Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos xerais deste prácticum son os seguintes:
Que os e as estudantes poñan en práctica os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nas diversas materias do máster, incorporándoos nas distintas institucións, organizacións ou empresas ás que se incorporen ou na súa práctica laboral.
Confrontar estes coñecementos coa praxe, facéndose conscientes por unha banda das dificultades da súa posta en marcha en situacións reais de traballo e, por outro, enriquecéndoos cun constante proceso de retroalimentación entre reflexión e práctica.
Adquirir hábitos de traballo en equipo e de aprendizaxe a través da experiencia de persoas expertas nos diversos ámbitos laborais.
Incorporar, coa súa presenza, a perspectiva do director de actividades educativas na natureza adquirida durante a formación ás empresas, organizacións e institucións nas que se incorporen.
Visibilizar as capacidades adquiridas durante o master facendo operativas as estratexias e ferramentas para implementar a perspectiva do director de actividades educativas no medio natural.
Dar a coñecer a institucións, organizacións e empresas o perfil profesional de experto/a en estudos interdisciplinares no medio natural.
A realización do practicum terá lugar en contacto directo con institucións e organizacións educativas públicas e/ou privadas, seleccionadas pola comisión de docencia do master, que permitan o desenvolvemento experiencial, a media responsabilidade como máximo, de todos os contidos do master. Os convenios a asinar establecerán a forma operativa de desenvolvemento, tendo en conta os seguintes criterios xerais:
1.- Haberá actividades de desenvolvemento individual e outras de desenvolvemento colaborativo;
2.- Cada alumno/a disporá dun/ha profesor/a-titor/a de referencia que supervisará o conxunto das prácticas;
3.- Cada alumno/a disporá dun titor/a no centro de desenvolvemento que será a súa referencia directa;
4.- Poderá haber actividades de preparación conxunta previas á estancia no centro e de reflexión conxunta, posteriores a devandita estancia.
5.- O conxunto de documentación elaborada (xa sexa individual e/ou colectiva) poderá ser a fonte básica da elaboración do Traballo Fin de Máster.
Debido a que a temática das diferentes investigacións é moi ampla, a bibliografía específica de cada unha será consensuada con cada titor/a de prácticum.
4.1- Básicas:
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro, sen ambigüidades e os requisitos exixibles a todo traballo científico.
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, moitas veces nun contexto de investigación
4.2.- Específicas.
Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornas naturais, en concreto saberá deseñar unha actividade educativa orixinal sobre unha contorna natural previamente elixido.
Que os estudantes sexan capaces de coordinar e dirixir organizacións relacionadas coa educación en contornas naturais.
Que os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primigenios.
Que os estudantes teñan coñecementos integrais sobre o que é un medio natural.
Que os estudantes adquiran habilidades para a xestión, a toma de decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se poidan presentar na organización e desenvolvemento de actividades.
Que os estudantes sexan capaces de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais e desenvolver a capacidade de intercomunicación
As horas que esixen da presenza do alumnado oriéntanse á preparación e/ou reflexión sobre a estancia formativa nas institucións de referencia.
A fase de estancia poderá ter visitas do supervisor/a de cada alumno/a.
En devandita estancia o alumno/a asumirá unha función plenamente profesional e a disposición das necesidades da institución de acollida.
O prácticum será valorado desde dúas instancias distintas:
1.- A supervisión do máster, que terá en conta a participación activa nas sesións previas e posteriores, a actitude de colaboración e a memoria e dossier de documentación recompilada. Esta valoración será do 50% do total.
2.- O/A titor/a da institución, que valorará, de acordo coa documentación proposta pola comisión do prácticum, o axuste ás competencias profesionais que debe asumir na estancia na institución en todos os elementos de desenvolvemento. Esta valoración será do 50% do total.
Para superar a materia é necesario acadar o aprobado nas dúas partes independentemente.
TRABALLO PRESENCIAL Horas
Clase presencial en grupo completo (Orientacións para a estancia e reflexións da mesma) 6
Titorías individuis e/ou en grupo pequeno. 6
Recopilación de documentación xeral da experiencia. 8
Outras tarefas co profesor/a da materia (especificar):
TOTAL horas de traballo presencial 20
TRABALLO PERSONAL Horas
Estudo autónomo individual e/ou en grupo. 10
Escritura de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia 10
Lecturas recomendadas e búsquedas bibliográficas 10
Estancia activa. 100
Outras tarefas propostas polo profesor/a da materia (especificar):
TOTAL horas de traballo persoal do alumnado 130
Este máster capacita para a dirección de grupos e a toma de decisións responsables en relación con actividades físico deportivas en contornas naturais. É necesario que os alumnos e alumnas teñan actitudes positivas en todas aquelas cuestións que fan referencia a calidades persoais que apuntan cara ao desenvolvemento desas capacidades.
Algún aspecto deste programa pode sufrir variacións conforme ás dispoñibilidades de tempos e espazos, ou importantes prioridades na formación básica. Estas variacións serán debidamente comunicadas ao alumnado en tempo e forma.
10.06.2025 18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 30 |
10.07.2025 16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 30 |