Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Que o estudante acade a capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de: Enxeñaría do medio ambiente, hidroloxía e erosión.
Capacidade de comprensión do ciclo hidrolóxico e dos procesos erosivos. Coñecemento do fluxo de auga en réxime libre. Capacidade de integrar os coñecementos de hidroloxía e hidráulica
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Fundamentos de Enxeñaría Hidrolóxica: infiltración, escoamento superficial, modelos hidrolóxicos, fluxo de auga en medios porosos (hidroloxía subterránea). Medida de caudal en réxime libre e fluxo de auga en canles. Deseño hidrolóxico: estatística hidrolóxica e curvas de precipitación intensidade-duración-frecuencia. Erosión: conceptos, modelos de erosión e control.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
(as horas inclúen Docencia expositiva e interactiva de seminario)
TEMA 1. INTRODUCCIÓN Á HIDROLOXÍA (1,5 horas)
Ciclo hidrolóxico. Marco legal da auga en España: Lei e Regulamento. Sistemas e subsistemas hidrolóxicos. Modelos hidrolóxicos.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 1 horas
TEMA 2. A AUGA NA ATMÓSFERA. PRECIPITACIÓN (1,5 horas)
Formación da precipitación. Tipos de precipitación. Medida da humidade na atmosfera. Medida da precipitación. Datos ausentes. Determinación da precipitación sobre un área.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 1,5 horas
TEMA 3. MEDICIÓNS HIDROLÓXICAS (1 hora)
Tipos de hidrogramas. Interpretación de rexistros de caudal: Unidades. Medidas de caudais. Medidas de nivel. Medidas de velocidade. Curvas de aforo.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 1 horas
TEMA 4. ESTATÍSTICA HIDROLÓXICA (5 horas)
Tratamento probabilístico da información hidrolóxica. Distribucións estatísticas usadas en hidroloxía: Continuas. Axuste dunha distribución estatística. Período de retorno. Distribucións estatísticas de valores extremos: máximos e mínimos. Análise de frecuencias Elaboración e utilización de curvas Intensidade-Duración-Frecuencia. Elaboración de treboadas de deseño.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 5,5 horas
TEMA 5. AUGA SUBSUPERFICIAL. INFILTRACIÓN (4 horas)
Medidas de humidade e potencial no solo. Infiltración instantánea e infiltración acumulada. Factores que afectan á infiltración. Fluxo saturado: Lei de Darcy. Fluxo non saturado: Lei de Richards. Medida da infiltración. Modelos de infiltración: modelos empíricos, modelos semiempíricos: ecuación de Green-Ampt e modelos físicos: ecuación de Richards. Medida da condutividade hidráulica: métodos de laboratorio e campo.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 4,5 horas
TEMA 6. AUGA SUPERFICIAL. ESCOAMENTO (3 horas)
Tipos de escoamento. Teorías de xeración do escoamento superficial. Precipitación efectiva. Cálculo dos coeficientes de escoamento. Método do número de curva do SCS. Cálculo das abstraccións co método de Green-Ampt. Modelos hidrolóxicos para o cálculo de escoamentos mensuais en cuncas non aforadas (calibración).
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3,5 horas
TEMA 7. HIDROGRAMAS (5 horas)
Fluxo base. Hidrograma unitario: Tempo de concentración. Hidrogramas Unitarios sintéticos. Método racional.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 5,5 horas
TEMA 8. HIDROLOXÍA SUBTERRÁNEA (2 horas)
Conceptos de hidroloxía subterránea. Fluxo en medios porosos. Lei de Darcy xeneralizada. Clasificación de acuíferos. Réxime permanente e variable. Mananciais.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 2 horas
TEMA 9. EROSIÓN (3 horas)
Tipos de erosión: hídrica e eólica. Erosión hídrica: laminar, sucos e cárcavas. Factores que afectan á erosión hídrica. Modelos de predición da erosión: empíricos (USLE, RUSLE) e de base física
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema:2,5 horas
TEMA 10. FLUXO DE AUGA EN RÉXIME LIBRE (3 horas)
Tipos de réximes. Ecuación de Manning. Ecuación de conservación da enerxía. Resalto hidráulico.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3 horas
Prácticas
Practica 1. Caracterización conca hidrográfica cun Sistema de información xeográfica (3 horas)
Práctica 2. Simulación de eventos de caudal máximo cos programas HEC-HMS e con CAUMAX, e con outras metodoloxías (3 horas)
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 27 horas
Bibliografía básica
• CEDEX. 2011. Mapa de caudales máximos Memoria Técnica. CEDEX. Madrid. 73 pp. http://hercules.cedex.es/caumax/caumax_v2.rar
• Chow, V. T.; Maidment, D. R. y Mays, L.W. 1994. Hidrología aplicada. McGraw-Hill Interamericana. Santa fe de Bogotá. 584 pp.
• Franzini, JB., y Finnemore, E. 1999. Mecánica de fluidos con aplicaciones en ingeniería. McGraw Hill
• Gupta.(Ed.) 2017. Handbook of Applied Hydrology, 2nd edition. McGraw-Hill. Acceso a través da biblioteca universitaria da USC. Libros electrónicos
• Muñoz Carpena, R., Ritter Rodríguez, A.. 2005. Hidrología Agroforestal. Mundi-Prensa Libros, SA. Madrid: 360 pp.
• Sánchez-Juny, M.; Bladé, E.; Puertas, J. 2007: "Hidráulica". Universidade da Coruña.
Bibliografía complementaria
• Hydrologic Engineering Center User's Manual (CPD-74A) Description of the use and application of the program. Current Version: Version 4.8, April 2021 ttps://www.hec.usace.army.mil/confluence/hmsdocs/hmsum/4.8
• Hydrologic Engineering Center User's Manual Technical Reference Manual (CPD-74B) Discussion of the technical underpinnings of the program including theoretical basis, parameter estimation techniques, and application suggestions. https://www.hec.usace.army.mil/confluence/hmsdocs/hmstrm
• Heggen, R. J. (Ed.). 1996. Hydrology handbook. 2ª edición. ASCE Press. New York. 784 pp.
• Maidment, D. R. 1989. Handbook of hydrology. McGraw-Hill Inc. New York. 1250 pp.
• Sánchez Martínez, F.J., Lastra Fernández, J. (Coordinadores). 2011. Guía metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Madrid 349 pp. https://www.miteco.gob.es/es/agua/publicaciones/guia_metodologica_ZI.as…
• Sánchez San Román, F.J. Hidrología Hidrogeología En http://hidrologia.usal.es
• WMO. 2012. Glosario hidrológico internacional . WMO-No. 385 https://library.wmo.int/doc_num.php?explnum_id=8209
• Textos lexislativos: Planos hidrolóxicos de conca, Directiva Marco da Auga, Lei de augas, Regulamento do Dominio Público Hidráulico, Instrución de planificación hidrolóxica
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agrícola en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
* Competencias básicas: CB2, CB3, CB4, CB5
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunire interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Competencias xerais: CG1, CG2, CG4, CG5,CG6
CG1 Coñecemento en materias básicas,científicase tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacida de de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG2 Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG4 Capacidade para a procura e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
CG5 Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade da contorna humana e natural.
CG6 Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinarios e multiculturais.
• Competencias transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
CT1 Capacidade de análise e síntese
CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 Compromiso de veracidade da información que lles ofrece aos demais.
CT9 Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación(TIC).
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 Utilización de información en lingua estranxeira.
• Competencias específicas: HJ6, HJ8, FB1, FB3, FB6
FB1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan presentarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciaise en derivadas parciais; métodos numéricos, algorítmica numérica; estatística e optimización.
FB3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos computadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
FB6 Coñecementos básicos de xeoloxía e morfoloxía do terreo e a súa aplicación en problemas relacionados coa enxeñaría. Climatoloxía.
HJ6 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría do medio ambiente e da paisaxe.
HJ8 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de hidroloxía. Erosión. Material vexetal: produción, uso e mantemento; ecosistemas e biodiversidade; medio físico e cambio climático. Análise, xestión e plans de ordenación territorial. Principios de paisaxismo. Ferramentas específicas de deseño e expresión gráfica; desenvolvemento práctico de estudos de impacto ambiental; proxectos de restauración ambiental e paisaxística; proxectos e plans de mantemento de zonas verdes; proxectos de desenvolvemento. Instrumentos para a ordenación do territorio e da paisaxe; xestión e planificación de proxectos e obras.
Nesta materia na docencia presencial traballaranse as seguintes competencias:
*Docencia expositiva: CB5, CG1, CG11, CT1, CT2, CT3, HJ6,HJ8, FB1, FB6
*Seminarios e resolución de problemas: CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG4, CG5, CG6, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, HJ6,HJ8, FB1, FB6
*Prácticas e elaboración de traballos CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG6, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, HJ6,HJ8, FB1, FB3, FB6
*Titorías en grupos reducidos CB2, CB3, CB5, CG1, CG2, CT1, CT2, CT3, HJ6, HJ8, FB1, FB6
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado, impreso ou a través do Campus Virtual e/ou a plataforma MS teams
1. Exame , constará de dúas partes (parte teórica e parte de problemas) e, terá un valor do 70% da puntuación final da materia.
- Teórico: Consistirá en preguntas ou cuestións teóricas sen apuntes. Supoñen o 30 % da nota do exame teórico sendo necesario un mínimo de 3 puntos sobre 10 para poder facer media coa parte de problemas.
- Problemas: Supón o 70 % da nota do exame teórico e consiste na resolución de varios problemas, para poder facer media coa parte teórica necesítase un mínimo de 3 puntos sobre 10. As fórmulas e táboas necesarias para a resolución proporcionaranse no exame.
2. Programa práctico: O traballo práctico será voluntario, asignado a cada grupo, para a realización deste utilizaranse os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas. Valoración máxima 15% da puntuación final da materia.
3. Outras actividades. poden constar de problemas propostos que terá que resolver o alumno, probas escritas, procura de artigos científicos en inglés en Web of Science e Scopus, traballos con glosarios en inglés con termos da materia 15 % da puntuación total da materia.
Este sistema de avaliación estará vixente tanto na primeira como na segunda oportunidade.
* Exame escrito.
Competencias:CB2*,CB5*, CG1*, CG8*, CT1*, CT2*, CT3*, CT6*, CT10, HJ6*,HJ8*, FB1*, FB6*. Peso na cualificación 70%
* Prácticas
CB2*,CB3*, CB4*, CB5*, CG1*, CG2*, CG4*, CG5*, CG6, CT1*, CT2*, CT3*, CT4*, CT5*, CT6*, CT8*, CT9*, CT10*, CT11*, CT12*, HJ8*, FB1*, FB3*, FB6*. Peso na cualificación 15%
* Traballos entregados
CB2*,CB3*, CB4*, CB5*, CG1*, CG2*, CG4*, CG5*, CG6, CT1*, CT2*, CT3*, CT4*, CT5*, CT6*, CT8*, CT9*, CT10, CT11, CT12*, HJ6*, HJ8*, FB1*, FB3*, FB6*. Peso na cualificación 15%
* Competencias avaliadas
Os estudantes repetidores poderán conservar as cualificacións das memorias de prácticas e doutras actividades obtidas no curso 2020/2021
As cualificacións das memorias de prácticas e doutras actividades conservaranse durante o curso académico actual e o próximo curso.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia aos exames, podendo realizar o resto de actividades programadas na Guía docente de xeito non presencial.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións correspondente ao artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011.
Ensino expositivo nun grupo de ata 80 alumnos 18 horas
Docencia interactiva nun grupo de 20 alumnos (laboratorio, aula de informática ...) 18 horas
Titorías en grupo de 10 alumnos 2 horas
Actividades de avaliación 3 horas
Lectura e preparación de temas 32 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior das mesmas 18 horas
Preparación do traballo do curso 10 horas
Preparación da proba de avaliación 11,5 horas
A asistencia a clase recoméndase que sexa dun xeito activo, participando no seu desenvolvemento. Así mesmo, é interesante facer uso das titorías, recorrer á bibliografía recomendada e participar nas prácticas e realizar os traballos prácticos e os problemas propostos.
Jorge Dafonte Dafonte
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- jorge.dafonte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade