Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os principios, técnicas e recursos didácticos para dar resposta ás dificultades asociadas ao uso das distintas linguaxes en matemáticas, nas etapas de Educación infantil e primaria.
- Coñecer a influencia das compoñentes afectivas no proceso de ensino-aprendizaxe da matemática na Educación infantil e primaria.
- Adquirir a capacidade de resolver situacións prácticas relativas ás dificultades da aprendizaxe da matemática.
- Adquirir a capacidade para redactar e avaliar tarefas auténticas en matemáticas.
- Adquirir a capacidade para promover actividades metacognitivas e de autorregulación na aula de matemáticas.
1. As linguaxes da matemática
Importancia do uso simultáneo das distintas linguaxes na actividade matemática
2. Compoñentes afectivos
Actitudes cara as matemáticas
Ansiedade matemática
Influencia dos compoñentes
3. Análise e estudo de casos prácticos
Dificultades en contexto
Resposta ás dificultades
Metacognición en matemáticas
Tarefas auténticas e tarefas estándar
Implementación práctica de actividades metacognitivas na aula
Bibliografía básica:
Chamorro, M. C. (Ed.), González, E. F. (Coord.) (2001). Dificultades del aprendizaje de las matemáticas. España: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Gamboa Araya, R. (2014). Relación entre la dimensión afectiva y el aprendizaje de las matemáticas. Revista Electrónica Educare, 18(2), 117–139. https://doi.org/10.15359/ree.18-2.6
Gómez-Chacón, I. M. (2000). Matemática emocional. Los afectos en el aprendizaje matemático. Narcea.
Miranda, A., Gil, D. M. (2000). Dificultades del aprendizaje de las matemáticas: un enfoque evolutivo. Archidona (Málaga): Aljibe.
Bibliografía complementaria:
Blanco, T. F., Diego-Mantecón, J. M., Sequeiros, P. G. (2018). Truncamiento de los vértices de un cubo. Comprensión en matemáticas, Uno : Revista de Didáctica de las Matemáticas, 80 (2), 27-34.
McLeod, D. B. (1989). Beliefs, Attitudes, and Emotions: New Views of Affect in Mathematics Education. En D. B. McLeod e V. M. Adams (Eds.), Affect and Mathematical Problem Solving: A New Perspective (pp. 245-258). Springer-Verlag.
Munro, J. (1995). SUCCESS in learning mathematics : A learning strategies approach. Hawthorn, VIC : Ed. Assist.
Munro, J. (2003). Dyscalculia: A unifying concept in understanding mathematics learning disabilities. Australian Journal of Learning Difficulties, 8(4), 25-32.
Kramarski, B., Mevarech, Z. R., Arami, M. (2002). The effects of metacognitive instruction on solving mathematical authentic tasks. Educational studies in mathematics, 49(2), 225-250.
Naya, M. C., Soneira, C., Mato, M. D., De la Torre, E. (2014). Cuestionario sobre actitudes hacia las matemáticas en futuros maestros de Educación Primaria. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación 1 (2), 141-149.
Orrantia, J., González, L. B., Vicente, S. (2005). Un análisis de los problemas aritméticos en los libros de texto de Educación Primaria. Infancia y aprendizaje, 28(4), 429-451.
Orrantia, J., Tarín, J., Vicente, S. (2011). El uso de la información situacional en la resolución de problemas aritméticos. Infancia y aprendizaje, 34(1), 81-94.
Phonapichat, P., Wongwanich, S., Sujiva, S. (2014). An analysis of elementary school students’ difficulties in mathematical problem solving. Procedia-Social and Behavioral Sciences 116, 3169-3174.
Soneira, C., Naya, M. C., Mato, M. D., De la Torre, E. (2015). Autoconcepto matemático de los estudiantes de grado de Educación Primaria. En Ramiro-Sánchez, T. y Ramiro, M.T. (2015). Avances en Ciencias de la Educación y del Desarrollo 2015. San Sebastián: Univ. de Granada. pp. 521-526.
Turner, R. (2016). Lessons from PISA 2012 about mathematical literacy: An illustrated essay. PNA, 10(2), 77-94.
Verschaffel, L., De Corte, E., & Lasure, S. (1994). Realistic considerations in mathematical modeling of school arithmetic word problems. Learning and instruction, 4(4), 273-294.
Competencias Básicas (B) e Xerais (G):
B6 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
G1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
G3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
G6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
G8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias Transversais (T):
T1 Capacidade de análise e síntese.
T2 Capacidade de adaptación a situacións novas.
T3 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
T4 Traballar de forma colaborativa.
T5 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T6 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T7 Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador. T8 Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
T8 Ser quen de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
T9 Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
T10 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, as metodoloxías e as estratexias na práctica docente.
Competencias Específicas (E):
E1 Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
E2 Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
E3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
E8 Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando, de ser o caso, recursos audiovisuais de apoio.
E9 Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
E11 Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación.
E15 Identificar criterios de calidade e control, tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
E16 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E17 Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e a aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
As sesións expositivas consistirán basicamente na presentación por parte do profesorado do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia, ao tempo que os estudantes poidan formular cuestións e tratar de resolver dificultades. O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados.
As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas os estudantes poderán formular cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou tentar resolver calquera outra dificultade.
En particular, o alumnado deberá desenvolver un proxecto de investigación e/ou innovación co se que persegue a consecución dunha aprendizaxe de carácter práctico a través da que se propoñen situacións que requiren identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas.
Se as circunstancias o permiten, contemplarase a realización de saídas didácticas ou experiencias prácticas de ApS con centros e institucións que manteñan vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela, que axuden a consolidar as aprendizaxes pretendidas na materia.
A aula virtual utilizarase para subir o material utilizado nas sesións e tamén para o envío de avisos ao alumnado a través dos foros.
Parte 1: 50% da nota final.
A parte 1 avaliarase utilizando algúns dos seguintes mecanismos:
A) Informes escritos e/ou orais (40%). Traballo en equipo ou individual sobre un tema de interese. Terase en conta a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas.
B) Participación (10%): Considerarase a participación razoada nas actividades propostas e a aportación ás dinámicas de grupo, sempre que esta participación sexa habitual e continuada. A asistencia sen participación activa, non terá ningunha valoración (apartado d) do artigo 1.2 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024).
C) Realización de tarefas. Durante as diferentes sesións realizaranse diferentes tarefas teórico-practicas na aula que o alumnado deberá realizar. No caso de falta de asistencia con causa xutificada poderá acordarse a súa realización a través do Campus Virtual. Esta parte non ten ponderación na avaliación, pero será necesaria a realización de todas a tarefas para poder ter superada a Parte 1.
Parte 2: 50% da nota final.
D) Proba final. O alumnado terá que facer a presentación e defensa dun traballo. Terase en conta a corrección na expresión, capacidade de síntese, capacidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións que se formulen.
Para superar a materia será necesario superar as dúas partes, 1 e 2. No caso contrario o alumnado deberá realizar unha proba final na convocatoria de recuperación que versará dos contidos teórico-practicos da materia.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
O alumnado con exención de docencia deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma. En todo caso, dentro dos 7 días seguintes ó inicio do cuadrimestre, deberá falar coa/co docente da materia para determinar no seu caso a vía de avaliación alternativa ao apartado (B).
O alumnado repetidor deberá poñerse en contacto co profesorado da materia dentro dos 7 días seguintes ao inicio do cuadrimestre, puidendo manter as calificacións das partes superadas (1 ou 2) no curso anterior se o docente así o considera oportuno.
Horas presenciais: 21
Horas non presenciais/traballo autónomo: 53
Horas totais: 74
O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe. A asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará ao estudante a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.
Os traballos que se avalíen deberán seguir as pautas de adecuación, forma e corrección esixibles a un traballo académico. A estes efectos, poderán tomarse como referencia as pautas xerais establecidas para a elaboración do TFM, e necesariamente as indicacións concretas que se fagan no desenvolvemento da materia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Gonzalo Castiñeira Veiga
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Correo electrónico
- gonzalo.castineira.veiga [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
21.05.2026 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |
07.07.2026 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - SALA DE XUNTAS (SALA MARÍA BARBEITO) |