Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Área externa M.U en Bioloxía Mariña, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Que o alumno:
- coñeza as características das especies invasoras e o seu risco para os ecosistemas receptores.
- recoñeza as principais especies invasoras atopadas nas costas galegas.
- coñeza a importancia do fouling como vector de especies alóctonas e a súa problemática social e económica.
- coñeza os principais tratamentos antifouling e as súas desventaxas.
- sexa capaz de preparar e exponer públicamente un traballo relacionado cos contidos da materia, que requiera a búsqueda de información, a súa análise, discusión de resultados e elaboración de conclusións.
Expóñense as principais rutas da introdución de especies foráneas, as características tanto dos invasores como dos sistemas receptores, e as consecuencias ecolóxicas, xenéticas e evolutivas de ditos eventos. Préstase especial atención á problemática do fouling, presentando os organismos que o componen, a súa sucesión, os seus efectos negativos e os posibles tratamentos preventivos.
ESPECIES INVASORAS. Características. Rutas de introdución. Sistemas receptores. Consecuencias.
BIODIVERSIDADE ALÓCTONA MARIÑA GALEGA. Estudo de casos: principais especies. Vías de introdución. Dinámica de colonización. Problemática.
FOULING. Definición e problemática. Principais organismos. Sucesión. Tratamentos antifouling.
BOTT, T. R. 1995. Fouling of heat exchanges. Elsevier, Amsterdam. 524 pp.
DAFFORN, K. A. et al. 2009. Links between estuarine condition and spatial distributions of marine invaders. Diversity Distrib 15: 807-821.
DÜRR, S. & J. C. THOMASON (Eds.) 2010. Biofouling. Willey-Blackwell. 429 pp.
EGUÍA LÓPEZ E. 1998. El problema del Bbiofouling en intercambiadores de calor- condensadores refrigerados por agua de mar. Servicio de Publicaciones Universidad de Cantabria. 157 pp.
LEPPÄKOSKI, E., S. GOLLASCH & S. OLENIN (Eds.) 2002. Invasive aquatic species of Europe. Distribution, impacts and management. Kluwer Academic Publishers. 583 pp.
MINCHIN, D. 2007. Aquaculture and transport in a changing environment: Overlap and links in the spread of alien biota. Mar Pollut Bull 55: 302-313.
WOODS HOLE OCEANOGRAPHIC INSTITUTION 1952. Marine fouling and its prevention. U. S. Naval Institute. Anápolis, Maryland. 388 pp.
CG6. Desenvolvemento da habilidade de elaboración, presentación e defensa de traballos e informes técnicos.
CE2. Coñecemento da diversidade de organismos mariños e as súas estratexias adaptativas.
CE3. Coñecemento e comprensión das interacións dos organismos mariños e os ecosistemas mariños e costeiros.
CT4. Desenvolvemento da capacidade para actualizar o coñecemento de forma autónoma.
Sesión maxistral. As clases maxistrais resumen de maneira clara e concisa o estado da materia.
Seminarios e resolución de casos prácticos. Clases centradas en contidos prácticos (pizarra, laboratorio e/ou campo). Estas sesións teñen como misión básica integrar e aplicar os coñecementos adquiridos.
Seminarios. Para desenvolver a capacidade de traballar de forma autónoma, os alumnos revisarán traballos científicos para presentalos de xeito oral e/ou escrita.
Outros. Atención personalizada.
Avaliación continua mediante o seguimento do traballo do alumno e a asistencia a clase: 10-30%.
Avaliación continua: entrega e/ou exposición de traballos: 10-30%.
Exame: pregunas de distinto formato: 40-80%.
Estímanse unhas 75 horas totais de traballo por parte do alumno, desagregadas do modo seguinte:
- Asistencia ás actividades docentes (teoría, seminarios e titorías): 21 horas.
- Traballo complementario do alumno: 54 horas.
Recoméndase traballar na materia de forma continua. Asistencia ás actividades docentes e participación activa nas mesmas.
Solo se terá en conta a avaliación continua si se ten asistido como mínimo ao 70% das clases expositivas e interactivas e si se teñen entregado ou exposto os trabajos que foran encargados. Na segunda oportunidade a avaliación realizarase mediante unha proba escrita, podendo ser o 20-60% da nota final as calificacións obtidas en actividades avaliadas positivamente con anterioridade.
PLAN DE CONTINXENCIA:
En previsión de posibles continxencias derivadas da pandemia covid-19, contémplanse as seguintes adaptacións:
Escenario 2. Distanciamento; restricións parciais á presencialidade.
Metodoloxía: As clases serán telemáticas a traves de MS Teams, salvo as practicas que poderan, desenvolvendose en pequenos grupos..
Avaliación: Poderase realizar unha avaliación continua mediante tarefas e exame pola plataforma Moodle (USC virtual).
- A comunicación co alumnado será a través das plataformas MS Teams, Moodle y email
Escenario 3. Peche das instalacións
Metodoloxía: As clases serán telemáticas a través de MS Teams
Avaliación: Poderase realizar unha avaliación continua mediante tarefas e examepola plataforma Moodle (USC virtual).
- A comunicación co alumnado será a través das plataformas MS Teams, Moodle y email.
Maria Celia Besteiro Rodriguez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 982822309
- Correo electrónico
- celia.besteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
28.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |
03.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Videoconferencia. Sir David Attenborough |