Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento das principais metodoloxías e fundamentos da dirección de proxectos. Capacidade de dirección e xestión de proxectos. Coñecemento para a racionalización dos procesos produtivos e de métodos de traballo. Coñecemento das ferramentas de comunicación, información, motivación e xestión do persoal.
Xestión de alcance, do tempo, de custos, de calidade, de riscos, de recursos humanos, de comunicacións, de adquisicións e de integración. Xestión e planificación sostible do proxecto. Identificación de factores de sustentabilidade. Análise cuantitativa/cualitativa de oportunidades de sustentabilidade.
Estes contidos serán desenvolvidos #de acordo con o seguinte temario:
1.-DOCENCIA EXPOSITIVA (12 HORAS).
Tema 1.- Marco Conceptual (1h)
Tema 2.- Metodoloxías para a Xestión de Proxectos: A metodoloxía PM2 (2h)
Tema 3.- Xestión de Alcance (1h)
Tema 4.- Xestión de Tempos (3h)
Tema 5.- Xestión de Custos(3h)
Tema 6.- Xestión de Riscos (1h)
Tema 7.- Xestión de Comunicacións (1h)
2.- DOCENCIA INTERACTIVA (12 HORAS).
Nos seminarios en grupo expoñeranse as principais ferramentas e técnicas empregadas no ámbito da dirección de proxectos. Concretamente, as técnicas serán as seguintes (os códigos correspóndense cos empregados na metodoloxía PM2 para a dirección de proxectos): C1_PESTEL, C2_Facer ou Comprar, C3_MII, C4_Matrices probabilidade impacto, C5_Estrutura de Desagregación de Tarefas, C6_Estrutura de Desagregación de Entregables, C7_ Estimación de Esforzos e Custos, C8_ Estimación por tres puntos, C9_Árbores de decisión, C10_Cronograma, C11_Nivelación de recursos, C12_Gantt, C13_Camiño Crítico, C14_Cadea Crítica, C15_Xestión Valor Gañado, C16 Análise Pareto, C17_Leccións aprendidas, DAFO e Análises multicriterio.
Estas técnicas e ferramentas traballaranse en grupos de ata 5 persoas por parte dos estudantes mediante o uso dos artefactos para a dirección de proxectos de PM2. Cada grupo elaborará un plan para a dirección dun proxecto mediante o uso dos artefactos da metodoloxía PM2. Concretamente, os artefactos que se traballarán na materia serán: 01_Solicitude de Inicio de Proxecto, 02_Caso de Negocio, 03_Acta de Constitución do Proxecto.
3.- TITORÍAS EN GRUPO (3 HORAS).
Titoría 1.- Programación de actividades e prácticas.
Titoría 2.- Seguimento das actividades e prácticas_1
Titoría 3.- Seguimento das actividades e prácticas_2
Bibliografía Básica
- IPMA. Bases para la competencia en dirección de proyectos. NCB 3.1.
- PMI 2018. A guide to the project management body of knowledge. Project Management Institute. (PMBOK guide). Pensylvania. ISBN 9781628253900.
- European Commission, Directorate-General for Informatics, Metodología de gestión de proyectos PM² : guía 3.0.1, Publications Office of the European Union, 2021, https://data.europa.eu/doi/10.2799/78438. ISBN 978-92-76-31381-6
- European Commission, Directorate-General for Informatics, The PM²-Agile guide 3.0.1, Publications Office of the European Union, 2021, https://data.europa.eu/doi/10.2799/162784
- PMI Standards Committee (2021) A Guide to the Project Management Body of Knowledge (PMBOK® Guide) - The Standard for Project Management. Project Management Institute, Newtown Square, Pennsylvania, USA.
- PM2 Project Management Methodology. https://pm2.europa.eu/index_en
Bibliografía Complementaria
- Amándola, L.J.. Estrategias y tácticas en la dirección y gestión de proyectos Valencia : Editorial de la UPV
- Chu, M., Altwies, D., Walker, E. Achieve PMP exam success. J. Ross Publishing, USA
- Frame, J. D.. La nueva dirección de proyectos : herramientas para una era de cambios rápidos. Barcelona: Granica
- Ibbs, C.W., Kwak, Y.H. Assessing project management maturity. Project Management Journal, Vol. 31, No. 1, pp. 32-43, Project Management Institute, USA.
- Kerzner, H. Project management case studies, Wiley
- Kerzner, H. Project management, Wiley
- Lewis, J.P. Planificación, programación y control de proyectos. Ediciones S.
- Lewis, James P. Las claves de la gestión de proyectos. GESTION 2000.
- Lock, D. Project Management. Gower Publishing.
- Meredith, J.R., Mantel, S.J. Project management. A managerial approach. John Wiley, New York, USA.
- Morris, P.W.G. The Management of Projects. Thomas Telford Publications, London.
- Morris, Peter W.G., Pinto, Jeffrey K. The Wiley guide to managing projects. John Wiley.
- Pereña, J.. Dirección y gestión de proyectos. Madrid : Díaz de Santos.
- Phillips, J. PMP study guide. McGraw-Hill.
- Stellman, A., & Greene, J. 2014. Learning agile: Understanding scrum, XP, lean, and kanban. " O'Reilly Media, Inc."
- Turner, J.R. The handbook of project-based management: improving the processes for achieving strategic objectives. The Henley Management Series, McGraw Hill.
- https://www.aec.es/web/guest/centro-conocimiento/norma-iso-21500
- https://www.ipma.world/
- https://www.aeipro.com/es/
- https://agile-spain.org/
Dentro do cadro de competencias, coñecementos, contidos, habilidades e destrezas establecidas na Memoria de Título, traballaranse as seguintes:
Competencias específicas:
• CEM3-02 - Coñecemento para a racionalización dos procesos produtivos e de métodos de traballo TIPO: Competencias.
• CEM3-05 - Coñecemento das ferramentas de comunicación, información, motivación e xestión do persoal TIPO: Competencias.
Competencias xerais:
• CG01 - Capacidade para aplicar as técnicas de márketing e comercialización de produtos forestais TIPO: Competencias.
• CG03 - Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de primeira e sucesivas transformacións. TIPO: Competencias
Coñecementos ou contidos:
• COM3-01 - Os fundamentos da dirección de proxectos, programas e carteiras TIPO: Coñecementos ou contidos.
• COM3-02 - As metodoloxías e técnicas empregadas na xestión de proxectos TIPO: Coñecementos ou contidos.
Habilidades ou destrezas:
• HAM3-01 - Deseñar, implementar e seguir o desenvolvemento de plans de xestión de proxectos TIPO: Habilidades ou destrezas.
• HAM3-02 - Avaliar o estado dos obxectivos do proxecto (prazo, custo e calidade) durante a fase de execución e tomar medidas de corrección que afecten ao alcance do proxecto TIPO: Habilidades ou destrezas.
• HAM3-03 - Integrarse como membro de equipo en organizacións que funcionen en base a proxectos TIPO: Habilidades ou destrezas
Leccións maxistrais: 12 horas. Obrigatorio. Traballaranse as competencias: CEM3-02, CEM3-05, CG01, CG03, COM3-01, COM3-02.
Seminarios, resolución de problemas ou estudos de caso: 12 horas. Obrigatorio. Traballaranse as competencias: CEM3-02, CEM3-05, CG01, CG03, COM3-01, COM3-02, HAM3-01, HAM3-02, HAM3-03.
Titorías grupais: 3 horas. Voluntario. Traballaranse as competencias: CEM3-02, CEM3-05, CG01, CG03, COM3-01, COM3-02, HAM3-01, HAM3-02, HAM3-03.
Actividades de avaliación: 5 horas. Obrigatorio. Traballaranse as competencias: CEM3-02, CEM3-05, CG01, CG03, COM3-01, COM3-02, HAM3-01, HAM3-02, HAM3-03.
• Proba escrita de preguntas obxectivas e/o de desenvolvemento - (50%): competencias avaliadas: CEM3-02, CEM3-05, CG01, CG03, COM3-01, COM3-02, HAM3-01, HAM3-02, HAM3-03.
• Portafolio grupal consistente nun plan de xestión dun proxecto. Peso na cualificación 50%. Competencias avaliadas: CEM3-02, CEM3-05, CG01, CG03, COM3-01, COM3-02, HAM3-01, HAM3-02, HAM3-03.
Para superar a materia é necesario obter unha cualificación superior a 4 sobre 10 en cada un dos dous apartados.
Para a avaliación da 2ª oportunidade conservarase a nota dos traballos entregados que fosen avaliados con unha nota superior a 5, poidendo repetir a entrega dos traballos suspensos en primeira convocatoria.
Os estudantes que teñan concedida dispénsaa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que para aprobar a materia deberán realizar un traballo adicional proposto polo profesor, que terá por obxectivo o adecuado cumprimento dos obxectivos formativos da materia no referente a aqueles contidos con marcado carácter práctico. A avaliación deste traballo poderá ser “apto” ou “non apto”, e non contará para a nota final, pero será condición imprescindible para a superación da materia a obtención de “apto”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e as cualificacións conservaranse unicamente durante o curso académico.
Lectura e preparación de temas: 24 horas
Realización de exercicios: 4 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 6 horas
Elaboración de traballos de prácticas: 10 horas
Preparación de probas de avaliación: 6 horas
Total tempo de estudo e traballo persoal: 50 horas
Asistencia a todas as actividades docentes.
Consulta da bibliografía recomendada.
Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia e especialmente coas memorias de prácticas.
Levar a materia ao día.
Unha vez finalizada a lectura dun tema é conveniente facer un resumo dos puntos importantes.
A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
Consulta do material bibliográfico.
Cesar Perez Cruzado
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- cesar.cruzado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade