Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 16 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS XERAIS:
• Familiarizar ao estudantadado co coñecemento das técnicas estatísticas e matemáticas necesarias para o estudo da poboación.
• Preténdese que os/as estudantes aprendan a medir os aspectos máis importantes en relación cos principais fenómemos demográficos: fecundidade, natalidade, nupcialidade e mortalidade
• Facilitaránselle ao estudantado unha serie de conceptos, definicións e instrumentos de medición relacionados coa poboación e a demografía, ao mesmo tempo que información sobre as principais fontes de información estatística existentes en España e Europa, co obxectivo de que saiba analizar as características e a evolución dos principais fenómenos demográficos
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
• Coñecemento das principais fontes de información estatística sobre a poboación
• Coñecemento das principais técnicas e instrumentos para a análise demográfica da poboación.
• Coñecemento dos principais indicadores relacionados co estudo da poboación.
• Coñecemento da composición da poboación por sexo e idade
• Coñecemento das principais características da poboación en relación coa actividade económica e os seus impactos nos sistemas de benestar
• Coñecemento dos principais fenómenos demográficos e o seu impacto no envellecemento
• Coñecemento do envellecemento da poboación en Galicia e España e a situación no contexto da Unión Europea
• Coñecemento das principais diferenzas no proceso de envellecemento: diferenzas xeográficas, diferenzas espaciais, diferenzas por sexo
• Coñecemento do sistema de pensións en España: a súa evolución recente, as súas reformas, a súa situación actual e os principais retos e alternativas de futuro
BLOQUE I: ESTUDO DA POBOACIÓN. CONSIDERACIÓNS XERAIS
TEMA 1: Descrición e contidos
TEMA 2: Dispoñibilidade de información
TEMA 3: Precisións conceptuais
BLOQUE II: COMPOSICIÓN E CARACTERÍSTICAS DA POBOACIÓN
TEMA 4: Composición da poboación por sexo e idade
TEMA 5: As pirámides de idades
TEMA 6: Actividade económica e impacto nos sistemas de benestar
BLOQUE III: ESTUDO DOS PRINCIPAIS FENÓMENOS DEMOGRÁFICOS E INCIDENCIA NO ENVELLECEMENTO
TEMA 7: Natalidade e fecundidade
TEMA 8: Mortalidade
BLOQUE IV: ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN E SISTEMAS DE PENSIÓNS
TEMA 9: Envellecemento da poboación en Galicia e España
TEMA 10: O sistema de pensións en España e as súas reformas
Bibliografía básica:
Para cada tema os/as estudantes contarán cos guións, cos gráficos e coas táboas elaboradas polo profesorado da materia para as clases expositivas. Ademais, poderanse proporcionar artigos e/ou textos que servirán para a preparación dos temas.
Bibliografía complementaria:
Arroyo, A. (Coord.) (2003): Tendencias demográficas durante el siglo XX en España. Universidad de Sevilla-Instituto Nacional de Estadística.
Entremont, A. (2001): Diez temas de demografía. Ediciones Internacionales Universitarias. Madrid.
Fernández Leiceaga, X. (Dir) (2000): Avellamento demográfico e consecuencias socioeconómicas. Edicións Xerais de Galicia. Vigo.
García Díaz, M.A. (2019): “El sistema público de pensiones español ante el envejecimiento”, en España ante el reto demográfico, Información Comercial Española (ICE), 908 (mayo‐junio), 49‐64
Gómez, R.; Hernández, R. (2004): “Demographic maturity and economic performance: the effect of demographic transitions on per capita GDP growth”. Servicio de Estudios del Banco de España.
Hernández de Cos, P; Jimeno, J.F.; Ramos, R. (2017): El Sistema público de pensiones en España: situación actual, retos y alternativas de reforma. Banco de Espana, Occasional Paper, No. 1701. Available at SSRN: https://ssrn.com/abstract=2902554 or http://dx.doi.org/10.2139/ssrn.2902554
Hinde, A. (1998): Demographic methods. Arnold. London.
Livi-Bacci, M. (1993): Introducción a la demografía. Editorial Ariel. Barcelona
Martínez Roget, F. (2002): Demografía Gerontológica. Sega Ediciones. Santiago de Compostela
Nyce, Steven A.; Schieber, Sylvester, J. (2005): The economic implications of aging societies: the costs of living happily ever after. Cambridge University Press. Cambridge, U.K.
Onofri, P. (Editor) (2004): The economics of an ageing population: macroeconomic issues. Cheltenham : Edward Elgar
Pressat, R. (1989): Introducción a la demografía. Ariel. Barcelona.
Preston, S. H.; Heuveline, P.; Guillot, M. (2001): Demography: measuring and modeling population processes. Ed. Blackwell. Oxford.
Vallin, J. (1995): La Demografía. Alianza, D.L. Madrid
Vinuesa, J. et al. (1994): Demografía. Análisis y proyecciones. Ed. Síntesis. Madrid
A materia contribúe a que os/as estudantes acaden as seguintes competencias xerais, específicas e transversais asociadas ao título:
Xerais:
CX1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miudo nun contexto de investigación.
CX2. Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornas novas, ou descoñecidas, dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría.
CX4. Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e as últimas razóns que os apoian- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e inequívoco.
CX5. Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito autodirixido ou autónomo
Específicas:
CE1. Formar e acreditar profesionais no campo da Xerontoloxía.
CE2. Coñecer os principais problemas sociais e sociosanitarios que afectan á poboación maior e estar en condicións de detectalos e actuar en consecuencia.
CE7. Coñecer os principais recursos de atención ás persoas maiores, así como a idoneidade da súa localización segundo as súas características sociosanitarias.
CE8. Coñecer as bases da investigación e facilitar a incorporación de profesionais ao campo da investigación xerontolóxica, tanto en organismos públicos como en privados ou empresas.
Transversais:
CT1. Adquirir as habilidades necesarias para aplicar o método científico na redacción de proxectos.
CT2. Saber difundir os resultados obtidos no desenvolvemento da súa actividade a través das fontes de información de que dispón a comunidade científica.
CT4. Fomentar a incorporación de profesionais ao campo da investigación, facilitando a realización de teses de doutoramento.
Nas clases expositivas explicaranse os contidos teóricos da materia. Estas clases apoiaránse na utilización de presentacións en PowerPoint e farase referencia ás páxinas web nas que se pode atopar información estatística para a análise da poboación.
Nas clases interactivas os alumnos deberán realizar exercicios nos que deberán empregar as ferramentas descritas nas clases teóricas. Nestas clases tamén se lles pedirá aos alumnos que comenten aspectos de actualidade relacionados coa demografía.
Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia na que se irá subministrando a información relativa a cada tema. As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do correo electrónico institucional.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación realizarase de dúas formas distintas e complementarias:
1) Por un lado, realizarase un exame final, de tipo test, sobre os contidos da materia. Este exame representará o 50% da nota final.
2) Por outro lado, realizarase unha avaliación continua que consistirá na realización e entrega das prácticas e outras actividades nas clases interactivas. A avaliación continua representará o 50% da nota final.
A puntuación acadada ó longo do curso nestas actividades de avaliación continua manterase, no caso de suspender a oportunidade ordinaria, para a oportunidade extraordinaria da mesma convocatoria.
Os alumnos repetidores poderán optar por este sistema de avaliación, ou por realizar únicamente o exame final, co que poderían obter o 100% da nota final. En cualquera caso, deberán comunicar, dentro do primeiro mes de clase, a elección do sistema polo que desexan ser avaliados.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
A materia equivale a 100 horas de traballo para os estudantes, das cales 40h teñen carácter presencial e 60 correspóndense co traballo non presencial dos estudantes fora da aula.
As horas de traballo presencial inclúen as clases expositivas, as interactivas e a avaliación na aula. Mentras que as horas de traballo persoal distribúense en: estudo autónomo, lecturas, realización de exercicios e traballos, redacción de conclusións e preparación da materia.
Asistencia regular ás clase.
Realización das prácticas.
Estudo diario dos materiais impartidos e da bibliografía básica.
Consulta da bibliografía complementaria recomendada.
Participación e discusión activa nas actividades que se organicen.
Realización das pobras obxectivas que se vaian facendo.
Inicio no manexo da folla de cálculo Excell de Microsoft.
Fidel Martinez Roget
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811651
- Correo electrónico
- fidel.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2.02 |
15.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
06.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |