Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M. U. en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Entender a evolución dos instrumentos de protección ambiental e as especificidades dos de carácter preventivo.
• Coñecer os ámbitos de aplicación da Avaliación de Impacto Ambiental e ser capaz de distinguir cando se trata dun procedemento obrigatorio.
• Comprender e ser capaz de expresar os impactos, os seus tipos e características e as súas implicacións sobre a biodiversidade.
• Saber aplicar as metodoloxías e técnicas para a medición do impacto ambiental.
• Capacitar para elaborar estudios de impacto ambiental.
• Desenvolver capacidades de discusión crítica e avaliación de datos científicos relacionados cos impactos sobre a biodiversidade
Temario de teoría/seminarios:
1. Orixe e evolución do procedemento de avaliación de impacto ambiental. Enfoque interdisciplinar.
2. Concepto e tipos de Impacto Ambiental.
3. Procedementos e etapas das avaliacións de impacto: avaliación de proxectos e avaliación de plans e programas.
4. Estudios de Impacto Ambiental: contidos e esquemas metodolóxicos.
5. Técnicas de valoración de impactos.
6. Proxectos que se deben someter a Avaliación de Impacto Ambiental e reparticións competenciais.
7. A avaliación de impacto ambiental sobre a biodiversidade: estudio de casos.
Temario doutras actividades (prácticas)
Análise de casos de proxectos e/ou plans con afección á biodiversidade. Deseño de medidas de prevención, redución, corrección e compensación. Deseño de plans de seguimento.
BÁSICAS e XERAIS
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír o análise e xerar información específica.
CG04 - Redactar informes profesionais e publicacións científicas para o ámbito da biodiversidade terrestre
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade para o razoamento, argumentación e toma de decisións.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada en distintos idiomas.
CT5 - Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais
CT6 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
ESPECÍFICAS
CE12 - Capacidade para elaborar estudios de impacto ambiental.
CE13 - Capacidade para comunicar información relativa á biodiversidade terrestre
Lección-explicación: procedemento docente por o cal o profesor presenta conceptos e/o procedementos, aportando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica o un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado.
Clase práctica: desenvolvida no campo, laboratorio ou aula de informática, ten por obxecto a observación in situ de aspectos do medio físico e biolóxico, a realización de experimentos ou a aprendizaxe e aplicación de software informático, co apoio e supervisión do profesorado.
Taller: metodoloxía formativa dirixida á aplicación práctica da aprendizaxe, e que esixe que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos, co apoio e supervisión del profesorado.
PONDERACIÓN
Avaliación de traballos sobre o impacto na biodiversidade a partir dos documentos de avaliación (ESIA, DIA, outros ou bibliografía). 100
Horas Presencia (%)
Clases expositivas 7 100
Clases interactivas 14 100
Titorías 1 100
Exame 2 100
Estudio persoal del alumnado 51 0
Total horas de traballo 75
Venres | |||
---|---|---|---|
10:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | - | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |