Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer a implementación na práctica das directivas ambientais europeas en sistemas acuáticos continentais
• Comprender e ser capaz de analizar os impactos ecolóxicos, sociais i económicos causados polas presións antrópicas
• Coñecer as ferramentas de avaliación do estado ecolóxico na identificación de impactos aos ecosistemas
• Coñecer as ferramentas de reconstrución paleoambiental e a súa importancia na identificación de condicións de referencia preimpacto
• Facer un uso crítico do coñecemento dos procesos de cambio ambiental a diferentes escalas temporais, ecolóxica e xeolóxica, para a restauración ambiental
• Ser capaz de sintetizar i expor en público as relacións causais entre as presións humanas causantes de impacto, e as medidas específicas de restauración ambiental
• Desenvolver capacidade de discusión crítica e avaliación de datos científicos relacionados coa conservación e restauración de ecosistemas acuáticos
Temario de teoría/seminarios:
1. Indicadores de calidade Biolóxica, hidromorfolóxica e físico-química. Introdución. Lexislación ambiental: Directiva Marco da auga DMA e Directiva de especies e hábitats. Estado ecolóxico e diversidade: algas, macrófitas, peixes e invertebrados. Sistemas de clasificación vixentes en sistemas acuáticos. Activos ecolóxicos baseados en especies, comunidades, i en procesos do ecosistema. Servizos ecosistémicos de sistemas acuáticos.
2. Indicadores paleolimnolóxicos. Introdución. Obtención de rexistros. Indicadores xeoquímicos: Análise elemental e isotópico da materia orgánica e novos indicadores. Indicadores biolóxicos: pigmentos, diatomeas, crisofíceas, pole, cladóceros, ostrácodos, quironómidos e outros grupos. Reconstrucións paleoambientais cualitativas e cuantitativas. Os indicadores paleolimnolóxicos e a DMA. Análise de casos en conservación e restauración ambiental.
3. Factores de degradación: Presións e impactos. Introdución. Presións antrópicas i efecto sobre as compoñentes do ecosistema acuático fluvial. Eutrofización. Regulación fluvial. Acidificación. Contaminación. Colmatación. Salinización. Proliferacións de algas tóxicas. Especies invasoras.
4. Medidas de restauración. Obxectivos. Programas de medidas enfocadas á protección e restauración ambiental causada por distintas presións antrópicas. Seguimento da recuperación dos activos ecolóxicos (especies, comunidades e procesos do ecosistema). Estudo de casos. Desenvolvemento de proxecto sobre casos existentes e reais.
Temario doutras actividades (prácticas)
Saída de campo a unha área de especial interese natural na que o alumnado realizará a análise do seu estado ecolóxico i elaborará propostas dentro dun programa de medidas para a súa conservación e a restauración dos ecosistemas fluviais e e ribeira impactados da zona, así como a análise da compatibilidade dos usos no territorio co cumprimento dos obxectivos ambientais. Solicitouse á Universidade da Coruña o recoñecemento das prácticas desta materia como proxecto formal de aprendizaxe-servizo para o curso 2024/2025.
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Adquisición da capacidade de análise sobre a situación actual e futura da biodiversidade terrestre
CG02 - Uso da terminoloxía axeitada para o ámbito da biodiversidade terrestre
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuir ás análises e xerar información específica para o ámbito da biodiversidade terrestre
CG05 - Contribuir ao desenvolvemento do coñecemento no ámbito da biodiversidade terrestre
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinares) relacionados co seu área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade para o razoamento, argumentación e toma de decisións
ESPECÍFICAS
CE9 - Coñecer os principais factores de degradación de ecosistemas acuáticos e terrestres, e as estratexias de restauración
• Lección-explicación: procedemento docente polo cal o profesor amosa conceptos e/ou procedementos, achegando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado.
• Clase práctica: desenvolvida en campo, laboratorio ou aula de informática, ten por obxecto a observación in situ de aspectos do medio físico e biolóxico, a realización de experimentos ou a aprendizaxe e aplicación de software informático, co apoio e supervisión do profesorado.
• Obradoiro: metodoloxía formativa dirixida á aplicación práctica da aprendizaxe, e que esixe que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos, co apoio e supervisión do profesorado.
Avaliación continua 20
Traballo 1 40
Traballo 2 40
Horas Presencialidade (%)
Clases expositivas 7 100
Clases interactivas 14 100
Titorías 1 100
Traballo 2 100
Estudo persoal do alumnado 51 0
Total horas de traballo 75