Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Este curso é continuación da materia Teoría Cuántica de Campos, vinculada á orientación de Física de Partículas. O obxectivo principal é o estudo dos aspectos non perturbativos da teoría cuántica de campos, especialmente en conexión coa dinámica cuántica das teorías de gauge. Os principais temas a estudar son as anomalías e as súas implicacións, así como as diferentes solucións solitónicas e a súa conexión coa estrutura non perturbativa das teorías de campos. Inclúese tamén unha introdución á supersimetría.
RESULTADOS DO APRENDIZAXE:
O alumnado que cursase esta materia poderá:
-Comprender a estrutura cuántica das teorías cuánticas de campos en varias dimensións, máis aló da súa estrutura perturbativa.
-Afondar nas implicacións físicas da cuantización das teorías de gauge.
1. Fases das teorías de gauge. Caracterización do confinamento. Lazos de Wilson e ‘t Hooft. Limite de ‘t Hooft e expansión 1/N.
2. Anomalías quirais en dúas e catro dimensións. Modelo de Schwinger. Método de Fujikawa e diagramas do triángulo. Aplicación a QCD e ao modelo estándar. Aspectos topolóxicos das anomalías.
3. Solitóns en teoría de campos. Monopolos. Vórtices. Instantóns e baleiro theta.
4. Introducción á supersimetría. Superespazo e construzón de Lagranxianos supersimétricos.
-Notas de clase (dispoñibles en liña; abarcan a totalidade de contidos).
M. Shifman, Advanced topics in quantum field theory, Cambridge U. P., 2012.
S. Weinberg, The quantum theory of fields, vol. 2, Cambridge U. P., 1996.
M. E. Peskin y D. V. Schroeder, An Introduction to Quantum Field Theory, Addison-Wesley, 1995.
R. Bertlmann, Anomalies in quantum field theory, Oxford U. P., 1996.
E.J. Weinberg, Classical solutions in Quantum Field Theory, Cambridge University Press, 2012.
R. Rajaraman, Solitons and instantons, North-Holland, 1982.
J. Greensite, An introduction to the confinement problem, Springer 2011.
J. Wess, J. Bagger, Supersymmetry and supergravity, Princeton U. P., 1992.
Ademais das competencias básicas (CB6-CB10), xerais (CG1-CG5) e transversais (CT1-CT2) especificadas na memoria de verificación do título, o alumnado adquirirá as seguintes competencias específicas para esta materia:
CE7: Adquirir la capacitación para el uso de las principales herramientas computacionales y el manejo de las principales técnicas
experimentales de la Física Nuclear y de Partículas.
CE8: Adquirir un conocimiento en profundidad de la estructura de la materia en el régimen de bajas energías y su
caracterización.
Impartiranse as horas de clase presencial segundo o calendario oficial do Máster, nas que se explicarán, utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer, os contidos da materia, introducindo exercicios e problemas ilustrativos e/ou aclaratorios. Aos alumnos iráselles fornecendo un material que comprende tanto o desenvolvemento dos contidos teóricos como os enunciados de exercicios e problemas. Dispoñerase das horas de titorías correspondentes, baixo petición e cita previa. As notas de clase servirán de apoio para o estudo. Propoñeranse exercicios que o alumno deberá resolver e, no seu caso, entregar.
A materia non contempla a realización dun exame final para a primeira oportunidade. O sistema de avaliación combinará unha avaliación continua, que consistirá na realización de exercicios e problemas que o alumno entregará a o longo da asignatura, e un control adicional para avaliar as competencias globais que contabilizará ata o 30% da cualificación final. Para a segunda oportunidade realizarase un exame final convencional nas datas oficiais fixadas polo centro.
A nota de avaliación continua é válida só para a primeira oportunidade e non se conservará para cursos posteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
Clases expositivas: 20h.
Clases interactivas: 10h.
Titorías: 1h.
Traballo persoal e outras actividades: 44h.
Traballo total do alumno: 75h.
Recoméndase cursar a materia Teoría Cuántica de Campos do Grao en Física.
Jose Luis Miramontes Antas
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881814057
- Correo electrónico
- jluis.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Riccardo Borsato
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- riccardo.borsato [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
26.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |