Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Organización de Empresas, Área externa M.U en Desenvolvemento Económico e Innovación
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Comprender a importancia de saber explotar oportunidades e ideas innovadoras e a necesidade de contar co maior número de persoas, axentes ... tanto internos como externos á organización para o desenvolvemento de ideas innovadoras. Pasa de Innovación 1.0 a Innovación 6.0.
• Familiarizarse cos procesos e metodoloxías de innovación que permiten transformar ideas en produtos, procesos, servizos que chegan ao mercado.
• Coñecer o sistema de normalización e o seu impacto nas organizacións.
• Comprender as distintas normativas de I+D+i e o proceso para a súa implementación.
A EVOLUCIÓN DA INNOVACIÓN EMPRESARIAL
As fases da innovación 6.0
Innovación aberta. Co-creación
METODOLOXÍAS E PROCESO DE INNOVACIÓN
Proceso e metodoloxías
Diagnóstico e perfil innovador dunha empresa
Proceso de innovación en 8 pasos
Normalización, certificación, acreditación
NORMAS DE XESTIÓN DA INNOVACIÓN
A familia de normas UNE 166000
UNE 166002 Requisitos do sistema de xestión da I+D+i
UNE 166001 Requisitos dun proxecto de I+D+i
UNE 166006 Vixilancia tecnolóxica
UNE 166008 Transferencia de tecnoloxía
Proceso de implantación
NORMAS PARA A ECOINNOVACIÓN
Ecodiseño (ISO 14006)
Ecoeficiencia (ISO 14045)
Brown, T. (2020). Diseñar el cambio: cómo el design thinking puede transformar las organizaciones e inspirar la innovación. Ediciones Urano.
Chesbrough, H. (2009). Innovación abierta: nuevos imperativos para la creación y el aprovechamiento de la tecnología. Plataforma Editorial, Barcelona.
Christensen, C. M. (2020). El dilema de los innovadores. Ediciones Granica S.A., Buenos Aires.
De Bono E. (2012). Seis sombreros para pensar. Paidós, Barcelona.
Fernández Sánchez, E. (2005). Estrategia de Innovación. Thomson.
Kaplan, R. S., & Norton, D. P. (2000). Cómo utilizar el cuadro de mando integral: para implantar y gestionar su estrategia. Gestión, Barcelona.
Kim, W. C., & Mauborgne, R. (2015). La estrategia del océano azul: Crear nuevos espacios de mercado donde la competencia sea irrelevante. Profit Editorial.
Martínez Villaverde, L. (2006). Gestión del cambio y la innovación en la empresa: un modelo para la innovación empresarial. Ideas propias Editorial SL., Barcelona.
Morcillo, P. (2006). Cultura e innovación empresarial: la conexión perfecta. Thomson, D.L., Madrid.
Osterwalder, A., & Pigneur, Y. (2011). Generación de modelos de negocio. Deusto, Barcelona.
Ries, E. (2013). El método Lean Startup: Cómo crear empresas de éxito utilizando la innovación continua. Deusto, Barcelona.
Recursos electrónicos
AENOR. (2021). Gestión de la I+D+i: Requisitos del Sistema de Gestión de la I+D+i. UNE 166002:2021.
AENOR. (2020). Sistemas de gestión ambiental. Directrices para incorporar el ecodiseño. UNE-EN ISO 14006:2020.
AENOR. (2006). Gestión de la I+D+i: Requisitos de un proyecto de I+D+i. UNE 166001:2006.
AENOR. (2018). Gestión de la I+D+i: Sistema de vigilancia e inteligencia. UNE 166006:2018.
AENOR. (2012). Gestión de la I+D+i: Transferencia de tecnología. UNE 166006:2012.
AENOR. (2012). Gestión ambiental. Evaluación de la ecoeficiencia del sistema del producto. Principios, requisitos y directrices. UNE-EN ISO 14045:2012.
ISO (2020). Innovation management – Fundamentals and vocabulary. ISO 56000:2020
OECD/Eurostat (2018), Oslo Manual 2018: Guidelines for Collecting, Reporting and Using Data on Innovation, 4th Edition, The Measurement of Scientific, Technological and Innovation Activities, OECD Publishing, Paris/Eurostat, Luxembourg, https://doi.org/10.1787/9789264304604-en.
Competencias básicas
• Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos.
• Saber comunicar conclusións – e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados de unha maneira clara e sen ambigüidades.
• Adquirir as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando de un modo que haberá de ser un gran medida auto-dirixido ou autónomo.
Competencias transversais
• Comunicación oral e escrita
• Organización e planificación
• Razoamento crítico
• Traballo en equipo
• Sensibilidade a problemas sociais e ambientais
• Creatividade e capacidade innovadora
• Competencia para a busca e xestión de información e datos
Competencias específicas
• Coñecer e aplicar as técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa en economía e das ferramentas de diagnóstico para poder elaborar estudios e informes de carácter científico, técnico e de consultaría no ámbito de sustentabilidade, a economía ecolóxica, a economía circular e a innovación.
• Coñecer os diferentes instrumentos para deseñar, analizar, avaliar e xestionar plans estratéxicos e programas para promover a I+D, a innovación, a sustentabilidade e a economía circular nos diferentes niveis de goberno (europeo, estatal, rexional e local).
• Concibir, deseñar, por en práctica e xestionar programas e accións de I+D, economía circular, innovación o desenvolvemento sectorial nos ámbitos propios de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial).
• Avaliar, planificar, presupostar e xestionar proxectos de I+D e de innovación tanto en organismos públicos como nas empresas.
Nas sesións expositivas explicaranse os contidos fundamentais dos temas que conformar o programa, salientando os aspectos máis relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas tratase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para isto, realizaranse estudos de casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións propostas polo profesorado. Coas lecturas pretendese que o alumnado acceda ás fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiaricen con autores destacados, coñezan experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolvan a capacidade de análise, síntese e de argumentación. Adicionalmente, poderán elaborar diversos traballos en grupo e defendelos oralmente en clase. Con todo isto, pretendese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades analíticas, de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a busca de información na biblioteca, hemeroteca ou en bases de datos e a elaboración de diversos traballos en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirá para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronta o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canal de retro-alimentación sobre os resultados deste. As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderanse realizar parcialmente de maneira virtual, tanto sincrónica (a través da plataforma institucional MS Teams) como asíncrona (campus virtual ou correo electrónico institucional). Durante o curso, utilizaranse a “aula virtual” para as tarefas de comunicación, docencia e avaliación.
A avaliación da materia se leva a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propio da materia, entrega de exercicios e casos ou a participación activa cun peso na avaliación final dun 40% e un exame final centrado fundamentalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos cun peso na avaliación final dun 60%.
Para poder sumar a nota da avaliación continua é necesario que o alumando obteña unha nota maior ou igual a 2,5 (sobre seis) no exame. Para aprobar a materia é necesario que a nota agretada de exame e actividades sexa tamén maior ou igual a cinco (sobre dez).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase, seguindo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispénsaa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que supoñerá o 100% da cualificación.
A materia é de 3 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, tutorías e avaliación): 24.
Traballo persoal do alumno: 51
Non existen requisitos previos, aínda que é recomendable dispor de coñecementos básicos de organización de empresas. Ademais, para maximizar a aprendizaxe, é recomendable que o alumnado asista con regularidade as sesións expositivas e interactivas, participe activamente nas actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía recomendada.
Analia Lopez Carballeira
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- analia.lopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
09.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
09.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
12.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |