Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 298.35 Horas de Titorías: 1.25 Clase Interactiva: 0.4 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Física Aplicada, Enxeñaría Química, Electrónica e Computación, Bioloxía Funcional
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Física Aplicada, Enxeñaría Química, Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Electrónica, Ecoloxía
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao final do estudo desta materia, o estudante debe de adquirir coñecementos sobre a preparación dun proxecto industrial ou económico. O estudante deberá saber os pasos necesarios para preparar un proxecto e presentalo a un cliente potencial.
Adquisición de experiencia na participación de traballos profesionais ou de investigación no ámbito das enerxías renovables e da sustentabilidade enerxética.
Prácticas en centros externos no ámbito das enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética para desenvolver actividades relacionadas coa formación recibida nas materias.
Elaboración dun proxecto industrial ou económico para a análise de problemas no ámbito das enerxías renovables e a sustentabilidade.
Defensa do mesmo ante un cliente potencial.
As prácticas poderán ter unha orientación profesional ou investigadora, e poderán realizarse nunha empresa, organismo público, Universidade, Centro de investigación ou Centro Tecnolóxico, que asinase un convenio de colaboración coa USC no contexto do Máster, ou ben nun Grupo de Investigación ou cun investigador independente da USC.
Nomearase un titor externo ademais dun Profesor titor do Máster.
Os organismos poderán ser nacionais ou internacionais.
As actividades que se desenvolverán no centro de prácticas estará relacionado coa temática do Máster, enerxía, enerxías renovables, eficiencia enerxética, impactos no uso da enerxía (tales como cambio climático) ou sustentabilidade.
De forma natural a materia de prácticas externas debería dar lugar á selección da temática do TFM, considerándose moi positivo a continuación da temática de prácticas para o TFM e no mesmo organismo.
Dependerá da práctica e será fornecida polo titor ou titores e o organismo onde se realicen.
BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Adquirir e comprender os principais aspectos teóricos, prácticos e metodolóxicos necesarios para a dedicación profesional ao campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e o cambio climático.
CG02 - Desenvolver a suficiente autonomía para iniciarse na investigación e poder incorporarse a un grupo de investigación ou unha empresa que efectúen desenvolvementos nos tres ámbitos do Máster.
CG03 - Capacidade de realizar estudos de planificación e deseño de solucións enerxéticas no campo das enerxías renovables e a sustentabilidade e o cambio climático, ben sexan modelos de planificación ou para a súa aplicación a instalacións.
CG06 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías e ferramentas actuais no campo das enerxías renovables, a sustentabilidade e o cambio climático.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
TRANSVERSAIS
CT01 - Traballar eficazmente tanto en equipos interdisciplinares, como de forma autónoma e con iniciativa.
CT04 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT05 - Ser capaz de interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés.
CT06 - Ser capaz de xestionar información e comunicación mediante úsoo das TIC.
CT02 - Analizar, razoar críticamente, pensar con creatividade e comunicar as súas ideas defendéndoas e discutíndoas asertiva e estructuradamente.
CT03 - Capacidade para traballar e tomar decisións en contornas de presión nas que está sometidos a escaseza de tempo, presións internas e externas, e limitación de recursos en xeral demostrando capacidade de liderado.
CT08 - Capacidade para a toma de decisións responsables e acertadas en situacións complexas e/ou comprometidas.
CT14 - Capacidade para analizar, organizar, xestionar e aplicar un proxecto técnico-científico tendo en conta as limitacións de persoal, económicas, legais, etc.
ESPECÍFICAS
CE02 - Desenvolver habilidades no campo do deseño, implementación, explotación e mantemento en instalacións enerxéticas eficientes, renovables e sostibles, aplicando ferramentas de modelización, planificación e optimización.
CE03 - Asesorar no desenvolvemento de proxectos relacionados coas enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética, analizar, desde o punto de vista técnico, económico e social, os proxectos enerxéticos e propoñer solucións específicas e innovadoras para empresas e particulares.
CE10 - Comprender e establecer metodoloxías para a diagnose, xestión e planificación enerxética sostible a través da valorización de recursos enerxéticos propios en diferentes tipos de asentamento e aplicar este tipo de procedemento en casos sinxelos.
A definir pola Empresa ou Organismo. Sen restricións en presenza física.
As prácticas académicas externas curriculares desenvolveranse de xeito presencial
Avaliación conxunta entre o titor ou titores da USC e da Empresa ou Organismo. Para iso recorrerase ao informe técnico procedente da Empresa (50 %), avaliación do titor ou titores da USC(30%) e á memoria que entrega o estudante (20 %).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
De forma xeral, poderanse realizar diferentes probas para verificación obtención coñecementos téoricos/prácticos e adquisición de habilidades e actitudes.
Docencia interactiva. Seminarios 1.5 h
Titoría individualizada 3.5 h
Traballo persoal do alumno e outras actividades 10 h
Realización das prácticas 285 h
A normativa que regula as prácticas externas, así como as convocatorias que realiza o centro cada curso académico poden consultarse na seguinte ligazón: http://www.usc.es/es/centros/fisica/practicas.html
Así mesmo, sería recomendable un coñecemento básico de inglés. Tamén sería recomendable un coñecemento a nivel de usuario en informática para familiarizarse coas novas tecnoloxías á hora de dar calidade ás exposicións orais públicas, programas de tratamento de datos para analizar os datos obtidos no traballo de laboratorio, e navegación por Internet para ter o acceso mais directo e rápido á maior información posible.
Antonio Jesus Garcia Loureiro
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 881816467
- Correo electrónico
- antonio.garcia.loureiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Rodriguez Añon
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- ja.rodriguez.anon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Proupin Castiñeiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- xurxo.proupin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Josefa Salgado Carballo
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814110
- Correo electrónico
- j.salgado.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Otilia Reyes Ferreira
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Teléfono
- 881813318
- Correo electrónico
- otilia.reyes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alvaro Gil Gonzalez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881816879
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Seoane Iglesias
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jesus Garcia Guimarey
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- mariajesus.guimarey [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta