Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 50 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Que os alumnos adquiran coñecementos a un nivel avanzado dos métodos, procedementos e técnicas de avaliación e intervención psicolóxica forense nos ámbitos civil e social.
- Que os alumnos adquiran coñecementos a un nivel avanzado dos requerimentos éticos e deontolóxicos da práctica profesional como psicólogo forense nos ámbitos civil e social.
- Que os alumnos aprendan a actuar dentro do principio xeral da xustiza terapéutica, evitar a victimación, facilitar a reinserción social, potenciar a mediación na resolución dos problemas, defender o mellor interese do menor e a reparación do dano.
- Que os estudantes adquiran un compromiso ético que lles permita desenvolver a súa actividade profesional como psicólogo forense nos ámbitos civil e social dende a defensa e prosecución dos dereitos fundamentais e do principio de accesibilidade universal e igualdade entre homes y mulleres, así como dacordo con valores propios dunha cultura de paz.
- Programa Teórico (clases expositivas).
Tema 1. Nocións básicas de dereito civil e social relacionadas cos peritaxes forenses.
Tema 2. Avaliación clíniva v. forense.
Tema 3. A entrevista forense da testemuña e clínica.
Tema 4. Avaliación da credibilidade da testemuña.
Tema 5. A simulación no contexto legal.
- Programa Práctico (clases interactivas).
Prática 1. Entrevista de feitos.
Prática 2. Entrevista clínica forense.
Prática 3. Análise de contido das entrevistas.
Prática 4. Redacción e defensa de informes forenses civis e sociais.
Básica:
Arce, R. (2021). Libro del Máster de Psicología Jurídica y Forense en los Ámbitos Civil y Social. Santiago de Compostela: Máster de Psicología Jurídica y Forense.
Delgado, S. (2012/2013) (Dir.). Tratado de medicina legal y ciencias forenses. Barcelona: Bosch.
Bull, R., Valentine, T., y Williamson, T. (2009). Handbook of psychology of investigative interviewing: Current developments and future directions. Chichester: John Wiley and Sons.
Granhag, P. A., y Strömwall, L. A. (2004) (Eds.). The detection of deception in forensic contexts. Cambridge, UK: Cambridge University Press.
Rogers, R. (Ed.) (2008). Clinical assessment of malingering and deception (3a ed.) Nueva York: Guilford Press.
Vrij, A. (2008). Detecting lies and deceit: Pitfalls and opportunities. Chischester, UK: John Wiley and Sons.
Complementaria:
Arce, R., y Fariña, F. (2011). Evaluación forense del acoso moral en el trabajo (Mobbing) mediante el Sistema de Evaluación Global. En M. Matos, R. Abrunhosa, y C. Ma-chado (Coords.), Manual de psicología forense: Contextos, práticas e desafíos (pp. 375-398). Braga, Portugal: Psiquilibros Ediçoes.
Arce, R., y Fariña, F. (2012). La entrevista psicológico forense a niños, adultos y discapacitados. En S. Delgado (Dir. Tratado). Tratado de medicina legal y ciencias forenses. S. Delgado, F. Bandrés, y A. Tejerina (Coords.), Tratado de medicina legal y ciencias forenses: Vol. V. Pediatría legal y forense. Violencia. Víctimas (pp. 795-817). Barcelona: Bosch.
Arce, R., y Fariña, F. (2013). Psicología forense experimental. Testigos y testimonio. Evaluación cognitiva de la veracidad de testimonios y declaraciones. En S. Delgado (Dir. Tratado), y S. Delgado, y J. M. Maza (Coords., Vol. V), Tratado de medicina legal y ciencias forenses: Vol. V. Psiquiatría legal y forense (pp. 21-46). Barcelona: Bosch.
Graham, J. R. (2011). MMPI-2: Assessing personality and psychopathology (5a ed.). New York, NY: Oxford University Press.
Greene, R. L. (2011). The MMPI-2/MMPI-2-RF: An interpretive manual (3a ed.). Boston, MA: Allyn & Bacon.
European Journal of Psychology Applied to Legal Context, [Documento WWW] disponible en acceso libre en URL https://journals.copmadrid.org/ejpalc/
Rivas, P., y Barrios, G. L. (Dirs.), Violencia de género: Perspectiva multidisciplinar y práctica forense (2a ed.). Pamplona: Thomson Reuters.
A bibliografía adicional será proporcionada o alumno en cada unidade temática.
- Ser capaz de planificar e realizar unha avaliación e peritación psicolóxica-forense en casuísticas civil e laboral.
- Ser capaz de medir e describir variables (i.e., personalidade, intelixencia e outras aptitudes, patoloxía forense) e procesos cognitivos, emocionais, psicobiolóxicos e conductuais aplicables en casuísticas civil e laboral.
- Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación en casuísticas civil e laboral.
- Ser capaz de realizar avaliacións psicolóxicas e interpretar as súas implicacións nos contextos civil e social (avaliación forense vs. avaliación clínica)
- Ser capaz de realizar avaluacións psicopatolóxicas e interpretar as implicacións propias dos contextos civil e social (psicopatoloxía forense vs. diagnóstico clínico)
- Ter capacidade para a defensa oral de informes periciais civis y do social, perante a Administración (de Justicia) e outros destinatarios.
- Saber orientar a prática e investigación en dirección a evitar ou minimizar a iatroxenia (debriefing, victimización secundaria).
- Ser capaz de orientar a actuación profesional e investigadora por valores de respecto ós usuarios, imparcialidade e objetividade.
As clases teóricas consisten en sesións expositivas e / ou demostrativas. Ademais, contémplanse seminarios especializados para profundizar e reforzar os contidos expostos, que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como unha aprendizaxe significativa.
Ademais as clases interactivas teñen como finalidade que o estudante adquira as competencias procedimentais e de investigación propias da materia. Para esto levarase a cabo unha análise de casos e simulacions de informes periciais en casos do ámbito civil e social.
As titorias supoñen unha relación directa e presencial para un asesoramento continuado e a profundización nod contidos te´oricos e practicos do traballo do estudiante, así como a atención a dúbidas.
As actividades de avaliacion teñen unha dobre vertiente. Por unha banda , as actividades de avaliacion continua que, xunto coas titorías de traballo en curso, permitirán ao alumno una reyroalimentacion constante do seu progreso ao longo do curso, en relacion á adquisicion de competencias tato relativas aos coñecenementos como a técnicas e actitudes; mentres que, por outra banda a proba/exame trata de avaliar o nivel de adquisicion dos coñecementos, relativos aos contidos incluidos no programa da materia, polo estudante.
Avaliación da parte expositiva:
Os contidos teóricos terán unha cualificación máxima do 65% (6,5 puntos do total, baseándose nos seguintes elementos:
a) Avaliación continua. Plantearanse diversas actividades teóricas relacionadas cos contidos expositivos do tema. Para cada actividade farase un informe que será entregado a través do campus virtual no prazo establecido. Estas actividades terán un peso do 35% da nota da materia (3,5 puntos do total).
b) Proba teórica (exame), a través da que se avalía obxectivamente o coñecemento teórico e operativo da materia. Será presencial. Concédeselle a este elemento como máximo un 30% do material (3 puntos en total).
Avaliación da parte interactiva:
As actividades interactivas teñen como finalidade afondar nos contidos expositivos da materia e desenvolveranse en paralelo con eles. Estas actividades poden consistir na lectura e discusión en grupo de artigos e textos especializados, debate sobre temas relacionados, buscas en sitios web de referencia, observación e implementación de técnicas e resolución de casos. Avalíanse mediante informes, individuais ou en grupo (traballo en equipo), segundo os seus criterios de calidade (estrutura, orixinalidade, presentación) así como mediante observación. A nota máxima de contido interactivo será do 35% (3.5 puntos do total)
As datas e horas da revisión do exame estableceranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC. O mesmo sistema de avaliación aplicarase a todas as convocatorias. Así, no caso de non superar a materia na convocatoria de maio a xuño (1ª oportunidade), na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) só se repetirá a proba obxectiva, mantendo a puntuación obtida nas actividades desenvolvidas ao longo do por suposto.
Actividades presenciais............................................................Horas
Sesións expositivas...................................................10
Seminarios especializados............................................2
Clases práticas..........................................................8
Titorías......................................................................2
Avaliación...................................................................2
Traballo persoal do estudante..................................................Horas
Lectura e preparación do material de apoio....................8
Lectura previa, análise e discusión do material.
Informes individuais....................................................10
Análise de casos. Elaboración de informes
periciais e psicosociais. Simulación de casos...................12
Titorías........................................................................14
Avaliación...................................................................4
Recoméndase que o alumno faga simulacións, adicionais as feitas nas clases, das competencias profesionais (v.gr., entrevista de feitos, entrevista clínica-forense, redacción de casos, defensa de casos) propias do rol de Psicólogo Forense nos Ámbitos Civil e Social.
Os obxectivos da materia están aliñados cos ODS (Axenda 2030) e contribúen a que o alumnado coñeza os ODS 3, 5 e 16, e a que os relacione cos contidos tratados na materia.
Ramón Arce Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813853
- Correo electrónico
- ramon.arce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Martes | |||
16:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Xoves | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
Venres | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 7 |
23.01.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
15.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |