Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal é adquirir un coñecemento xeral dos principais conceptos relativos ao deseño sostible de procesos, produtos e servizos mediante o estudo de diferentes ferramentas de análises e avaliación ambiental. Preténdese que o alumno desenvolva destrezas para enfrontarse ao reto de mellorar o comportamento ambiental dun produto, proceso ou servizo e que coñeza e manexe algunha das ferramentas de soporte ao Ecodiseño.
Tema 1. Principios de sustentabilidade e economía circular: definicións, conceptos clave e obxectivos de desenvolvemento sostible.
Tema 2. Filosofía do Ciclo de Vida: fundamentos e metodoloxía, aplicación na análise de produtos e servizos e estudo de casos prácticos.
Tema 3. Ecodiseño: definicións, ferramentas de ecodiseño e estudo de casos prácticos. Aplicación da Valorización Estratéxica Ambiental a un produto. Ecoetiquetado.
Tema 4. Principio de innovación responsable en Economía circular: definición, características, metodoloxía e retos.
Bibliografía básica
• Baumann, H., Tillman, A.M. The Hitch Hiker´s Guide to LCA. An orientation in life cycle assessment methodology and application. Lund: Editorial Studentlitteratur, 2004. ISBN: 91-44-02364-2. Código BETSE: A244 15
Bibliografía complementaria
• Feijoo, G., Moreira, M.T. Análisis de ciclo de vida y huella de carbono. Casos prácticos. Research Gate, 2020. DOI: 10.13140/RG.2.2.11030.50240/1. Código: Acceso abierto
• McDonoug, W., Braungart, M. Cradle to Cradle (de la cuna a la cuna): Rediseñando la forma en que hacemos las cosas. Barcelona: McGraw-Hill, 2005. ISBN: 84-481-4295-0. Código BETSE: A234 14
• Muthu, S.S. Quantification of Sustainability Indicators in the Food Sector. Singapore: Springer, 2019. ISBN: 981-13-2408-5. Código acceso: disponible en línea
• Muthu, S.S. Assessment of Carbon Footprint in Different Industrial Sectors. Volume 1 & 2. Berlin: Springer, 2014. ISBN: 978-981-4560-40-5 (Vol. 1) & 978-981-4585-74-3 (Vol. 2). Código BETSE: 244 10
• Pacheco-Torgal F., Cabeza, L.F., Labrincha, J., de Magalhães A. Eco-efficient construction and building materials: life cycle assessment (LCA), eco-labelling and case studies. Philadelphia, PA: Woodhead Pub., 2014. ISBN: 9780857097729. Código acceso: disponible en línea
• Rosling, H., Rosling, O, Rosling, A. Factfulness: Diez razones por las que estamos equivocados sobre el mundo. Y por qué las cosas están mejor de los que piensas. Barcelona: Deusto, 2018. ISBN: 978-84-234-2996-7. Código BUSC: S3 396
• Vence, X. Economía circular transformadora y cambio sistémico: retos, modelos y políticas. Fondo de Cultura Económica, 2023. ISBN: 978-8437508184. Código ECMAM: 1092
Ao superar a materia, o alumno terá adquiridas as seguintes competencias:
COM01 - Liderar e impulsar a transición do modelo lineal ao modelo de economía circular en organizacións e empresas. Deseñar proxectos e solucións, identificando os retos emerxentes, e aplicalos ás necesidades sociais da contorna social e económica.
COM02 - Xerar actuacións específicas no ámbito das multiR (redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reutilizar, reciclar, recuperar a enerxía) e desenvolver solucións técnicas sostibles. Tomar decisións informadas, valorando as consecuencias éticas das mesmas, así como o seu impacto e a responsabilidade profesional asociada.
COM03 - Integrar os fundamentos do ecodiseño no deseño de produtos e servizos.
COM07 - Propoñer e impulsar o uso de tecnoloxías limpas e de fontes de enerxía renovables, así como o desenvolvemento de estratexias de xestión eficiente da auga e a enerxía.
CON12 - Recoñecer os conceptos asociados á xestión da innovación, os sistemas de innovación, a eco-innovación, a innovación aberta e sostible, ou a perspectiva multi-nivel, e a súa achega á sustentabilidade do desenvolvemento de produtos/procesos/servizos innovadores.
CON15 - Identificar oportunidades estratéxicas de negocio que repercutan beneficios para a sociedade e o medioambiente e xeren rendibilidade para a empresa a partir dos desafíos expostos pola transición cara a modelos de produción sostibles
HAB02 - Construír modelos de negocio innovadores capaces de liderar e impulsar a transición do modelo lineal ao modelo de economía circular en organizacións e empresas. Incluíndo a xeración dunha idea de negocio sostible, o emprendemento, o desenvolvemento dun plan de negocio e a súa presentación e defensa ante as partes interesadas. Elaborar textos a distintos niveis técnicos, facilitando a súa comprensión ás persoas a quen vai dirixidos
HAB03 - Utilizar as estratexias comunicativas apropiadas para comunicar conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CON06 - Identificar e describir os diferentes compoñentes da cadea de valor, así como os principais axentes implicados na toma de decisión a diferentes niveis, adaptando así a necesaria perspectiva sistémica.
CON10 - Recoñecer os métodos de eco-control que permiten analizar as oportunidades e os riscos en materia ecolóxica, tales como eco-balances, análises do fluxo de materiais, ou contabilidade ambiental.
Clases expositivas: nestas clases preséntanse os fundamentos teóricos de cada tema, tendo en conta os obxectivos establecidos previamente e as competencias que os alumnos deben adquirir. Empregaranse Presentacións (Lección maxistral) apoiadas con materiais audiovisuais que estarán dispoñibles na aula virtual ao finalizar cada tema, combinando as explicacións teóricas con proposta, discusión e resolución de cuestións teórico-prácticas para desta forma fomentar a participación e atención do alumno, así como facilitar a súa aprendizaxe e a asimilación de conceptos. Ofrecerase aos alumnos a posibilidade de realizar algún cuestionario relativo aos temas explicados en clase, a través da aula virtual, polo que recibirán unha puntuación de formará parte do apartado de Traballos/Actividades. Contarase, se é posible, coa participación de relatores/investigadores de prestixio que incidirán en temas relacionados coa temática da materia.
Clases interactivas de seminario: estarán centradas no estudo, discusión e/o resolución de casos prácticos (Resolución de problemas) que o profesor proporcionará aos alumnos previamente fomentando o estudo autónomo do estudante e o manexo de fontes bibliográficas (principalmente en inglés) e co obxectivo da aplicación das ferramentas presentadas nas clases expositivas. Realizarase algún caso práctico utilizando folla de cálculo (aplicación da ferramenta VEA) e un software específico (SimaPro®, estudo ACV). Todo o material que se traballe nos seminarios estará dispoñible na aula virtual da materia con antelación á realización do seminario correspondente para que os alumnos poidan preparar individualmente e/ou en grupo o seu contido (estudo previo). Moitos dos traballos realizaranse en grupo mediante unha aprendizaxe cooperativa, onde serán os propios alumnos os que “ensinen/aprendan” dunha maneira pro-activa cara á resolución dun problema específico. Por todo iso, os alumnos recibirán unha nota que formará parte da nota correspondente ao apartado de Traballos/Actividades.
Titorías grupais: Estas clases tuteladas están destinadas ao fomento do traballo autónomo dos alumnos e ás actividades de traballo en equipo, fomentando unha aprendizaxe cooperativa e colaborativa, onde serán os propios alumnos os que “ensinen/aprendan” dunha maneira proactiva. Cada alumno dispón de 1 hora de titoría grupal que será empregada para a formulación dun caso práctico (Traballo en grupo) centrado nun estudo de análise de ciclo de vida dun produto. Empregarase o debate para a discusión cos compañeiros doutros grupos sobre os casos de estudo baixo análise (problemas, limitacións, resultados esperados). Cada grupo entregará unha breve memoria final e realizará unha breve presentación oral do estudo de ACV correspondente. Cada alumno recibirá unha nota correspondente ao apartado de Titorías que puntuará a súa actitude e participación no debate.
A asistencia ás titorías grupais considéráse obrigatoria para superar a materia.
A asistencia á clase non será valorada pero recoméndase para a compresión da materia.
Relación entre as metodoloxías docentes e o desenvolvemento das competencias:
Actividade……………… Competencias
Clases expositivas………COM02, COM03, COM07, CON12, CON06, CON10
Seminarios………. …….COM01, COM02, COM03, CON15, HAB02, HAB03, CON10
Titorías grupais………..COM01, COM02, CON15, HAB03
Utilizaranse as aplicacións de Moodle (Campus virtual da USC) e USC MS Teams, como ferramentas de comunicación cos alumnos ofrecendo aos alumnos información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntamentos do profesor, así como artigos científico-técnicos, vídeos).
A cualificación do alumno é unha media ponderada do rendemento obtido en:
a) Exame de preguntas obxectivas (20% da cualificación). O exame constará de cuestionario tipo test con preguntas curtas a preto dos conceptos explicados en clase.
b) Traballos/Actividades (40% da cualificación). Os alumnos recibirán unha puntuación por todos os traballos (individuais e grupais) e polos cuestionarios que realicen e entreguen. Á memoria do caso práctico grupal correspóndenlle 1/3 da nota deste apartado.
c) A titoría grupal (10% da cualificación) será avaliada por medio da actitude/participación do alumno no debate.
d) Presentación oral (30% da cualificación) será avaliada considerando a actitude, interese e traballo persoal do alumno nas clases (1/3) así como a presentación do caso práctico (2/3).
Non superará a materia aquel alumno/a que non obteña un mínimo de 3 puntos sobre 10 no exame. No caso de non superar a materia na súa primeira oportunidade o alumnado deberá realizar de novo aquelas actividades que non superase, isto é, entregar novamente os traballos ou ben realizar o exame. A cualificación obtida naquelas actividades superadas na primeira oportunidade manterase na segunda. A distribución das cualificacións será a mesma que na primeira oportunidade.
As competencias para avaliar son as seguintes:
• Exame: COM02, COM03, COM07, CON12, CON06, CON10
• Traballos/Actividades: COM01, COM02, COM03, CON15, HAB02, HAB03, CON10
• Titoría grupal: COM01, COM02, CON12, CON15, HAB03, CON10
• Presentación oral: COM01, COM02, COM03, CON15, HAB02, HAB03, CON10
En caso de exercicios ou probas fraudulentas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e para a Revisión das Cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 3 ECTS que se reparten da forma que se sinala na táboa. As horas aula indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan. A carga total de traballo é de 75 horas implica que cada ECTS supoña 25 horas de traballo do alumno.
Distribución da actividade formativa en créditos ECTS:
Actividade……………….Horas aula…………………Traballo alumno…………Total
Clases maxistrais .…….…9.0……………………………9.0…………………18.0
Seminarios……………..….12.0………………………….35.0………………...47.0
Titorías grupo…….……....1.0……………………………3.0.…………………6.0
Exame e revisión ………..2.0…………………………....4.0………………….6.0
TOTAL………………..…..24.0…………………………. 51.0…………..…….75.0
Para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais sobre: inglés (nivel de lectura) e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario.
Recoméndase a asistencia a clase e a participación activa do alumno nas mesmas, recoméndase tamén que se asista a clase e que se estude de forma continua a materia e que se faga uso da aplicación informática dispoñible na USC correspondente á materia, #de acordo con as indicacións sinaladas anteriormente.
Idioma: A materia será impartida en castelán, pero poderá utilizarse bibliografía en inglés para a realización de traballos ou consulta de información.
É necesario o uso do campus virtual así como de USC MS Teams.
Sara Gonzalez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816806
- Correo electrónico
- sara.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 7 |
Mércores | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 7 |
Xoves | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 7 |
27.02.2026 16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 7 |