O Máster ten como finalidade a formación de expertos que: 1) sexan conscientes da complexidade da xestión dos fluxos de materiais e enerxía e 2) estean dotados das competencias para a implantación dos principios da Economía Circular nas empresas e institucións públicas e privadas desde unha perspectiva multidisciplinar. Cabe destacar que nun futuro próximo será necesario dispoñer de expertos cunha ampla formación en Economía Circular capaces de identificar toda a complexidade da problemática e actualmente esta formación multidisciplinar non a reciben en ningunha das titulacións de acceso nin tampouco en ningún dos Máster que se están impartindo nas 3 universidades implicadas.
Máster Universitario en Economía Circular
Duración:
2 anos académicos
Código RUCT: 3500268
Número de ECTS: 90
Número prazas: 10
Decano/a ou director/a do centro:
XOAN RAMON DOLDAN GARCIA
xoan.doldan [at] usc.es
Coordinador-a do título:
Maria Angeles Pereira Sanchez
angeles.pereira [at] usc.es
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Universidade coordinadora:
Universidade de Vigo
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña
Universidade de Vigo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
15/07/2024
Data de publicación no BOE:
29/11/2024
Data da última acreditación:
28/01/2019

Obrigatorias: 60
Optativas: 0
Prácticas externas OB: 12
Traballo fin de máster: 18
Total ECTS: 90
O programa de Máster estrutúrase ao redor de tres cuadrimestres de 30 ECTS cada un. Os dous primeiros estarán dedicados á impartición dos coñecementos incluídos nas materias obrigatorias as cales, á súa vez, estarán estruturadas en 5 módulos.
O terceiro cuadrimestre (2º curso) estará constituído por un único módulo, destinado ás Prácticas Externas (12 ECTS) e ao Traballo Fin de Máster (18 ECTS).
Debates e bases conceptuais
- P3472101
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 2 créditos
Problemas ambientais, ciclos globais e límites planetarios
- P3472102
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Problemas ambientais e contaminantes máis relevantes
- P3472103
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Economía ecolóxica e ambiental
- P3472104
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 4 créditos
Ecoloxía política
- P3472105
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 2 créditos
Imaxinarios sociotécnicos e economía circular
- P3472106
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Estratexias e políticas para a economía circular
- P3472107
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Estándares internacionais
- P3472108
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 2 créditos
Obtención de información medioambiental
- P3472109
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Dereito ambiental para unha economía circular
- P3472110
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 4,5 créditos
Deseño de produtos e servizos
- P3472111
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 3 créditos
Ordenación do territorio e metabolismo urbano
- P3472112
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 3,5 créditos
Ciencia, tecnoloxía e sociedade
- P3472113
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 2,5 créditos
Toma de decisións con múltiples partes interesadas
- P3472114
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 2 créditos
Modelos socioeconómicos para a economía circular
- P3472115
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 2,5 créditos
Papel do consumidor na economía circular
- P3472116
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 2 créditos
Tecnoloxías para a economía circular
- P3472117
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 3 créditos
Proxectos de economía circular en sectores estratéxicos
- P3472118
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 6 créditos
Aula profesional para a economía circular
- P3472119
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 6 créditos
Prácticas externas
- P3472120
- Obrigatorio
- 12 créditos
Traballo fin de máster
- P3472121
- Obrigatorio
- 18 créditos
Este máster está dirixido a unha ampla variedade de graduados e profesionais das macro áreas de Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Enxeñería e Arquitectura, con interese en especializarse no campo da economía circular.
Obrigatorias: 60
Optativas: 0
Prácticas externas OB: 12
Traballo fin de máster: 18
Total ECTS: 90
As Universidades participantes dispoñen de servizos de apoio e orientación ao estudantado, dirixidos a facilitar a incorporación de novo ingreso á universidade, e a prestar axuda ao longo do proceso de formación e aprendizaxe.
Os requisitos xerais de acceso ás titulacións de máster universitario son os recollidos no artigo 18 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade. Máis información no seguinte enlace:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/normativa/alumnado
- Desenvolver habilidades e coñecementos para liderar e impulsar a transición do modelo lineal ao modelo de economía circular en organizacións e empresas.
- Identificar áreas específicas de actuación das multiR (redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reempregar, reciclar, recuperar) e desenvolver neses ámbitos soluciones técnicas sostibles.
- Aplicar os fundamentos do ecodeseño no deseño de produtos e servizos.
- Definir estratexias para a redución e xestión de residuos da organización e implementar técnicas de tratamento e valorización de materiais e residuos.
- Deseñar e implementar novos modelos de negocio circulares e colaborativos orientándoos cara á neutralidade climática, incluíndo os coñecementos necesarios para o desenvolvemento dun plan de negocio.
- Aplicar no desempeño da súa actividade a lexislación ambiental vixente en materia de sustentabilidade e as políticas económicas asociadas.
- Coñecer as razóns básicas dos problemas actuais relacionados coa contaminación.
- Coñecer os novos avances científico-técnicos que permitan minorar estes problemas.
- Impulsar o uso de tecnoloxías limpas e de fontes de enerxía renovables, así como o desenvolvemento de estratexias de xestión eficiente da auga e a enerxía.
- Promover e difundir os principios, fundamentos e vantaxes da economía circular, así como o compromiso da organización con esta novo paradigma e coa economía social.
- Empregar as tecnoloxías da información e as comunicacións e as novas tecnoloxías emerxentes para implementar e optimizar os modelos de economía circular.
- Coñecer diferentes ferramentas para o deseño de estratexias políticas en favor da circularidade económica e social
COM01 - Liderar e impulsar a transición do modelo lineal ao modelo de economía circular en organizacións e empresas. Deseñar proxectos e solucións, identificando os retos emerxentes, e aplicalos ás necesidades sociais da contorna social e económica.
COM02 - Xerar actuacións específicas no ámbito das multiR (redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reempregar, reciclar, recuperar a enerxía ) e desenvolver solucións técnicas sostibles. Tomar decisións informadas, valorando as consecuencias éticas das mesmas, así como o seu impacto e a responsabilidade profesional asociada.
COM03 - Integrar os fundamentos do ecodeseño no deseño de produtos e servizos.
COM04 - Formular estratexias para a redución e xestión de materiais excedentarios da organización e implementar técnicas de tratamento e valorización.
COM05 - Deseñar e implementar novos modelos de negocio circulares e colaborativos orientándoos cara á neutralidade climática. Planificar e coordinar tarefas en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares para contribuír á eficacia do traballo colaborativo.
COM06 - Revisar e integrar no desempeño da súa actividade a lexislación ambiental vixente en materia de sustentabilidade e as políticas económicas asociadas.
COM07 - Propoñer e impulsar o uso de tecnoloxías limpas e de fontes de enerxía renovables, así como o desenvolvemento de estratexias de xestión eficiente da auga e a enerxía.
COM08 - Promover e difundir os principios, fundamentos e vantaxes da economía circular, así como o compromiso da organización con esta novo paradigma e coa economía social.
COM09 - Adaptarse aos novos contextos dixitais de forma flexible e integrar as tecnoloxías da información e as comunicacións e as novas tecnoloxías emerxentes para implementar e optimizar os modelos de economía circular. Fomentar a aprendizaxe continua.
HAB01 - Empregar os conceptos, ferramentas e metodoloxías necesarios para afrontar os retos da transición do modelo lineal ao modelo circular da economía actual e futura. Debater e argumentar de forma construtiva as solucións aos retos.
HAB02 - Construír modelos de negocio innovadores capaces de liderar e impulsar a transición do modelo lineal ao modelo de economía circular en organizacións e empresas. Incluíndo a xeración dunha idea 8 de negocio sostible, o emprendemento, o desenvolvemento dun plan de negocio e a súa presentación e defensa ante as partes interesadas. Elaborar textos a distintos niveis técnicos, facilitando a súa comprensión ás persoas a quen vai dirixidos.
HAB03 - Utilizar as estratexias comunicativas apropiadas para comunicar conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
HAB04 - Implementar estratexias a medio e longo prazo que habiliten a evolución do modelo produtivo cara á sustentabilidade, tendo en conta o marco lexislativo actual pero tamén as políticas europeas e o desenvolvemento normativo derivante das mesmas.
HAB05 - Empregar ferramentas baseadas nas tecnoloxías da información e as comunicacións para a avaliación ambiental con obxecto de avaliar e comparar alternativas de valorización de residuos e correntes residuais, para seleccionar así a tecnoloxía máis sostible desde unha perspectiva holística e apoiar así o proceso de toma de decisión.
HAB06 - Desenvolver coñecementos que permitan ao estudantado enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas derivadas dos xuízos formulados.
CON01 - Describir os principios, conceptos e dimensións da economía circular en organizacións diversas, sexan estas públicas ou privadas, empresas mercantís ou sociais, ONG, ou organizacións doutro tipo, que promovan modelos de produción e consumo sostibles.
CON02 - Identificar as vantaxes e desafíos de facer a transición dunha economía lineal a unha economía circular, así como a súa contribución ao desenvolvemento sostible ambiental, económica, política e socialmente, avaliando os retos, barreiras e oportunidades asociados.
CON03 - Comprender os diferentes problemas ambientais e de recursos existentes na actualidade e a futuro, incidindo na conexión entre os devanditos problemas e os principais hábitos e sistemas de utilización de recursos das sociedades industriais, como principais causantes dos mesmos.
CON04 - Coñecer os novos avances científico-técnicos que permitan minorar os principais problemas relacionados coa contaminación, incluído o cambio climático.
CON05 - Enumerar os retos ambientais, económicos e sociais na transición dun marco lineal a un marco circular.
CON06 - Identificar e describir os diferentes compoñentes da cadea de valor, así como os principais axentes implicados na toma de decisión a diferentes niveis, adaptando así a necesaria perspectiva sistémica.
CON07 - Identificar e describir as diferentes técnicas de xestión de materiais excedentarios (x.e. residuos, subprodutos etc.)/ etc.), facendo especial énfase nas técnicas de transformación e valorización. Definir estratexias de xestión de residuos baseadas na protección ambiental e na eficiencia empresarial.
CON08 - Recoñecer o marco legal de aplicación, así como as normas de xestión ambiental nas que se apoia devandito marco (familia ISO 14000, ISO 26000 ) e a folla de ruta establecida por Nacións Unidas a través dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
CON09 - Recoñecer os principais estándares, ferramentas e métodos de avaliación ambiental; tales como a avaliación de impacto ambiental ou as ferramentas baseadas no pensamento de ciclo de vida.
CON10 - Recoñecer os métodos de eco-control que permiten analizar as oportunidades e os riscos en materia ecolóxica, tales como eco-balances, análises do fluxo de materiais, ou contabilidade ambiental.
CON11 - Identificar e describir o rol da enerxía na sociedade, o uso e abastecemento da enerxía e os impactos sociais e ambientais da enerxía convencional; avaliando eficiencia enerxética e deseñando a transición a fontes de enerxía de baixo impacto (enerxías renovables, hidróxeno) e as tecnoloxías limpas.
CON12 - Recoñecer os conceptos asociados á xestión da innovación, os sistemas de innovación, a eco-innovación, a innovación aberta e sostible, ou a perspectiva multi-nivel, e a súa achega á sustentabilidade do desenvolvemento de produtos/procesos/ servizos innovadores.
CON13 - Identificar as tecnoloxías da información e as comunicacións que permiten mellorar os sistemas de economía circular.
CON14 - Recoñecer a potencialidade real de circularidade.
CON15 - Identificar oportunidades estratéxicas de negocio que repercutan beneficios para a sociedade e o medioambente e xeren rendibilidade para a empresa a partir dos desafíos expostos pola transición cara a modelos de produción sostibles.
Mobilidade
Toda a información relativa á mobilidade entrante e saínte do estudantado pódese atopar nas seguintes ligazóns:
UVIGO: https://www.uvigo.gal/internacional/programas-mobilidade
UDC: https://www.udc.es/gl/ori/
USC: https://www.usc.gal/gl/admision/mobilidade
Prácticas
En relación ás condicións de realización das prácticas atenderase ao disposto na normativa do Sistema Universitario de Galicia. Durante a súa estancia o/a estudante integrarase na organización da empresa e coordinarase co resto de integrantes do equipo de traballo ao que sexa asignado. O/a estudante terá un titor dentro da empresa que lle guiará e supervisará nas tarefas específicas que terá que desenvolver dentro da mesma; e un titor académico que definirá xunto co titor da empresa, o marco xeral da actividade do/da estudante. A Comisión Académica Interuniversitaria elaborará as pautas relativas a: (i) procedemento de oferta e difusión das prácticas, (ii) criterios de asignación das prácticas ao estudantado, (iii) criterios de asignación de persoas titoras no ámbito académico, (iv) procedementos e rúbricas de avaliación e cualificación.
O Traballo Fin de Máster consistirá en desenvolver un traballo orixinal de forma individual e presentar e defender o mesmo ante un tribunal universitario. Identificar no problema para resolver ou proxecto as restricións sociais, xurídicas, de seguridade, ambientais, económicas e tecnolóxicas. Realizar, se procede, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética vinculada ao desenvolvemento do TFM. Comunicar de forma precisa e sen ambigüidades, tanto de forma escrita como oral, coñecementos, procedementos, argumentos, resultados, ideas e conclusións, a públicos especializados e non especializados no ámbito da economía circular. Integrar coñecementos, metodoloxías procedementais e competencias adquiridas previamente para resolver un problema relacionado co ámbito da economía circular na súa concepción máis ampla.