Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Área externa M. U. en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión, Antropoloxía Física
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Perspectiva histórica do deseño e desenvolvemento dos métodos moleculares en Ecoloxía.
- Capacidade para análises moleculares aplicados ós estudos ambientais e interpretar os seus resultados..
- Capacidade para determinar o mellor método dispoñible para cada tipo de problema.
- Coñecemento dos programas informáticos dispoñibles para a análise de datos moleculares, e a súa aplicación en conservación da biodiversidade.
1. Principios da ecoloxía molecular: novas ferramentas para problemas ambientais.
2. Métodos baseados na PCR.
3. Métodos de nova xeración.
4. ADN barcoding: principios e aplicacións.
5. ADN ambiental.
6. Principais programas para a análise de datos moleculares en Conservación.
Temario doutras actividades (prácticas, seminarios, titorías, etc.)
1. Traballo práctico con conxuntos de datos e software específico.
2. Participación nun seminario impartido por un investigación relevante para os estudos ecolóxicos e de conservación empregando marcadores moleculares
-Allendorf FW, Luikart GH, Aitken SN. 2013. Conservation and the Genetics of Populations. Wiley-Blackwell. Hoboken
-Boussarie G, Bakker J, Wangensteen OS, Mariani S et al. 2018. Environmental DNA illuminates the dark diversity of sharks. Science Advances 4: eaap9661
-Frankham R, Ballou JD, Briscoe DA. 2009. Introduction to Conservation Genetics. Cambridge University Press. Cambridge
-Gebremehdin B, Flagstad O, Bekele A, Chala D et al. 2016. DNA metabarcoding reveals diet overlap between the endangered Walia ibex and domestic goats – Implications for conservation. PLoS One e0159133
-Lesk AM. 2017. Introduction to Genomics. Oxford University Press. Oxford
Ao concluír esta materia, os alumnos deben ser competentes en varios aspectos
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Adquisición da capacidade de análise sobre a situación actual e futura da biodiversidade terrestre.
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos para xerar información e realizar análises específicas no ámbito da biodiversidade terrestre.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de
ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e a toma de decisións.
ESPECÍFICAS
CE5 - Coñecer e saber aplicar a metodoloxía para o seguemento de poboacións naturais e recoñecer, de ser o caso, o grao de
ameaza dunha especie, ou ben o seu potencial invasor.
Lección-explicación: procedemento docente polo cal o/a profesor/a presenta conceptos e/ou procedementos, achegando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado.
Tratándose dunha materia cunha elevada carga procedimental, nas sesións maxistrais impartiranse coñecementos acerca das bases dalgúns dos métodos moleculares máis empregados nos estudos de ecoloxía e conservación. Dependendo da composición do estudantado asistente, impartiranse tamén (brevemente) contidos básicos de xenética de poboacións para comprender a materia.
Clase práctica: desenvolta no campo, laboratorio ou aula de informática, ten por obxecto a observación in situ do medio físico e biolóxico, a realización de experimentos ou a aprendizaxe e aplicación de software informático, co apoio e supervisión do profesorado.
As clases prácticas desenvolveranse en aula mediante a análise bioinformática de arquivos de datos que serán proporcionados polos profesores. O software a empregar é gratuíto e pode descargarse da rede. Tamén se realizará unha visita a unha empresa especializada na realización de estudos ecolóxicos e de conservación, particularmente a través da metodoloxía do metabarcoding.
Aprendizaxe colaborativa: os estudantes, co asesoramento do profesor, traballan en pequenos grupos, de xeito que o traballo de cada un dos membros vai dirixido á consecución dunha meta común; o proceso enriquece e mellora a aprendizaxe dos restantes membros do grupo.
Os estudantes elaborarán un traballo conxuntamente coa axuda dos profesores/as da materia. Haberá unha sesión específica de traballo titorizado na que os estudantes poderán consultar cos profesores/as as súas dúbidas e estes poderán orientalos acerca dos obxectivos e das posibilidades do traballo. Asemade, os estudantes participarán nun seminario/conferencia impartido por un investigador arredor dun tema relevante en ecoloxía ou conservación e para o que se empreguen marcadores moleculares.
Ao longo do desenvolvemento da materia, os estudantes recibirán información a través da aula virtual da materia, que facilitará e permitirá a comunicación entre estudantes e profesores/as (sen prexuízo do emprego preferente doutras ferramentas de comunicación como o correo electrónico ou o teléfono).
A cualificación final da materia será resultado da avaliación dun traballo final no que os alumnos aplicarán os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas. Os estudantes deberán deseñar un proxecto de investigación que implique o eprego das metodoloxías tratadas no curso. O proxecto deberá incluír, como mínimo, unha introdución ou antecedentes, uns obxectivos, unha metodoloxía onde se describan os procesos a levar a cabo, incluíndo a análise dos datos, e uns resultados agardados. Asemade, valorarase tamén a participación activa no seminario impartido polo investigador/a invitado/a.
Traballo final: 90%
Participación activa no seminario impartido: 10%
Actividade; Horas; Presencialidade
Clases expositivas; 7 horas; 100%
Clases interactivas; 12 horas; 100%
Visita a empresa: 2 horas, 100%
Asistencia ó seminario impartido por un investigador externo: 1 hora, 100%
Titorías obrigatorias; 2 horas; 100%
Estudo persoal do alumnado; 51 horas; 0%
Total horas de traballo: 75 horas
-Recoméndase a participación activa en todas as actividades, mais moi especialmente nas clases interactivas. Recoméndase tamén que aqueles estudantes que non teñan cursado xenética nos seus estudos universitarios o indiquen aos profesores o antes posible.
A comunicación entre o profesorado e os/as estudantes establecerase mediante tres canles principais (ademais da comunicación presencial en titorías):
-A ferramenta TEAMS, que permitirá a realización de videoconferencias individuais ou grupais. Estas levaranse a cabo (fora de sesións xa estabelecidas no horario) a iniciativa dos estudantes ou do profesorado
-O correo electrónico. Os alumnos poderán consultar dúbidas ou solicitar titorías presenciais que levaríanse a cabo a través da ferramenta TEAMS
-Vía telefónica cos teléfonos profesionais dos profesores/as (que facilitaranse aos estudantes o primeiro día). Mediante esta vía realizaranse consultas breves e poderanse solicitar citas presenciais a través da ferramenta TEAMS
Javier Rodriguez Luis
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Antropoloxía Física
- Teléfono
- 881813262
- Correo electrónico
- javier.rodriguez.luis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Seminario 4. Jacques Ives Cousteau |