Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Economía Aplicada
Áreas: Área externa M.U en Desenvolvemento Económico e Innovación, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
a) Coñecemento da estrutura e obxectivos dos grandes programas de I+D e innovación a nivel europeo, español e galego.
b) Coñecemento dos instrumentos existentes nas políticas de I+D e de innovación para o estímulo da innovación e a dinamización do sistema de innovación a nivel europeo, español e galego.
Eses coñecementos servirán de base para deseñar, xestionar e avaliar programas e políticas de I+D e innovación
Tema 1. A política europea de innovación
- Consideracións sobre o modelo da política europea de innovación: situación da innovación e orientación das políticas
- Estrutura da política europea de innovación: os grandes programas. Dos Programas Marcos de I+D ao Programa Horizonte 2020
- A política rexional europea e a innovación
- Análise internacional comparada: situación da innovación e orientación das políticas
Tema 2. A política española de innovación
- A política de investigación
- A política de innovación
- Os Plans Nacionais de I+D+i e outros programas de apoio á innovación
Tema 3. A política galega de innovación
- A política de innovación en Galicia
- Os Plans Galegos de I+D+i
- Os Programas de apoio á I+D e innovación en Galicia
Tema 4. Avaliación de políticas e programas de I+D e innovación
- A avaliación das políticas científicas, tecnolóxicas e de innovación. Definición, tipos, procedemento e implicacións
Tema 5. As novas políticas de innovación
- As políticas estratéxicas de innovación (Targeted policies) e a súa aplicación a novos sectores (biomedicina, capital risco, ...)
- As estratexias de especialización intelixente. A Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3)
- A compra pública innovadora como instrumento de política de innovación
Bibliografía básica
Para cada tema o alumnado contará cos materiais e/ou presentacións elaborados polo profesorado.
Bibliografía complementaria
Só se enumeran as referencias consideradas básicas, que serán complementadas con material de carácter máis específico que se lle proporcionará aos alumnos, en particular, os distintos plans e programas de apoio á innovación.
AVNIMELECH, G. e TEUBAL, M. (2008): “Evolutionary targeting”, Journal of Evolutionary Economics, 18, pp. 151–166.
BIEGELBAUER, P. e BORRÁS, S. (Eds.) (2003): Innovation Policies in Europe and the US: The New Agenda, Aldershot, Ashgate.
COTEC (2015), Informe Cotec 2015.
FECYT (2007), I+D e innovación en España: mejorando los instrumentos, OCDE.
FORAY, D. (2011): Smart specialisation: From academic idea to political instrument, the surprising destiny of a concept and the difficulties involved in its implementation. Prepared for conference on European Integration process in the new regional and global settings, October 19–20,Warsaw.
FORAY, D., DAVID, P. e HALL, B. (2009): Smart specialisation – the concept. Knowledge Economists Policy Brief, no. 9. Brussels: European Commission.
GONZÁLEZ-LÓPEZ, M. e ASHEIM, B. (eds.) (2020): Regions and Innovation Policies in Europe. Learning from the Margins, Cheltenham, Edward Elgar.
HEIJS, J. (2001): Política tecnológica e innovación: evaluación de la financiación pública de I+D en España, Madrid, Consejo Económico y Social.
LAREDO, P. e MUSTAR, P. (eds.) (2001), Research and Innovation Policies in the New Global Economy. An International Comparative Analysis, Cheltenham, Edward Elgard.
MOLERO, J. (2001), Innovación tecnológica y competitividad en Europa, Ed. Síntesis.
Revista Madri+d, monográfico decembro 2008, Las comunidades autónomas frente a la I+D+i.
SEBASTIÁN, J. e MUÑOZ, E. (eds) (2006), Radiografía de la investigación pública en España, Biblioteca, Nueva.
VENCE, X. (1995), Economía de la Innovación y del cambio tecnológico, Siglo XXI. VENCE, X. (1998): Industria e innovación, Vigo, Xerais.
VENCE, X. (coord) (2007), Crecimiento y políticas de innovación, Pirámide.
VENCE, X. (dir.) (1998): La política tecnológica comunitaria y la cohesión regional. Los retos de los sistemas de innovación periféricos, Madrid, Civitas.
VENCE, X. e METCALFE, J. S. (1996), Wealth from diversity: innovation, structural change and finance for regional development in Europe, Dordrecht, Kluwer Academics.
Competencias básicas:
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Saber comunicar conclusións –e os coñecementos e razón últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades
- Adquirir as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
Competencias transversais:
- Comunicación oral e escrita
- Autonomía na aprendizaxe
- Traballo en equipo
- Competencia para a busca e xestión da información e datos
Competencias específicas:
- Coñecer a regulación ambiental vixente e as políticas e programas de apoio e incentivación da eco-innovación e a economía circular
- Coñecer as diferentes componentes dos sistemas de innovación e as políticas e programas de apoio e incentivación da I+D e a innovación a nivel europeo, español e galego
- Coñecer os diferentes instrumentos para deseñar, analizar, avaliar e xestionar plans estratéxicos e programas para promover a I+D, a innovación, a sustentabilidade e a economía circular nos diferentes niveis de goberno (europeo, estatal, rexional e local)
- Concebir, deseñar, poñer en práctica e xestionar programas e accións de I+D, economía circular, innovación ou desenvolvemento sectorial nos ámbitos propios de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial)
- Comunicar cos colegas, coa comunidade académica, coa profesional, coa Administración Pública e coa sociedade en xeral acerca das diversas áreas de coñecemento no campo da sostibilidade, a economía circular e a innovación
- Avaliar, planificar, orzamentar e xestionar proxectos de I+D e de innovación tanto en organismos públicos como nas empresas
Combinaranse as clases teóricas con outras actividades de contido máis práctico, como lectura e discusión de textos e a busca e análise de información. Propoñeranse a realización de actividades individuais ou en grupo, que deberán ser expostas polo alumnado, tratando de incentivar o debate, a discusión e a capacidade de crítica.
Tendo en conta o carácter da materia, contémplanse as visitas a parques científicos, centros tecnolóxicos, organismos públicos de investigación ou infraestruturas singulares de investigación para coñecer in situ a súa actuación.
Poderá contarse para o desenvolvemento dalgúns contidos desta materia con relatores estranxeiros, que impartirán estas conferencias en inglés.
A materia utiliza o Campus Virtual como medio de apoio e complementario á docencia presencial.
Esta materia conta con guía docente a disposición do alumnado no Campus Virtual.
Para a comunicación co alumnado combínanse distintas canles: correo electrónico, foros no Campus Virtual, MS Teams.
O sistema de avaliación da materia combina unha proba obrigatoria centrada na avaliación dos coñecementos adquiridos (60% da nota) e a avaliación continua (40% da nota), na que se teñen en conta a asistencia e participación activa na clase e a realización das actividades propostas ao longo do curso. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada no Campus Virtual ao comezo do curso.
O sistema de avaliación mantense para a avaliación ordinaria e para a segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de 3 créditos ECTS e cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo do estudante. Polo tanto, as horas de traballo total do estudante son 75, que se distribúen en 9 horas teóricas, 12 interactivas, 3 de titorías, 1 de avaliación e 49 horas de traballo do estudante non presenciais.
Recoméndase o seguimento das clases, a realización de todas as actividades propostas e o traballo continuado ao longo do curso.
Maria Del Carmen Sanchez Carreira
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811647
- Correo electrónico
- carmela.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
13.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
20.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |