Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 11 Clase Interactiva: 9 Total: 22
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Identificar os distintos métodos en farmacovixilancia.
2. Recoñecer as distintas fontes de datos en farmacovixilancia.
3. Identificar os principais rumbos en farmacovixilancia.
4. Ler criticamente estudos de farmacovixilancia ocular.
PRIMEIRA SESIÓN TEÓRICA PRESENCIAL(2H)
1) Orixe da farmacovixilancia. Obxectivos e función.
2) Métodos individuais en farmacovixilancia:
a) Notificación anecdótica de reaccións adversas a medicamentos (RAM),
b) Notificación voluntaria de reaccións adversas a medicamentos,
c) Notificación de eventos ligados á prescrición.
PRIMEIRA SESIÓN PRÁCTICA PRESENCIAL (2H)
1) Estudos de casos de reaccións adversas oculares.
2) Simulación dunha notificación de sospeita de reacción adversa a medicamentos do Sistema Español de Farmacovixilancia de Medicamentos de uso Humano mediante formulario electrónico.
3) Posta en común.
SEGUNDA SESIÓN EXPOSITIVA (2H)
1) Deseños epidemiolóxicos en farmacovixilancia
a) Estudos de cohortes
b) Estudos de casos e controis
c) Estudos ecolóxicos
d) Outros deseños
DOCENCIA TEÓRICA ASÍNCRONA (7H)
1) Sesgos en estudos epidemiolóxicos en farmacovixilancia
2) Fuentes de datos para estudos de farmacovixilancia: vantaxes e limitacións
DOCENCIA PRÁCTICA ASÍNCRONA (7H)
Lectura crítica de estudos de farmacovixilancia ocular.
BASICA
Figueiras Guzmán A, Ferreira Herdeiro MT, Gestal Otero JJ. Farmacovigilancia. En: Piédrola Gil, et al. Medicina preventiva y salud pública. 12.a edición, 2015.
COMPLEMENTARIA
Medication without harm: policy brief. Geneva: World Health Organization; 2023.
Medication Safety in High-risk Situations. Geneva: World Health Organization; 2019.
Buenas Prácticas del Sistema Español de Farmacovigilancia de Medicamentos de Uso Humano. Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS), 2018
Strom BL, ed. Pharmacoepidemiology 4th ed. West Sussex, England: John Wiley & Sons, Ltd. 2005.
COÑECEMENTO
Con01. Demostrar coñecementos desde distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
Con03. Demostrar coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado.
Con08. Ser capaces de utilizar os coñecementos de farmacovixilancia e os criterios de actuación clínica.
HABILIDADES E DESTREZAS
H/D01. Demostrar habilidades desde distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
H/D03. Desenvolver as habilidades necesarias para a súa incorporación á investigación no campo da optometría.
H/D04. Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
H/D05. Adquirir a habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
H/D06. Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
COMPETENCIAS
Comp01. Capacidade para aplicar distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
Comp02. Capacidade para tomar de decisións a partir de información científica, técnica e clínica.
Comp03. Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
Comp05. Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da visión.
Comp06. Capacidade para transmitir os resultados da investigación a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
Comp08. Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
Comp11. Implementación na práctica clínica asistencial dos coñecementos de farmacovigilancia e os criterios de actuación clínica.
A docencia teórica presencial impartirase mediante clase maxistral incentivando a participación do alumno.
A docencia práctica (seminario) presencial impartirase mediante estudos de casos con resolución de problemas en traballo en grupo.
A docencia teórica asíncrona realizarase mediante aprendizaxe baseada en proxectos. Para iso proporcionarase materiais cos contidos teóricos necesarios para realizar unha lectura crítica dun estudo de FV.
A docencia práctica asíncrona (lectura crítica dun estudo) mediante foros de discusión en moodle, e presentación en aula de lectura crítica.
Estudos de casos: 30%
Proxectos (lectura crítica) con presentación e defensa: 50%
Debate (foro moodle): 20%
Calcúlase que o alumno deberá dedicar 29 horas de traballo persoal.
- Asistir a clase
- Participar en clases
- Levar a materia ao día
- Participar nos foros
Adolfo Figueiras Guzman
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812276
- Correo electrónico
- adolfo.figueiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
22.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
06.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |