Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia organízase coa finalidade de que o alumnado dispoña dun coñecemento amplo sobre os distintos indicadores de sustentabilidade e innovación dende unha perspectiva teórica e práctica. Ademais de atender ás definicións e interpretación dos indicadores esenciais en sendas temáticas, preténdese dotar de capacidades para o manexo de bases de datos e a depuración destes. A finalidade é obter información relevante e útil para a elaboración de estudos e informes científicos, técnicos e de consultaría en materia de sustentabilidade, consumo e comercio de materiais, economía circular e innovación.
Os contidos da materia divídense en dous grandes bloques (indicadores de sustentabilidade e indicadores de innovación). En cada un deles desenvolveranse unha serie de contidos relativos aos distintos indicadores e bases de datos dispoñibles sobre cada temática:
I. Ferramentas para a análise empírica da economía ecolóxica
a. Medición de impactos: emisións, contaminación do solo, auga e aire. A pegada ecolóxica e a pegada hídrica. Impactos sobre os ecosistemas e sobre os seres humanos
b. Indicadores de Crecemento Verde
c. Indicadores de Benestar Sustentable
d. Táboas Input-Output e contabilidade ambiental
e. Medición de Fluxos de Materiais e Enerxía
f. Comercio de materiais
g. O Marco Europeo de Monitoreo da Economía Circular
II. Indicadores de Innovación
a. Manual de Frascati e estatísticas de I+D
b. Manual de Oslo e estatísticas de innovación
c. Bases de datos de patentes e bibliométricas
d. A medición do desempeño innovador: a "European Innovation Scoreboard" e o índice sintético de innovación
Bibliografía básica:
- Baldarelli, M.-G., Del Baldo, M., & Nesheva-Kiosseva, N. (Eds.). (2017). Environmental Accounting and Reporting: Theory and Practice.
- Casado Raigón, J. M., & Santamaría Belda, M. (2003). Contabilidad ambiental. Antecedentes internacionales. https://idus.us.es/handle/11441/97176
- Chelli, F. M., Ciommi, M., & Gigliarano, C. (2013). The Index of Sustainable Economic Welfare: A Comparison of Two Italian Regions. Procedia - Social and Behavioral Sciences, 81, 443-448. https://doi.org/10.1016/j.sbspro.2013.06.457
- European Union. (2021). European Innovation Scoreboard 2021.
- OECD. (2015). Frascati Manual 2015: Guidelines for Collecting and Reporting Data on Research and Experimental Development. Organisation for Economic Co-operation and Development. https://www.oecd-ilibrary.org/science-and-technology/frascati-manual-20…
- OECD. (2017). Green Growth Indicators 2017. https://www.oecd-ilibrary.org/content/publication/9789264268586-en
- OECD. (2018). Oslo Manual 2018: Guidelines for Collecting, Reporting and Using Data on Innovation, 4th Edition. Organisation for Economic Co-operation and Development. https://www.oecd-ilibrary.org/science-and-technology/oslo-manual-2018_9…
- UN. (2021). The Use of Natural Resources in the Economy: A Global Manual on Economy Wide Material Flow Accounting.
Bibliografía complementaria:
- Bebbington, J., Larrinaga, C., O’Dwyer, B., & Thomson, I. (Eds.). (2021). Routledge Handbook of Environmental Accounting (1.a ed.). https://www.routledge.com/Routledge-Handbook-of-Environmental-Accountin…
- Hanna, K. (Ed.). (2022). Routledge Handbook of Environmental Impact Assessment. Routledge.
- WTO, & UN. (2018). Making trade work for the environment, prosperity and resilience. https://www.wto.org/english/res_e/publications_e/unereport2018_e.pdf
- UN. (2021). Trade and Environment Review 2021. https://unctad.org/system/files/official-document/ditcted2020d3_en.pdf
Entre as competencias transversais (coñecementos e capacidades de utilidade xeral) atópanse as seguintes:
- CT2 - Organización e planificación
- CT4 - Autonomía na aprendizaxe
- CT5 - Traballo en equipo
- CT7 - Creatividade e capacidade innovadora
- CT8 - Competencia para a procura e xestión de información e datos
Entre as competencias específicas (coñecementos e capacidades aplicadas) atópanse as seguintes:
- CE3 - Localizar, seleccionar e analizar información e fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación no estudo do desenvolvemento económico, da innovación e a sustentabilidade.
- CE4 - Coñecer e aplicar as técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa en economía e as ferramentas de diagnóstico para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultaría no ámbito da sustentabilidade, da economía ecolóxica, a economía circular e a innovación.
- CE13 - Adquirir capacidade e habilidades para o manexo de ferramentas de avaliación cuantitativa e cualitativa de carácter circular dos produtos, procesos e actividades produtivas.
Esta materia constitúese como obrigatoria, cun total de 3 créditos ETCS que se corresponden cun total de 75 horas. A distribución destas horas é a seguinte: 21 horas de clase (9 clases teóricas e 12 clases prácticas), 3 horas de titorías e 1 hora dedicada á realización do exame. As 50 horas restantes correspóndense co traballo persoal do alumnado. O reparto entre clases teóricas e prácticas pode variar en función das necesidades docentes.
O traballo na aula partirá da explicación da teoría e das distintas bases de datos dispoñibles para cada indicador por parte do docente seguindo o esquema de contidos presentado. O alumnado dispoñerá dun esquema para cada unha das temáticas abordadas na materia, así como de instrucións precisas en canto a elaboración das actividades propostas.
As clases organizaranse de xeito dinámico, de tal modo que seguida da explicación teórica dun grupo de indicadores se proceda a realización de actividades prácticas sobre o seu manexo (obtención, depuración e elaboración de informes). Esta actividade poderá acompañarse de lecturas de interese coa finalidade de amosar a utilidade e potencialidade destas ferramentas. O tipo concreto de actividade práctica pode variar en función dos contidos de cada tema.
Para cada un dos bloques temáticos (indicadores de sustentabilidade e de innovación) proporase a realización dunha actividade seguindo a metodoloxía da clase invertida. Tras dividir a clase en pequenos grupos de traballo, cada un deles será responsable de explicar algúns dos contidos da materia.
Tanto nas clases teóricas como especialmente nas clases prácticas, buscarase e valorarase positivamente a participación activa do alumnado. Tamén se fomentará a discusión dos resultados das actividades elaborados por cada persoa ou grupo de traballo co resto da clase.
O sistema de avaliación único consistirá na realización dun exame final máis na valoración acadada na avaliación continua da materia. Nesta avaliación continua valoraranse os resultados obtidos a partir das tarefas encargadas polo docente e a participación activa na aula. Cada elemento da avaliación consta das seguintes ponderacións:
- Exame: ata 5,5 puntos.
- Traballos e presentación dos resultados: ata 3,5 puntos.
- Participación activa na aula: ata 1 punto.
Para superar a materia será preciso acadar cando menos un 40% na valoración do exame (2,2 puntos) e un 40% na avaliación continua (1,8 puntos). Se nalgunha das dúas partes da avaliación non se acada a valoración mínima requirida, a materia non será superada.
Respecto ós traballos que podan encargarse, a realización fraudulenta dalgunha das tarefas dará lugar a aplicación do establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, ademais do proceso disciplinario que poda implicar dita falta.
O tempo de traballo autónomo establecido computa por un total de 50 horas. Estímase que para a superación da materia deberase dedicar un tempo de estudo e traballo autónomo aproximado de entre 3,5 e 4,5 horas semanais. Esta estimación ten carácter indicativo e dependerá en gran medida do traballo na aula e da dedicación na realización das actividades solicitadas, ademais da base de coñecementos, actitude e aptitude de cada persoa.
O tempo de traballo autónomo establecido computa por un total de 50 horas. Estímase que para a superación da materia deberase dedicar un tempo de estudo e traballo autónomo aproximado de entre 3,5 e 4,5 horas semanais. Esta estimación ten carácter indicativo e dependerá en gran medida do traballo na aula e da dedicación na realización das actividades solicitadas, ademais da base de coñecementos, actitude e aptitude de cada persoa.
Hugo Campos Romero
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- hugo.campos.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |
10.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
09.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
09.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
10.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |