Créditos ECTS Créditos ECTS: 1.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 25.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 4.5 Clase Interactiva: 6 Total: 37.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Proporcionar ao alumno nocións básicas sobre o proceso comunicativo e a súa importancia no ámbito da dirección de proxectos. Desenvolver habilidades que permitan xerar un plan de xestión da información e as comunicacións nun proxecto. Familiarizar o alumno con ferramentas para a xeración de informes, facendo especial fincapé na discriminación da información que se incluirá, dependendo do destinatario. Achegar o alumno aos procesos de normalización de documentación do proxecto. Introducir novas ferramentas para comunicación e xestión de información nun ámbito web.
A memoria do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Contidos teóricos
O proceso comunicativo. Contextualización.
A xestión das comunicacións do proxecto. O enfoque do PMI versus IPMA
As matrices de interesados
Planificación da información e as comunicacións
Xestión da información versus xestión do coñecemento
A xestión documental
Distribución da información e informes de estado
Contidos prácticos
Elaboración de presentacións
Xestión eficaz de reunións
As táboas dinámicas de Excel
O xestor de informes de Microsoft Project
Elaboración dun plan de xestión de comunicacións
Bibliografía básica
• Libaert, T. (2005). El Plan de comunicación organizacional : cómo definir y organizar la estrategia de comunicación. Limusa, cop. México.
• PMI 2017. A guide to the project management body of knowledge (PMBOK® guide). Sixth edition. Project Management Institute, Pennsylvania.
• Pérez, R. (2005). Estrategias de comunicación. Ariel, Barcelona.
Bibliografía complementaria
• Cuadrado, C. (2007). Protocolo y comunicación en la empresa y los negocios. Fundación Confemetal, Madrid.
• Estanqueiro, A. (2006). Principios de comunicación interpersonal : para saber tratar con las personas. Narcea, Madrid.
• García, J. (2003). Tecnología de la comunicación e información escrita. Síntesis, Madrid.
• Gómez de Enterría, J. (2008). La comunicación oral en la empresa. Arco/Libros, D.L. Madrid.
• Monarth, H. (2008). Desarrolle sus habilidades de comunicación. McGraw-Hill, México.
• Ponjuán, G. (2007). Gestión de información: dimensiones e implementación para el éxito organizacional. Trea, Gijón
• Pozo, M. (2007). Gestión de la comunicación interna en las organizaciones : casos de empresa
• Velilla, R. (1995). Guía práctica para la redacción de informes. EDUNSA, D.L. Barcelona
• West, R. (2005). Teoría de la comunicación : análisis y aplicación. McGraw-Hill, Madrid.
Competencias básicas, xerais e transversais:
CG01 - Capacidade para a elaboración, seguimento e control dun plan de xestión dun proxecto.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
CT12- Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
CT14 - Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
CT01 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
CT02 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
CT03 - Aprender a aprender.
CT04 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
CT05 - Capacidade de análise e síntese.
Competencias específicas:
CES01 - Capacidade para comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos (orientación a proxectos), en ámbito de orientación aos resultados.
CES02 - Capacidade para comprender as implicacións básicas do ámbito que rodea ao proxecto: á organización permanente que o desenvolvo; os programas e carteiras de proxectos; o ámbito económico, financeiro e mercantil; o ámbito tecnolóxico; e o ámbito legal.
CES10 - Capacidade para xestionar os datos do proxecto e para redactar informes xornais e finais do proxecto.
CES14 - Capacidade para identificar e xestionar os cambios do proxecto.
CES15 - Capacidade para establecer modos de apreciar cando a dirección do proxecto foi exitoso.
A docencia presencial se impartirá a través de clases expositivas en grupos de 25 alumnos (4,5 horas), empregando como elementos de apoio as presentacións en diferentes formatos (powerpoint, prezi, etc.). As sesións expositivas serán completadas con docencia interactiva (6 horas). Os alumnos contarán co apoio de titorías para o desenvolvemento das actividades previstas. Ademáis, o Campus Virtual será empleado como plataforma para a comunicación co alumno e subministro da información que precisa tanto para as sesións expositivas, coma para a docencia interactiva e o traballo persoal.
Específicamente, empregaranse:
• Leccións maxistrais e participativas
• Seminarios para o desenvolvemento de traballos prácticos
• Realización de presentacións dos traballos
• Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballos de curso
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos
• Titorías individualizadas e colectivas
• Traballo autónomo e estudo individual dos alumnos
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesión/s de discusión activa.
Mixta con casos prácticos e exame oral. Os casos prácticos terán dúas vertentes claramente diferenciadas. Por unha parte o alumno elaborará informes de rendemento e de monitorización do estado de avance do proxecto co xestor de informes de Microsoft Project. Adicionalmente o alumno deberá de realizar un plan de xestión das comunicacións do proxecto, integrado no traballo fio conductor. A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 50%-25%-25%, entre o rendemento deste nas partes nas que se avalía: exposición oral, calidade da práctica proposta, e plan de comunicacións desenvolto no traballo fío conductor. Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte. No exame oral avaliarase ao alumno en función das súas respostas ás preguntas dos profesores na exposición do plan de xestión de comunicacións desenvolto, así como a calidade da exposición e o axuste ao tempo dispoñible. Nas prácticas avaliaráse o rendemento do alumno na aula, o axuste ao solicitado, e a calidade das memorias entregadas.
Para superar a materia esíxeselle ao alumno a asistencia a un 75% das clases teóricas e prácticas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o alumno teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. As cualificacións dos casos prácticos e dos exames orais conservaranse unicamente durante o curso académico.
Proba oral (50%): competencias traballadas/avaliadas CG01, CB6, CB8, CB9, CES01, CES02, CES14 e CES 15.
Informes de rendemento (25%): competencias traballadas/avaliadas CG01, CB7, CB8, CB9, CB10, CT01, CT02, CT03, CT04, CT05, CT12, CT14 e CES10.
Plan de comunicacións integrado no traballo fio conductor (25%): competencias traballadas/avaliadas CG01, CB7, CB8, CB9, CB10, CT01, CT02, CT03, CT04, CT05, CT12, CT14, CES01, CES02 e CES10.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as calificacións conservaranse únicamente durante o curso académico.
Os criterios e procedemento de avaliación para os alumnos con dispensa de asistencia serán os mesmos que para o resto dos alumnos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
O alumno recibirá 4,5 horas de docencia expositiva e participará en 6 horas de prácticas (docencia interactiva), nas que ademais será avaliado. Ademais contemplaranse 1,5 horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver traballo adicional non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos da materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas dedicaranse 25,5 horas de traballo persoal.
. Asistencia a todas as actividades docentes.
. Consulta da bibliografía recomendada.
. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Materia en extinción no curso 2024/2025, sen docencia pero con dereito a evaluación con o sistema especificado para estudiantes repetidores.
Cesar Perez Cruzado
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- cesar.cruzado [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal