 18: 27-38.
Záborsky, L., Wouterlood, F.G., Lanciego, J.L. 2006. Neuroanatomical Tract-Tracing 3. Molecules, Neurons, and Systems. Springer Science + Business Media. New York.
Neste curso o alumno fará:
- Preparará fixadores e incluirá mostras para microscopía óptica e electrónica.
- Utilizará distintos tipos de microtomos e coñecerá as súas aplicacións.
- Realizará técnicas inmunohistoquímicas e de hibridación in situ.
- Realizará experimentos con trazadores neuronais.
- Utilizará distintos tipos de microscopios ópticos e electrónicos.
- Realizará unha memoria escrita e gráfica do desenvolvemento e dos resultados dos experimentos levados a cabo.
- Analizará e discutirá o uso de técnicas relacionadas coas realizadas durante o curso utilizadas en publicacións científicas.
Ao finalizar o curso o alumno será capaz de:
- Deseñar un protocolo experimental para o estudo do sistema nervioso.
- Procesar material histolóxico para a súa observación.
- Seleccionar técnicas apropiadas segundo as necesidades.
- Manexar os aparellos elementais utilizados en neuroanatomía.
- Análise e síntese de resultados.
- Resolver problemas técnicos e adaptación de protocolos técnicos ao seu material experimental.
- Aplicar contidos teóricos a casos prácticos.
- Presentar adecuadamente os resultados obtidos.
Clases interactivas: Seminarios ou prácticas
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas
Asistencia obrigatoria.
- Seguimento do alumno durante o desenvolvemento do curso (10% da nota final).
- Avaliación da capacidade para deseñar protocolos experimentais (Proba escrita; 30% da nota final).
- Avaliación da memoria de prácticas (30% da nota final).
- Análise e discusión crítica de técnicas relacionadas co curso utilizadas en publicacións científicas (Un artigo por alumno; 30% da nota final).
- O aprobado está en 5 sobre 10.
Clases interactivas: Seminarios ou prácticas: 30 horas
Elaboración da memoria de prácticas, traballos: 24 horas
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 1 hora
Actividades de avaliación: 20 horas
Neste curso realízanse técnicas amplamente utilizadas en neurobioloxía para pór de manifesto: citoarquitectura normal, neuroquímica, circuítos neuronais e expresión de xenes. Son aconsellables coñecementos básicos do manexo de microscopios e material común de laboratorio: micropipetas, balanzas, etcétera. De calquera xeito, o desenvolvemento dos experimentos achegará a destreza suficiente para desenvolverse con soltura no laboratorio.