Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao final do estudo desta materia o alumno debe adquirir coñecementos sobre algúns aspectos das enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética, máis concretamente en relación cos gases de efecto invernadoiro, o cambio climático inducido, as opcións de mitigación, incluíndo a prevención, captura, almacenamento e o uso dos gases de efecto invernadoiro como entradas a procesos de produción
Coñecerá os aspectos máis importantes dos GEI´s e do cambio climático, os seus impulsores, as tendencias actuais e as posibilidades de mitigación, especialmente na produción, conversión, transmisión e distribución de enerxía.
O alumno será capaz de propor opcións de mitigación dos GEI´s, a partir dos coñecementos adquiridos na materia, e entre elas aquelas relacionadas coa prevención evitando que se produza (recoñecendo a importancia da eficiencia enerxética e as enerxías renovables), non permitindo que cheguen a emitirse (mediante o uso e transformación no mesmo lugar no que se producen), capturándoos (en caso de que sexa inevitable a súa emisión) e aínda mellor utilizándoos como entrada como materia prima ou auxiliar a outro proceso no que se transformarán para producir produtos útiles.
O alumno será capaz de facer buscas bibliográficas e análise para estudar a viabilidade dun proceso deste tipo. Aprenderá unha metodoloxía para desenvolver procesos deste tipo, moi útiles para o futuro como profesional, pois é un ámbito emerxente. Aplicará a metodoloxía para a busca de procesos sostibles. Será consciente da posibilidade de utilizar este tipo de metodoloxías e procesos a corto-medio prazo.
Gases de efecto invernadoiro. Fontes antropoxénicas de GEI´s. Cambio climático natural e inducido. Bases físicas do cambio climático. Impulsores, tendencias e mitigación. Mitigación do Cambio climático no contexto do desenvolvemento sustentable. Cambios e avances tecnolóxicos. O cambio climático e a produción, conversión, transmisión e distribución de enerxía. Recursos e dispoñibilidade. Opcións, prácticas e aspectos de comportamento das tecnoloxías de mitigación. Captura e almacenamento de GEI´s. Uso de GEI´s como entradas en procesos de transformación.
IPCC (2014) Climate Change 2014 Mitigation of Climate Change. Working Group III Contribution to the Fifth Assessment Report of the Intergovernmental Panel on Climate Change. Cambridge University Press, New York.
IPCC (2011). Renewable Energy Sources and Climate Change Mitigation. Ottmar Edenhofer, Ramón Pichs-Madruga, Youba Sokona, Kristin Seyboth, Patrick Matschoss, Susanne Kadner, Timm Zwickel, Patrick Eickemeier, Gerrit Hansen, Steffen Schloemer, Christoph von Stechow (Eds.) Cambridge University Press, Cambridge, United Kingdom and New York, NY, USA, 1075 pp.
IPCC (2005) - Carbon Dioxide Capture and Storage. Bert Metz, Ogunlade Davidson, Heleen de Coninck, Manuela Loos and Leo Meyer (Eds.)
Cambridge University Press, UK. pp 431.
Ministerio de Industria, Energía y Turismo (2015) Tecnologías de mitigación de Cambio climático. Oficina Española de Patentes y Marcas.
Competencias básicas e xenéricas:
CG01 - Adquirir e comprender os principais aspectos teóricos, prácticos e metodolóxicos necesarios para a dedicación profesional ao campo das enerxías renovables, a sostenibilidade e o cambio climático
CG09 - Utilización das bases científicas aplicables no campo das enerxías renovables, a sostenibilidade e a eficiencia enerxética para comparar e seleccionar as alternativas máis eficientes e sostibles en diferentes contextos socioeconómicos
CG06 - Coñecer en profundidade as tecnoloxías e ferramentas actuais no campo das enerxías renovables, a sostenibilidade e o cambio climático
CB6 - Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando en gran medida de forma autodirixida ou autónoma.
Competencias transversais:
CT04.- Utilizar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT05.- Ser capaz de interpretar textos, documentación, informes e artigos académicos en inglés.
CT07.- Capacidade para a xestión e a decisión sobre un conxunto complexo e diverso de datos e fontes documentais.
CT10.- Capacidad de análise e de síntese.
Competencias específicas:
CE09.- Deseñar e xestionar proxectos enerxéticos enfocados á mitigación do cambio climático que xeneren dereitos de emisión.
Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de encerado, computador, canón) complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
Seminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais invitados da empresa, a administración ou outras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos.
Realización dun traballo individual para aplicar metodoloxías de búsqueda de sistemas de captura y uso de GEI´S.
Titorías individuais ou en grupo reducido.
Clases en aula de informática nas que se usarán simuladores para analizar os sistemas estudados.
Utilización de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente on-line (Campus Virtual).
Estudo persoal baseado nas diferentes fontes de información.
Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes.
Como norma xeral, todas ás actividades a desenvolver na materia serán de carácter presencial.
A avaliación da materia consistirá en distintos apartados:
-Traballo en equipo/individual: versará sobre algunha das temáticas incluídas nos contidos da materia. O seu peso será dun 25% sobre o total da cualificación da materia.
- Traballo asociado a prácticas: os alumnos desenvolverán un traballo/proba relacionado coas prácticas sendo o seu peso dun 25%.
-Exame: será unha proba de carácter teórico-práctico cun peso do 40%.
-Titorías: a/s actividad/es desenvolvida/s durante as titorías terán un peso dun 10%.
É necesario acadar unha puntuación mínima na avaliación continua (traballo, prácticas e titorías) e no exame para superar a materia. A puntuación mínima será dun 30%, e dicir, os alumnos necesitan obter como mínimo 1.8 puntos (de 6 posibles) nas actividades de avaliación continua e 1.2 puntos (de 4 posibles) no exame.
Para a segunda oportunidade gardaranse as cualificacións obtidas nas actividades correspondentes á avaliación continua.
As cualificacións dos traballos, actividades, probas de clase e titorías se comunicarán ao alumno antes do exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo lectivo (para o alumno) de clases teóricas (expositivas), seminarios e resolución de problemas (interactivas), prácticas e titorías nesta materia é de 9, 6, 6 y 3 horas, respectivamente.
Horas traballo alumno:
Expositivas: 17 h
Seminarios: 20 h
Aula de informática: 7 h
Titorías grupo: 2 h
Titorías individualizadas: 2 h
Exame e revisión: 3 h
Total: 51 horas (ECTS = 3,0)
Considérase que os alumnos deben levar a materia relativamente ao día co fin de poder obter bos resultados na avaliación continua que ten un peso importante sobre a avaliación final.
a) As clases e todo o material docente se darán, fundamentalmente en castelán.
b) Entregarase con suficiente antelación o material necesario para o desenvolvemento das clases expositivas e o traballo durante os seminarios.
c) Tanto para a entrega de material, como para outras actividades como a realización de tests, empregarase o campus virtual da Universidade de Santiago de Compostela.
d) Nas actividades que se desenvolvan a través de medios telemáticos, empregarase MS Teams xunto co campus virtual. Para estas actividades recoméndase que o equipo informático poda dispoñer de micrófono e cámara.
Diego Gomez Diaz
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- diego.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pastora Maria Bello Bugallo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816789
- Correo electrónico
- pastora.bello.bugallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
28.05.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
04.07.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |