Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Preténdese que os alumnos adquiran aqueles coñecementos básicos relacionados coa química supramolecular como ferramenta na construción de sistemas complexos a partires de unidades perfectamente definidas, así como súa aplicación en distintas áreas de investigación.
Tema 1. Química supramolecular: interaccións non covalentes.
Tema 2. Determinación das constantes de asociación
Tema 3. Recoñecemento molecular de especies neutras e cargadas.
Tema 4. Auto-ensamblaxe e topoloxía supramolecular.
Tema 5. Auto-organización.
Tema 6. Catálise e dinámica supramolecular.
Tema 7. Máquinas moleculares naturais e artificiais.
Tema 8. Lóxica supramolecular: sensores, interruptores, memorias e cables supramoleculares.
Básica (manuais de referencia).
Philip A. Gale and Jonathan W. Steed (editores): Supramolecular Chemistry: From molecules to nanomaterials, Wiley and Sons Ltd., 2012 (ISBN: 978-0-470-74640-0).
(Escenario 2 e 3: documentos aportados polo profesorado a través da plataforma Moodle).
Complementaria.
- K. Ariga, T. Kunitable “Supramolecular Chemistry: Fundamentals and Applicacions” Springer-Verlag, Berlin, 2006.
- R. Ungaro, E. Dalcanale “Supramolecular Science: Where it is and where it is going” Kluwer, Dordrecht, 1999.
- Comprehensive Supramolecular Chemistry. Pergamon, 1996.
- J.-M. Lehn “Supramolecular Chemistry”, VCH, New York, 1995.
- V. Balzani, M. Ventura, A. Credi “Molecular Devices and Machines” Wiley-VCH, Weinheim, 2003.
- Macrocyclic Chemistry. Current Trends and Future Perspectives. Edited by Karsten Gloe. Springer, The Netherlands, 2005.
- Shriver, Kaesz e Adams, The Chemistry of metal cluster complexes I. Haiduc, F. T. Edelmann “Supramolecular Organometallic Chemistry” Wiley-VCH, 2008, ISBN: 978-3-527-61355-7.
- Steed, J. W.; Atwood, J. L. Supramolecular Chemistry, 2nd Ed.; John Wiley & Sons, 2009 (ISBN: 978-0-470-51234-0).
- Nuria Rodríguez-Vázquez, Alberto Fuertes, Manuel Amorín, Juan R. Granja. Título do Capítulo: Bioinspired Artificial Sodium and Potassium Channels (Capítulo 14, páxinas 485-556). Springer International Publishing Switzerland, 2016. A. Sigel, H. Sigel, and R.K.O. Sigel (eds.), The Alkali Metal Ions: Their Role for Life, Metal Ions in Life Sciences 16, DOI 10.1007/978-3-319-21756-7_14.
Competencias
Competencias básicas e xerais
• CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e / ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os últimos coñecementos e razóns que os apoien a audiencias especializadas e non especializadas dun xeito claro e inequívoco.
• CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran parte autodirixido ou autónomo.
• CG3 - Acceder á información necesaria (bases de datos, artigos científicos, etc.) e ter criterios suficientes para a súa interpretación e uso.
• CG5 - Utilizar a terminoloxía científica na lingua inglesa para argumentar resultados experimentais no contexto da profesión química.
• CG6 - Aplicar correctamente novas tecnoloxías de recollida de información e organización para resolver problemas na actividade profesional.
• CG7 - Preséntar publicamente os resultados dunha investigación ou dun informe técnico.
Competencias específicas.
• CE11 - Coñecer os conceptos básicos de Química Supramolecular e Química Macromolecular Orgánica.
• CE12 - Coñecer os tipos máis importantes de macromoléculas orgánicas e entidades supramoleculares orgánicas, a súa caracterización, modificacións e a súa aplicación en Ciencia e Tecnoloxía.
Competencias transversais.
• CT2 - Desenvolver a capacidade de comunicación científica e técnica en español e inglés, tanto oralmente como por escrito, utilizando os medios audiovisuais máis comúns.
• CT6 - Demostrar capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo para o desenvolvemento da súa vida profesional.
• CT7 - Desarrollar sensibilidad y responsabilidad sobre temas energéticos, medioambientales y éticos
• CT9 - Adaptarse a los cambios, siendo capaz de aplicar tecnologías nuevas y avanzadas y otros progresos relevantes, con iniciativa y espíritu emprendedor
Os contidos da materia se impartirán utilizando as técnicas audiovisuais modernas mediante presentacións en PowerPoint acompañadas de abundante material bibliográfico. Complementárase esta formación con aspectos prácticos.
Para a realización de titorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o profesor/es, poderán empregar o foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
A avaliación desta materia farase mediante unha metodoloxía de avaliación continua e realizarase un exame final, para acceder ó exame hai que participar polo menos no 80% das actividades de asistencia obrigatoria (seminarios e titorías).
O profesor comprobará a participación en clase segundo un sistema de control oficial establecido na Universidade (ou no Centro), onde esté matriculad@ o/a estudante. As ausencias deberán xustificarse documentalmente.
A ponderación de avaliación continua (40%) e exame final (60%) será baseada nas porcentaxes indicadas. O exame final constará tanto dunha parte escrita (25%) como outra presentación oral (75%).
Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios e probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión das valoracións”.
Ademais da asistencia á clase, será necesario co alumno adedique tempo adicional a repasar os conceptos estudiados na clase, á resolución dos exercicios propostos, á consulta da bibliografía, e a preparación da presentación do traballo. Será necesarias unhas 75 horas/curso (sumando o tempo presencial e non presencial).
Tendo en conta que nesta materia os conceptos que se van estudiando o longo do curso están moi interrelacionados, e moi importante realizar un estudio continuo e progresivo da materia. Asimismo, e fundamental a lectura da bibliografía recomendada en cada un dos apartados. Deste modo o alumno podrá coñecer e solventar as dificultades e as dudas que teña o longo do curso.
O alumno debería asistir as conferencias relacionadas con este tema que habitualmente se organizan no Departamento.
As clases impartiranse habitualmente en español. Pero, algunhas presentacións avanzadas poderían ser impartidas en inglés polo experto correspondente. No caso hipotético dun número de alumnos estranxeiros elevado, as clases serían impartidas en inglés.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios e probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión das valoracións”.
Juan Ramón Granja Guillán
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- juanr.granja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Manuel Amorin Lopez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- manuel.amorin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Mércores | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Venres | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Técnica (planta baixa) |