Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Achegarse á importancia da planificación e xestión do patrimonio urbano na análise xeográfica.
2. Coñecer e distinguir os conceptos de rehabilitación, renovación e revitalización. Os Plans Especiais en solo urbano.
3. Dominar a cartografía xeral e temática referida incluída nos diferentes Plans Especiais de Protección.
4. Entender a importancia da rehabilitación/renovación no tratamento das áreas degradadas da cidade compacta.
5. Comprender a diversidade dos Plans Especiais de Protección en distintos contextos.
6. Interpretar a estrutura e a calidade dos documentos de rehabilitación/renovación urbanas, a súa estrutura interna e o modelo de xestión que propoñen.
7. Coñecer as diferentes posibilidades que ofrece a xestión do patrimonio urbano para a corrección dos principais problemas que afectan aos sectores tradicionais da urbe.
8. Manexar as técnicas de elaboración consensuada dun documento de rehabilitación/renovación, os criterios de revisión do mesmo e os criterios de necesaria revisión participativa.
1. Os compoñentes dos centros históricos.
2. Modelos de xestión dos centros históricos.
3. Patrimonio cultural e paisaxe urbana.
4. A protección do patrimonio urbano.
5. Rehabilitación, renovación e revitalización.
6. Plans Especiais de Protección: orixe e carácter.
7. Áreas de Rehabilitación Integrada (ARI).
Un contido obrigatorio desta materia é a saída de campo de día enteiro en desenvolvemento do temario práctico. Computaranse entre 4,5 e 12 h en función do acordo que se acade na Comisión Académica do Máster en Planificación e Xestión Territorial.
Bibliografía básica
Alvarez, M.A., Frank, M.go, Yüksel, A. (2016). Heritage Tourism Destinations. Preservations, Communication and Development. CABI.
Campesino Fernández, A. J. (1989). La rehabilitación integrada de los centros históricos: el reto urbanístico de finales de los ochenta. Investigaciones geográficas, 7, pp. 7-18.
Comité Intergubernamental de protección del Patrimonio Mundial cultural y natural. Directrices Prácticas para la aplicación de la Convención del Patrimonio Mundial. UNESCO. https://irpmzcc2.org/upload/secciones_archivos/04-directrices-practicas….
Graham, B.; Ashworth, G.J., Tunbridge, J. (2000). A Geography of Heritage. Londres, Arnold.
Manero, M.F., García Cuesta, J.L. (2016). Patrimonio cultural y desarrollo territorial. Cizur Menor (Navarra), Aranzadi.
Martos Molina, M. (2016). Herramientas para la gestión turística del patrimonio cultural: Manual para gestores culturales. Gijón, Ediciones Trea.
Tarroja, A. y Camagni, R. (Coords.) (2006). Una nueva cultura del territorio. Criterios sociales y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Barcelona, Ed. Diputaciò de Barcelona.
Troitiño Viñuesa, M.A. (1992). Cascos antiguos y centros históricos: problemas políticas y dinámicas urbanas. Madrid, MOPT.
Troitiño Vinuesa, M.A. e García Marchante, J.S.: Vivir las Ciudades Históricas. Recuperación Integrada y Dinámica Funcional. Cuenca, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
Troitiño Vinuesa, M.A. (Coord.) (2008). Ciudades Patrimonio de la Humanidad: Patrimonio Turismo y Recuperación Urbana. Sevilla, Universidad Internacional de Andalucía, Junta de Andalucía, Consejería de Cultura.
Xunta de Galicia. Ley 5/2016, de 4 de mayo, del patrimonio cultural de Galicia.
Zárate Martín, A. (1991). El espacio interior de la ciudad. Madrid, Ed. Síntesis.
Zoido, F.; De la Vega, S.; Morales, G.; Mas, R. y Lois, R. (2000). Diccionario de Geografía urbana, urbanismo y Ordenación del Territorio. Barcelona, Ariel.
Escolma de páxinas web
Consejo de Europa (1975). Carta europea del patrimonio arquitectónico, (26 de septiembre de 1975). http://ipce.mcu.es/pdfs/1975_Carta_Amsterdam.pdf
Consejo de Europa (1986): Carta Internacional para la Conservación de las Ciudades Históricas. (Carta De Toledo, 1986). http://ipce.mcu.es/pdfs/1986_Carta_Toledo.pdf
EUROPA NOSTRA: https://www.europanostra.org/
HISPANIA NOSTRA: https://www.hispanianostra.org/
Instituto galego de Vivenda e do Solo: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada
UNESCO (1972). Convención sobre la protección del patrimonio mundial, cultural y natural Dispoñible en: whc.unesco.org/archive/convention-es.pdf
UNESCO (2002): Declaración de Budapest sobre el patrimonio mundial. Dispoñible en: http://www.patrimonio-mundial.com/decl-budapest.pdf.
UNHABITAT: https://unhabitat.org/
Bibliografía complementaria
Ashworth, G.J. , Tunbridge, J. E. (2000). The Tourist-Historic City: Retrospect and Prospect of Managing the Heritage City. Oxford, Pergamon.
Bernal Santa Olalla, B. (Coord.) (1997). El centro histórico de las ciudades. Patrimonio cultural. Burgos, Caja Burgos.
Cohen, N. (2000). Urban Planning, Conservation and Preservation. New York, Ed. MacGraw-Hill.
Levy, J. P. (1987). Centres Villes en Mutation. Paris, CNRS.
Merlin, P. y Choay, F. (2005). Dictionaire d´urbanisme et de amenagement. Paris, PUF.
Muzaini, H., Minca, C. (2020). After heritage, critical perspectives on heritage from below. Cheltenham, UK - Northampton, MA, USA, Edward Elgar Publishing.
Ruskin, J. (1989). Las siete lámparas de la arquitectura. Madrid, Dirección General de Bellas Artes y Archivos.
Tonucci, F. (2015). La ciudad de los niños. Barcelona, Graó.
Competencias Xerais
CX01. Capacidade de buscar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CX02. Capacidade de manter e estender formulacións teóricas fundadas para abordar problemas de investigación no campo da análise xeográfica e territorial.
CX04. Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais.
CX05. Capacidade para desenvolver unha perspectiva crítica sobre os diferentes aspectos que condicionan o uso humano do territorio.
CX06. Capacidade para abordar os problemas desde unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais e económicos das decisións territoriais.
Competencias Básicas
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Transversais
CT01. Capacidade de procura e selección de información.
CT02. Capacidade analítica e de síntese.
CT03. Capacidade de realizar unha exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se está expoñendo.
CT04. Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
CT07. Capacidade de traballo e de resposta baixo condicións adversas (dificultade de comunicación entre membros dun equipo, prazos de entrega exiguos, falta de recursos, etc.).
CT08. Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como nas solucións técnicas adoptadas.
Competencias Especificas
CE01. Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial.
CE02. Coñecer os principais instrumentos de ordenación e xestión territorial e as principais figuras de plan en ordenación do territorio e urbanismo.
CE04. Capacidade para levar a cabo procesos de análises, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental.
CE05. Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE06. Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego.
CE07. Preparación e redacción de informes de ordenación do territorio, plan urbanístico e de xestión ambiental a través da análise crítica, a avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CE08. Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbano, etc.).
CE12. Capacidades críticas necesarias para a actividade investigadora e a realización dunha tese doutoral nos ámbitos propios da planificación e xestión territorial.
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse coa docente e coa clase.
A docencia será impartida de xeito presencial. Nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. As aulas interactivas estarán dedicadas á estudos de casos prácticos, traballos das materias que, nalgúns casos, serán defendidos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión, para un mellor entendemento de certos procesos complexos. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia. No caso das clases interactivas, a docente publicará na Aula Virtual o material necesario e indicará as actividades correspondentes a cada sesión, que poderán ser de carácter individual ou ben de carácter grupal.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que poida organizar o propio tempo de estudo. Ao mesmo tempo, a docente fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
A docente atenderá as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías individuais fundamentalmente de carácter presencial, se ben se poderán programar titorías por vía telemática (e que terán lugar preferiblemente por Microsoft Teams). Tamén estará activo na Aula Virtual un “Foro de titoría pública”; a docente indicará no Foro o horario no que estima poder atender ás cuestións que se formulen.
Realizarase unha saída de campo de día enteiro obrigatoria. Computaranse entre 4,5 e 12 h en función do acordo que se acade na Comisión Académica do Máster en Planificación e Xestión Territorial.
A avaliación farase por competencias.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en tres compoñentes obrigatorias:
1) Proba de avaliación de coñecementos e competencias: na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, realizarase unha proba final presencial de avaliación (complementaria á avaliación continua) sobre os coñecementos traballados. Computará o 20% da nota final
2) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas presenciais, que serán de tipo individual e grupal. Computará o 40% da nota final. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas clases e a memoria resultante da saída de campo de día enteiro obrigatoria.
3) Proxecto de materia: o alumnado terá que entregar e defender un traballo final. Computará o 40% da nota final.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
Para o alumnado coa dispensa académica concedida ou repetidor, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e non repetidor, e o exame será obrigatorio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais:
Clases Expositivas: 9 horas
Clases Interactivas: 12 horas
Titorías: 3 horas
Traballo persoal (tempo de estudo individual, utilización de recursos dispoñibles no Campus Virtual, exercicios de avaliación, preparación da defensa de traballo, etc.): 51 horas
Con carácter xeral, recoméndase aos alumnos contemplar cada materia como aspecto particular dun problema global, neste caso aportar a perspectiva xeográfica á práctica da xestión do patrimonio urbano.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías (que poderán ser presenciais ou telemáticas segundo o escenario), alén das preguntas na aula e o “Foro de titoría pública” activo na Aula Virtual.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual
Venres | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 18 |
21.05.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |