Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprensión do papel e das complementariedades dos diferentes compoñentes e axentes dun sistema de innovación.
Ao culminar esta materia os alumnos deben coñecer o proceso de avaliación de proxectos sendo capaces tanto de analizar un proxecto realizado por terceiros como o seu propio. A tipoloxía de proxectos que os alumnos deben saber analizar abarca tanto proxectos empresariais novos como proxectos de mellora en procesos, produtos e servizos a desenvolver por entidades en funcionamento. Particularmente, faise unha énfase especial na análise de viabilidade económica e financeira de proxectos cun alto grao de innovación tecnolóxica
Tipoloxía de proxectos e ferramentas de valoración
- O proxecto de negocio e o proxecto de innovación en procesos, produtos e servizos
- Metodoloxías de valoración de proxectos: desconto de fluxos de caixa, múltiplos, creación de valor, opcións reais.
Análise de viabilidade económica e financeira
- O proceso de avaliación económica e financeira
- A construción, utilización e interpretación de modelos de avaliación
- As fontes de financiamento de proxectos innovadores
Análises da incerteza na avaliación e financiamento de proxectos
- Análises de sensibilidade da valoración ante a incerteza
- Análise do risco mediante creación de escenarios e simulación
- O VAN axustado por risco e outros criterios aplicables
Finanzas sostibles e avaliación nos procesos de transferencia de tecnoloxía
- A incorporación de características distintivas dos proxectos de base innovadora e tecnolóxicos no proceso de avaliación
- A valoración do impacto social e a inclusión de criterios ambientais e de sustentabilidade na valoración de proxectos. Os ASG.
- As valoracións nas distintas fases dos procesos de transferencia de tecnoloxía
-Bibliografía para conceptos básicos:
BREALEY, MYERS y MARCUS (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas, 5ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España. Libro básico para los contenidos de la materia.
BREALEY, MYERS y ALLEN (2015): Principios de Finanzas Corporativas, 11ª edición, Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
Lado-Sestayo, R. y de Llano-Paz, F (2021): Guía para implantar la gestión de riesgos en la empresa paso a paso. Introducción a la gestión del riesgo. Fundación INADE - Coordinador: Ángel Santiago Fernández-Castro. A Coruña (España). ISBN: 978-84-09-26841-2. Depósito Legal: VG 12-2021.
Rodríguez Sandiás, A. (2013): Modelos de Análisis y Valoración de Proyectos. ed. Andavira
-Bibliografía específica
Boer, F., Technology Valuation Solutions, John Wiley, 2004
Lado-Sestayo, R. y otros miembros de ITEMAS, Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, CNIC y FENIN entre otros (2016). Guía de Buenas Prácticas en Gestión de la Innovación. Plataforma de Innovación en Tecnologías Médicas y Sanitarias. Madrid, España. ISBN: 978-84-943613-4-0- Depósito legal: M-37080-2016.
Razgaitis, R., Valuation and Pricing of Tecnology based intellectual property, John Wiley, 2003
Rodríguez Sandiás, A., Otero González, L., Rodríguez Gulías, M. Valoración de un proyecto de I + D: análisis de un caso con valor ajustado al riesgo, Monte Carlo y árboles binomiales. Revista Española de Capital Riesgo, nº 1, 2010
Smith, G. y Parr, R, Intelectual property, John Wiley, 2005
Competencias específicas:
CE1 - Comprensión crítica das diferentes teorías económicas da innovación e do desenvolvemento sostible, do carácter
multidimensional e global dos procesos de cambio económico e as súas crises, así como dos motores dos devanditos procesos
CE3 - Que os e as estudantes posúan coñecemento teórico e aplicado das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico
para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da sustentabilidade e a economía circular, e da innovación
CE6 - Capacidade de concibir, deseñar, poñer en práctica e xestionar programas e proxectos de I+D, economía circular, innovación ou
desenvolvemento sectorial nos ámbitos propios de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial)
CE7 - Adquirir o coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel para o
deseño e xestión de plans estratéxicos, programas e proxectos relacionados co desenvolvemento económico circular, a innovación e a
sustentabilidade
CE8 - Capacidade para comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica, coa profesional, coa Administración Pública
e coa sociedade en xeral acerca das diversas áreas de coñecemento no campo da sustentabilidade e a economía circular e
da innovación
Nas sesións combinarase a exposición de contidos teóricos coa súa aplicación práctica e a análise de situacións reais de mercado. Préstase especial atención ao manexo de programas informáticos específicos (follas de cálculo), polo que é imprescindible que o alumno desenvolva competencias na súa manexo.
Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC a través da aula virtual da materia, na que se ofrecerá a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente, tanto para as sesións expositivas como interactivas.
Está previsto que a docencia sexa presencial, contemplándose a posibilidade de que, de forma excepcional e xustificada, poida combinarse a docencia virtual coa presencial ata un máximo do 10% das horas da materia.
O apoio titorial realizarase de forma preferentemente virtual empregando o correo electrónico, a mensaxería ou foros da aula virtual e MS Teams como canles de comunicación telemática.
Dada a metodoloxía de ensino, a asistencia a clase é totalmente necesaria. A avaliación continua representará un 75% da nota final e consistirá en todos ou algún/ s dos seguintes elementos:
o Proba/ s teórico-prácticas de preguntas curtas e/ou formato test
o Proba/ s en folla de cálculo
o Traballos relacionados co contido dos distintos temas que compoñen o programa ou outros de relevancia no ámbito da materia, para os que se fixará un prazo de entrega.
O exame final representará o 25% da nota final.
A nota de avaliación continua manterase para a segunda oportunidade, salvo renuncia expresa do estudiante, que representará o 100% da nota e presentará a mesma estrutura que o exame para alumnos con dispensa.
Os alumnos que non se adscriban a esta modalidade ou que dispoñan de dispensa de asistencia a clase terán que realizar un exame final con dous partes: contido teórico e contido práctico.
Expositivas: 9
Interactivas:12
Titoría: 3
Lectura a bibliografía recomendada: 25
Estudo e realización de casos prácticos: 26
Total volumen de traballo: 75
É necesario asistir regularmente ao desenvolvemento da materia así como analizar a bibliografía para que, desta forma, a aprendizaxe sexa máis frutífero e os coñecementos que se vaian impartindo atopen a adecuada base de temas previos.
É imprescindible que ao comezo do curso os alumnos repasen os contidos financeiros das materias de nivelación (en caso de cursala). Así mesmo, recoméndase encarecidamente profundar nos coñecementos informáticos, particularmente no uso de programas de folla de cálculo, o que reverterá nun mellor e máis rápida aprendizaxe.
Tamén se suxire a lectura de toda a bibliografía que se poida en inglés, o que facilitará a familiarización con vocabulario específico, de uso predominante na realidade financeira actual.
Contémplase a posibilidade de que, de forma excepcional e xustificada, a docencia virtual se combine coa docencia presencial ata un máximo do 10% das horas da materia. Segundo as circunstancias, esta docencia virtual en situacións excepcionais e xustificadas poderá consistir en sesións gravadas en vídeo e postas a disposición do alumnado, respectando os horarios oficiais.
Recordatorio sobre a normativa relevante:
RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2011 pola que se publica o Regulamento de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de títulos, aprobado polo Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011.
(...)
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dun exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia dará lugar á cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a creación de obras plaxiadas ou obtidas de fontes accesibles ao público sen reelaboración nin reinterpretación e sen citar os autores e fontes.
(...)
INSTRUCIÓN Nº 1/2017, DA SECRETARÍA XERAL, SOBRE A RENUNCIA Á ASISTENCIA A CLASES EN DETERMINADAS CIRCUNSTANCIAS
(...)
O alumnado, segundo o artigo 33.g) dos Estatutos da Universidade, ten dereito a “un plantexamento e deseño de actividades académicas que faciliten a conciliación dos estudos coa vida persoal, familiar e laboral”. Pero, segundo o seu artigo 130.2, tamén ten o deber de “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias en horario lectivo”. No seu desenvolvemento promulgouse o Regulamento de asistencia ás clases adaptadas ao EEES (2010), que establece o posible impacto da asistencia ás clases nos sistemas de avaliación a través das guías docentes das materias; así como a forma de xustificar as ausencias puntuais e ocasionais, e os seus efectos.
(...)
5.- ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS
O alumnado con necesidades educativas especiais poderá optar por solicitar unha planificación e seguimento da súa actividade académica que se adapte ás súas necesidades ou solicitar unha exención de clase e establecer o
adaptación ao sistema de avaliación. A xunta do Centro ou órgano en que delegue aprobará o planeamento que considere oportuno e comunicarao a todos os Departamentos afectados.
Sara Fernandez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811606
- Correo electrónico
- sara.fernandez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 4 |
21.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 4 |
21.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 4 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 4 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 4 |