Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 9 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo dos métodos e as técnicas de investigación para a planificación, implementación e avaliación de proxectos xornalísticos multimedia.
2. Análise de tendencias en metodoloxías de investigación aplicada á produción multimedia.
3. Aplicación de métodos de investigación para a xestión de produtos multimedia.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Investigación de Usuarios
- Introdución á investigación de usuarios en proxectos multimedia
- Métodos cualitativos: enquisas, cuestionarios, entrevistas e grupos focais
TEMA 2. Experiencia de Usuario
- Concepto de experiencia de usuario (UX) e a súa importancia en proxectos multimedia
- Importancia da análise de usabilidade e accesibilidade en proxectos multimedia xornalísticos
- Métodos de avaliación da usabilidade: probas de usabilidade, análise heurístico e eye tracking
- Métodos de avaliación da accesibilidade e cumprimento de estándares como WCAG
- Creación de mapas de experiencia para comprender a interacción do usuario con produtos multimedia
- Uso de diarios de usuario para recompilar información sobre a súa experiencia
- Outros métodos de avaliación da UX: Heatmaps, análise de fluxo de usuario, análise de emocións etc.
TEMA 3. Prototipado e probas iterativas
- Elaboración de prototipos de baixa e alta fidelidade para produtos multimedia
- Realización de probas iterativas con usuarios para mellorar o deseño e a funcionalidade
TEMA 4: Probas A/B e experimentos controlados
- Utilización de probas A/B e experimentos controlados en proxectos multimedia
- Deseño e análise de experimentos para optimizar a experiencia do usuario
TEMA 5. Análise de contido
- Avaliación de contidos multimedia: enfoques cualitativos e cuantitativos
- Análise de discurso en produtos xornalísticos multimedia
TEMA 6. Análise de métricas
- Cuantificación do comportamento do usuario en sitios web e aplicacións multimedia
- Ferramentas e métricas clave para a análise de datos en proxectos xornalísticos multimedia
TEMA 7: Aplicacións da Intelixencia Artificial na investigación de produtos multimedia
- Análise de sentimentos e emocións
- Recoñecemento de patróns en datos multimedia
- Xeración automatizada de contido multimedia
- Recomendación de contido personalizado
- Optimización de experiencia do usuario
CONTIDOS PRÁCTICOS
- Deseño e aplicación de enquisas e entrevistas para comprender as necesidades e preferencias da audiencia dun produto multimedia xornalístico
- Desenvolvemento de prototipos e realización de probas iterativas para refinamento do produto multimedia
- Realización de probas de usabilidade e análise heurístico en prototipos de produtos multimedia
- Deseño e execución dun experimento controlado para avaliar diferentes versións dun produto multimedia
- Análise de contido de produtos multimedia existentes para identificar tendencias e patróns narrativos
- Análise de métricas de audiencia para identificar áreas de mellora nun produto multimedia
- Exploración e uso de ferramentas de IA
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bazán-Gil, Virginia (2023). “Artificial intelligence applications in media archives”. Profesional de la información, v.
32, n. 5, e320517. https://doi.org/10.3145/epi.2023.sep.17
Deuze, M. (2004). What is multimedia journalism1? Journalism Studies, 5(2), 139–152. https://doi.org/10.1080/1461670042000211131
Díaz-Noci, J. (2020). Guía de métodos de investigación aplicados al entorno digital. En: Lopezosa, C.; Díaz-Noci, J.; Codina, L. (ed.). Anuario de Métodos de Investigación en Comunicación Social, 1 (pp. 04-19). Barcelona: DigiDoc-Universitat Pompeu Fabra. https://doi.org/10.31009/methodos.2020.i01.02
Gértrudix, M. & Álvarez-García, S. (2014). Metodologías de producción multimedia: estrategias y técnicas. En ACTAS ICONO14 - Nº 12 VII Simposio Las Sociedades ante el Reto Digital.
Lang, M., Barry, C. (2001). Techniques and Methodologies for Multimedia Systems Development: A Survey of Industrial Practice. In: Russo, N.L., Fitzgerald, B., DeGross, J.I. (eds) Realigning Research and Practice in Information Systems Development. IFIP — The International Federation for Information Processing, vol 66. Springer, Boston, MA. https://doi.org/10.1007/978-0-387-35489-7_6
Lazar, J., Feng, J. H., & Hochheiser, H. (2017). Research methods in human-computer interaction. Morgan Kaufmann.
Nielsen, J. (1994). Usability engineering. Academic Press.
Palacios, M., & Díaz Noci, J. (2009). Online journalism: research methods. A multidisciplinary approach in comparative perspective. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatearen Argitalpen Zerbitzua.
Zhu, W., Wang, X., & Gao, W. (2020). Multimedia intelligence: When multimedia meets artificial intelligence. IEEE Transactions on Multimedia, 22(7), 1823-1835. https://doi.org/10.1109/TMM.2020.2969791
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Dunham, R. S. (2019). Multimedia reporting: How digital tools can improve journalism storytelling. Springer.
Nielsen, J., & Molich, R. (1990). Heuristic evaluation of user interfaces. In Proceedings of the SIGCHI conference on Human factors in computing systems (pp. 249-256).
Preece, J., Rogers, Y., & Sharp, H. (2015). Interaction design: Beyond human-computer interaction. John Wiley & Sons.
Rosenfeld, L., & Morville, P. (2006). Information architecture for the World Wide Web: Designing large-scale web sites. O'Reilly Media, Inc.
CON.4 - Comprender os fundamentos da investigación do xornalismo e a comunicación dixital no contexto actual.
HAB.4 - Utilizar técnicas de investigación aplicadas á comunicación e ao xornalismo multimedia.
HAB.5 - Analizar produtos, estratexias e proxectos xornalísticos do ecosistema comunicativo dixital.
COM.5 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Nas clases expositivas combinaranse:
- Clases maxistrais: sesións expositivas impartidas polo docente.
- Estudos de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
Nas clases interactivas empregaranse as seguintes metodoloxías:
- Prácticas aula informática: sesión interactiva e grupal nunha contorna equipada con computadores.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
O sistema de avaliación será o seguinte:
- Exame tipo test: 25% da nota final.
- Actividades de avaliación continua (participación en clase): 25%.
- Exercicio práctico (proxecto final): 50% da nota final.
• No caso do alumnado non apto na primeira oportunidade, na segunda establecerase unha proba final 100%. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
- A parte expositiva da materia avaliarase mediante un exame (50 % da cualificación final).
- A parte interactiva avaliarase mediante a presentación dun proxecto (50 % da cualificación final) elaborado segundo as pautas facilitadas polo profesorado. A presentación realizarase a continuación do exame na data oficial establecida.
- Docencia teórica: 12 horas.
- Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 9 horas.
- Titorización en grupo reducido: 3 horas.
- Probas de avaliación: 3 horas.
- Traballo persoal do alumnado: 48 horas.
Alberto Quian Pampin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Martes | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Mércores | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Xoves | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Venres | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
23.05.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |