Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer os fundamentos económicos da intervención pública na promoción da ciencia e a tecnoloxía.
Coñecer as diferentes aproximacións teóricas e os diferentes modelos de políticas aplicadas no mundo e no noso país.
Analizar os diferentes instrumentos das políticas de I+D e Innovación.
Coñecer a multiplicidade de instrumentos das políticas científicas, tecnolóxicas e de innovación.
Estudo comparativo das políticas aplicadas nos países máis avanzados.
1. Fundamentos económicos das políticas científicas, tecnolóxicas e de innovación: fallos de mercado e fallos sistémicos. Barreiras, obstáculos e impulsores da innovación. O papel dos obxectivos estratéxicos e das prioridades sociais: políticas de "misión".
2. O concepto do Sistema Nacional de Innovación e as políticas de innovación. Políticas sectoriais, horizontais, estratéxicas e de misión.
3. Instrumentos de política de I+D e innovación e modalidades de execución:
Políticas de incentivos: impostos, beneficios fiscais, subvencións e axudas
Políticas de infraestruturas tecnolóxicas
Políticas de fomento da colaboración en I+D e innovación: plataformas, clusters, proxectos colaborativos
Políticas de innovación e sistema financeiro: capital risco e outros instrumentos;
Política educativa, formación e recursos humanos;
Política de propiedade intelectual
4. Fases e pasos para o deseño de políticas de I+D e Innovación. Ferramentas para a avaliación
5. Estudos de impacto económico, social e ambiental das políticas e programas de I+D e Innovación.
X. Vence (coord) (2007), Crecimiento y políticas de innovación, Pirámide.
Mazzucato, M. (2014), El estado emprendedor. RBA Editores
Godin, Gaglio & Vinck (2021). Alternative Theories of Innovation. E. Elgar. Ch.16
Stiglitz, J. & BC Greenwald (2016), La creación de una sociedad del aprendizaje, Madrid, Ed. La esfera de los libros.
Foray, D. (2015), Smart Specialisation, Routledge.
Fagerberg, J. (2016), Innovation policy: rationales, lessons and challenges, Journal of Economic Surveys · May 2016
Godin & Vinck (2017), Critical Studies of Innovation. Alternative approaches to the Pro-innovation Bias. E Elgar.
Boons & McMeekin (2019), Handbook of Sustainable Innovation, E. Elgar
Complementaria:
Delanghe, H.; U. Muldur & L. Soete (2009), European Science and Technology Policy, E. Elgar.
Lundvall, B.A. (1992), Nacional systems of Innovation, Pinter Publisher
Lundvall, B.A. (2002), Innovation, growth and social cohesion, Cheltenham.
COTEC (2017), Informe Cotec 2017.
FECYT (2007), I+D e innovación en España: mejorando los instrumentos, OCDE.
Vence, X. E J. S. Metcalfe (1996), Wealth from diversity: innovation, structural change and finance for regional development in Europe, Kluwer Academics, Dordrecht
Molero, J. (2001), Innovación tecnológica y competitividad en Europa, Ed. Síntesis.
Nelson, R. (2000), The sources of economic growth, Harvard University Press.
Rodrik, D. (2007), One Economics, Many Recipes: Globalization, Institutions, and Economic Growth, Princeton University Press.
OCDE, Science, technology and industry: Scoreboard 2008. Paris, OCDE.
Revista Madri+d, monográfico diciembre 2008, Las comunidades autónomas frente a la I+D+i.
Rosiello, Mastroeni e outros (2013), Technology analysis & Strategic MAnagement, Special Issue on policy targeting, vol 25, n 7.
Sebastián, J. y E. Muñoz (eds) (2006), Radiografía de la investigación pública en España, Biblioteca, Nueva.
Teubal, M. & M. Justman (1996), "Strategic Technology Policy for New Industral Infrastructure: creating capabilities and building new markets", in X. Vence & JS Metcalfe, Wealth from diversity, Kluwer A.P.
X. Vence (1995), Economía de la Innovación y del cambio tecnológico, Siglo XXI.
X. Vence, A Barge, A. Trigo (2007), A situación actual do sistema galego de innovación.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de
ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos
novos ou pouco coñecidos en contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos baseados
información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao
aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar ao público as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
especializados e non especializados dun xeito claro e inequívoco
TRANSVERSAL
CT1 - Comunicación oral e escrita
CT2 - Organización e planificación
CT3 - Razoamento crítico
CT5 - Traballo en equipo
CT7 - Creatividade e capacidade innovadora
CT8 - Competencia para a busca e xestión de información e datos
ESPECÍFICO
CE4 - Capacidade para concibir, deseñar, analizar e avaliar políticas e instrumentos de políticas públicas para promover a innovación,
desenvolvemento económico sostible e economía circular nos distintos niveis de goberno (europeo, estatal, rexional e local)
CE6 - Capacidade para concibir, deseñar, implementar e xestionar programas e proxectos de I+D, economía circular, innovación ou desenvolvemento sectorial nas súas propias áreas de especialización (rexional, local, sectorial, empresarial).
CE7 - Adquirir os coñecementos teóricos e instrumentais necesarios para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel para o
deseño e xestión de plans, programas e proxectos estratéxicos relacionados co desenvolvemento económico circular, a innovación e a sustentabilidade
CE8 - Capacidade de comunicación cos compañeiros, coa comunidade académica, coa comunidade profesional, coa Administración pública
e coa sociedade en xeral sobre as distintas áreas de coñecemento en materia de sustentabilidade e economía circular e innovación
Combinaranse as clases maxistrais con outras tarefas, como lecturas recomendadas, discusión e comentario de textos, análise e comparación de experiencias. Ademais, proporanse actividades para realizar en grupos ou individualmente, tratando de incentivar o debate, a discusión e a capacidade de crítica. Entre esas actividades inclúese a exposición oral de ideas e razoamentos económicos.
Con todas estas tarefas, pretendemos que o estudante adquira as competencias de reunir información, reflexionar, formular xuízos, exercitar o debate e a discusión e presentar de forma ordenada e clara argumentos teóricos ou conclusións.
Atendendo ao sistema de docencia do Espazo Europeo de Educación Superior dividiremos a docencia en dous tipos: aulas expositivas e aulas interactivas.
O traballo nas aulas expositivas terá lugar de xeito presencial, na aula e horario fixado polo centro para a materia. Nas aulas expositivas o profesorado explicará cada tema do programa, apoiándose no uso dunha presentación-esquema. O alumnado contará, ademais das explicacións realizadas polo profesorado na aula, co apoio de material bibliográfico recomendado a medida que se desenvolve o programa, xunto coas titorías.
Nas clases interactivas, o alumnado deberá realizar comentarios e debates de textos, así como realizar a presentación dun traballo final, consistente na elaboración dun estudo sobre a innovación nunha rama de actividade económica. O alumnado será informado ao comezo do curso da planificación de actividades e entregas.
As titorías serán, preferentemente, de carácter presencial.
Empregarase o Campus Virtual da USC como ferramenta de apoio no proceso de ensinanza / aprendizaxe:
· Materiais para o seguimento da materia
· Entrega e cualificación de tarefas
· Organización de grupos de traballo
· Comunicación co alumnado
O principal elemento de avaliación é o exame (60%). O segundo elemento de valoración constitúeo a realización das diversas actividades propostas en clase (30%). Como elementos complementarios valoraranse a asistencia e a participación activa nas clases (10%).
O sistema xeral obrigatorio de avaliación da aprendizaxe basearase na combinación de dúas metodoloxías:
a) Avaliación continua: participación activa en aulas interactivas, entrega de tarefas e realización do traballo final. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso e o seu ponderación indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
b) Exame final: proba sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Avaliación continua ............ 40%
Avaliación final ................... 60%
O sistema de avaliación na segunda oportunidade será igual que o descrito na primeira, de tal maneira que se terá en conta a nota referida á entrega de tarefas e participación na aula xa obtida (cualificación do 40%), e realizarase un novo exame sobre os temas explicados nas aulas (que volverá contar o 60% na cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases de encerado 9
Clases prácticas ou de ordenador 12
Titorías en grupo ou individuais 3
Avaliación 2
Total horas traballo presencial na aula 26
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 27
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 6
Avaliación 1
Total horas traballo persoal do alumno 49
HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75
Asistencia a clases
Asistencia a titorías
Realización actividades propostas
Recomendacións para o estudo da materia
Recomendase ó alumnado o seguimento continuado das clases presenciais, así como a consulta da bibliografia básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa.
Cada alumno/a deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidese xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Maria Del Carmen Sanchez Carreira
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811647
- Correo electrónico
- carmela.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Alberto Turnes Abelenda
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- juanalberto.turnes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
05.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
05.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 06 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |