Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Enxeñaría Química, Área externa M.U en Desenvolvemento Económico e Innovación
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Incrementar a capacidade para planificar, presentar e xestionar proxectos de I+D.
• Coñecer os procesos de preparación, avaliación e xestión de proxectos de investigación.
1. Elaboración de propostas de I+D: conceptos básicos, proxectos individuais e consorciados, financiamento, principais fontes de información, etc.
2. Solicitude e planificación de proxectos de investigación: aspectos a ter en conta, documentación, recursos necesarios, presupostos, etc.
3. Seguimento e control dun proxecto de I+D: xestión do proxecto, negociación de acordos de consorcio, control de gastos, modificacións no proxecto.
4. Xustificación de proxectos: xustificación técnica e económica. Cuestións a ter en conta.
5. Preparación de proxectos de investigación para o programa Horizonte Europa.
6. Avaliación de proxectos. Mecanismos de avaliación.
• http://www.edu.xunta.es
• http://gain.xunta.es
• https://www.aei.gob.es/
• http://www.isciii.es/htdocs/aes/index.htm
• http://www.cdti.es
• https://ec.europa.eu/commission/index_en
• https://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunit…
• http://cordis.europa.eu/home_en.html
• https://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/funding/gu…
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para o Máster, traballaranse de forma máis específica as seguintes:
Básicas e xerais
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo;
CB8 - Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
CB9 - Saber comunicar conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara e sen ambigüidades;
CB10 - Adquirir as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
Transversais
CT2 - Organización e planificación
CT3 - Razoamento crítico
CT7 - Creatividade e capacidade innovadora
Específicas
CE7 - Coñecer os distintos compoñentes dos sistemas e políticas e programas de innovación para apoiar e fomentar a I+D e a innovación a nivel europeo, español e galego.
CE8 - Coñecer os diferentes instrumentos para deseñar, analizar, avaliar e xestionar plans e programas estratéxicos de fomento da I+D, a innovación, a sustentabilidade e a economía circular nos distintos niveis de goberno (europeo, estatal, autonómico e local).
CE9 - Formular, integrar e sintetizar ideas novas e complexas en procesos colaborativos e participativos para o desenvolvemento de plans estratéxicos.
CE10 - Concibir, deseñar, poñer en práctica e xestionar programas e accións de I+D, economía circular, innovación ou desenvolvemento sectorial nas áreas de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial).
CE14 – Avaliar, planificar, orzamentar e xestionar proxectos de I+D e innovación tanto en organismos públicos como en empresas.
A metodoloxía docente está baseada en clases expositivas e sesións prácticas nas que o alumno debe participar activamente. En particular, dedicaranse varias sesións á preparación de proxectos de I+D para diferentes plans, así como para a avaliación práctica de proxectos reais. Todo isto permitirá non só coñecer as técnicas de avaliación, senón tamén desenvolver a capacidade crítica necesaria para a preparación dun proxecto de investigación.
Utilizarase o Campus Virtual (Moodle) para a distribución do material didáctico e outro complementario considerado de interese para a ampliación dos temas dados na clase, buscando fomentar a aprendizaxe autónoma do alumnado. Tamén se utilizará o Campus Virtual como medio de comunicación non presencial alumno/profesor, así como a ferramenta MS Teams.
A avaliación consta de catro compoñentes: a) asistencia e participación nas clases (10%), b) desarrollo de casos prácticos (30%), c) preparación e presentación dun esquema de proxecto (30%), e d) avaliación dun proxecto real (30%). É necesario acadar un 5,0 sobre 10 nos apartados c e d para superar a materia.
Pola natureza da materia, a asistencia ás clases prácticas de seminario é obrigatoria e o nivel de asistencia debe superar o 80% para poder ser avaliado.
Na segunda oportunidade, o alumnado será avaliado da parte da materia que non fora superada na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de calificaciones".
Actividades formativas co seu contido en horas para o/a alumno/a:
Clases teóricas 9 h (100% presencial)
Clases prácticas 12 h (100% presencial)
Actividades titoriais 3 h (100% presencial)
Exame 1 h (100% presencial)
Traballo persoal do alumnado 50 h (-)
Total 75 h
Dado o carácter práctico da materia resulta imprescindible a asistencia e participación activa nas clases e seminarios, non sendo necesario un esforzo específico para o estudo.
A docencia impártese en castelán e/ou galego, aínda que se manipularán fontes de información en inglés.
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 06 |
15.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
15.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |