Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 9 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Achega ideas e conceptos básicos que facultan ao alumnado para interiorizar intelectualmente a necesidade que ten o xornalismo de novas ferramentas coas que descubrir e interpretar un mundo en permanente ebulición, co obxectivo de penetrar en realidades cuxa verdade e transcendencia nunca poderían percibirse en toda a súa intensidade sen antes desafiar esas tiranías e as súas falacias -por caso, as que identifican información con coñecemento, ver con coñecer-. Todo iso conlevará para o alumnado unha reflexión en profundidade sobre a urxencia de revalorizar o xornalismo e ao xornalista como axentes integradores/produtores de coñecemento, o que leva aparellada a revalorización política da mediación profesional en sociedades estruturalmente complexas e democráticas para que medios e xornalistas reconquisten a credibilidade e autoría perdidas.
Os contidos do curso virarán ao redor de:
- O acceso á información e ao coñecemento, primeiro estadio no proceso de construción democrática
- Tensión ideolóxica, económica e mediática na sociedade global da información e do coñecemento. Ameazas e oportunidades
- Internet, democracia electrónica e cidadanía participativa. Intermediarios
en crises
- A dimensión política dos medios e a revalidación política da mediación profesional, poñendo en cuestión o objetivismo,
a neutralidade e o profesionalismo
-O xornalismo como modo de coñecemento e os xornalistas como mediadores necesarios e axentes integradores
de coñecementos para afrontar a complexidade e os riscos do mundo actual
-Xornalismo de significación e de sentido: do modelo cívico ao de anticipación e especializado.
CONTIDOS TEÓRICOS
Os contidos do curso xirarán arredor da análise das características do sistema mediático do século XX e da análise das características do ecosistema comunicativo do século XXI, prestando atención aos elementos diferenciáis, en especial a existencia das plataformas tecnolóxicas e redes sociais e aos novos modelos de medios de comunicación, tanto matriciais como nativos dixitais. Nos contidos explicaranse as características da transformación vivida e a estrutura sobre a que descansan os novos soportes e canles do actual ecosistema mediático.
Tema 1.-O sistema mediático do século XX: estrutura e características
Tema 2.-O ecosistema comunicativo do século XXI: estrutura e características
Tema 3.-Proceso de adaptación de vellos medios, aparición de novos medios e hibridación mediática.
Tema 4.-Canles e soportes da sociedade rede. Evolución e tendencias
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nas aulas de seminario analizaranse casos de plataformas e medios, así como as interaccións e relacións.
Básica
Bauman, Zygmunt (2013). Vigilancia líquida. Barcelona: Paidós.
Calvo, Elkin (2019): Youtube como ecosistema comunicativo. eBook, Saxo-YoPublico.
Osterhammel, Jürgen (2014): The Transformatión of the World: A Global History of the Nineteenth Century. Translated by Patrick Camiller. Princeton: Princeton University Press.
Renó, Denis; Velásquez, Andrea; Estrella Silva, Santiago -eds.- (2020): Tendencias de la comunicación. El ecosistema mediático contemporáneo. Discusiones sobre audiencias, estrategias de comunicación y resultados. Vol. II. Madrid: Dykinson.
Toural-Bran, Carlos; López-García, Xosé -Coordinación- (2019): Ecosistema de Cibermedios en España. Salamanca: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
Zuboff, Shoshana (2019): The Age Of Surveillance Capitalism: The Fight for a Human Tuture at the New Frontier of Power. New York: Public Affairs.
Complementaria
Calvo Manuera, Elkin Alfonso (2018): YouTube como ecosistema comunicativo. ¿Una oportunidad para la cultura política?. Tesis de maestría. Enlace: https://repository.udistrital.edu.co/handle/11349/8824.
Carrera, Pilar; Limón, Nieves; Herrero, Eva; Sáinz de Baranda, Clara (2013): Transmedialidad y ecosistema digital. Historia y Comunicación Social, Vol. 18, Nº especial noviembre, pp. 535-545. Accesible en: https://revistas.ucm.es/index.php/HICS/article/view/44257.
Díaz Nosty, Bernardo (2005): El déficit mediático. Donde España no converge con Europa. Barcelona: Editorial Bosch.
Básicas e xerais
CG03 - Analizar ou executar os procesos de produción, de xestión e de difusión do coñecemento a través de contidos informativos.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha
información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos
Específica
Esta materia desenvolve a competencia específica
CEO-03: "Capacidade para comprender e aplicar as distintas funcións da mediación profesional xornalística en sociedades estruturalmente complexas e democráticas.
A metodoloxía de ensino será construtivista, con actividades presenciais e en remoto, a través do campus virtual. A programación contempla:
A) Docencia presencial. A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teórica, clases de seminario teóricas, clases de seminario, prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plan de estudos.
A avaliación poderá ser continua cos elementos fixados polo profesor para medir a implicación do alumnado no desenvolvemento do programa da materia e o nivel de aproveitamento de contidos.
A valoración farase da seguinte maneira:
Traballo final individual ou en grupo: 80 por cen
Realización de traballos individuais: 10 por cen
Participación activa nas clases interactivas: 10 por cen.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia, que incluirá a realización dunha análise comparativa de medios. As actividades serán as mesmas que realizarán os alumnos que asistan á aula.
#De acordo con a normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases expositivas: 12 horas
Clases interactivas: 9 horas
Titorías en grupo: 3 horas
Actividades de Avaliación: 2
Traballo persoal do alumno (estudo autónomo, escritura de exercicios, programación/ experimentación ou outrostraballos en ordenador /laboratorio): 49 horas.
Recoméndase a lectura da bibliografía indicada e das achegas que o profesor realice na aula. Tamén é de especial relevancia o coñecemento e seguimento dos cambios no ecosistema comunicativo.
Xose Lopez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Galego | Aula 6 |
Venres | |||
16:00-20:15 | Expositiva/Interactiva | Galego | Aula 6 |
17.01.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |
19.06.2024 16:00-20:00 | Expositiva/Interactiva | Aula 0 |