Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Ecoloxía, Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é que o alumnado aprenda os principios básicos que regulan o crecemento e a evolución dos bosques naturais e as metodoloxías de análise de datos que require este tipo de procesos para que sexa capaz de, a partir dese coñecemento e de datos reais, desenvolver modelos sinxelos que permitan simular dita evolución.
Os contidos da materia recollidos na memoria da titulación son:
Modelos matriciais ou de clases de dimensión. Modelos de árbore individual dependentes e independentes da distancia. Modelado da estrutura da masa forestal. Modelado da competición. Modelado da mortalidade. Modelado da rexeneración y o recrutamento.
Estes contidos desenvolveranse seguindo o seguinte programa:
Programa de teoría:
Tema 1. Estrutura Forestal
Tema 2. Índices de competencia
Tema 3. Modelos de clases de dimensión
Tema 4. Modelos de árbore individual
Tema 5. Ecuacións de mortalidade
Tema 6. Rexeneración y recrutamento
Programa de prácticas:
Na parte práctica da materia construiranse modelos utilizando a linguaxe de ordenador R para poñer en práctica os conceptos que se discuten na parte teórica. Tamén se analizará comparativamente a arquitectura de distintos modelos actualmente en uso. O traballo centrarase en dous grandes grupos de modelos:
- Modelos empíricos de crecemento e produción apropiados para masas multiespecíficas e irregulares.
- Modelos de tipo ecosistémico, que incorporan procesos ecolóxicos, ecofisiolóxicos e ambientais.
Cada un dos 6 temas propostos terá unha dedicación aproximada de 4 horas de docencia presencial incluíndo ás partes teóricas e prácticas. Nesta materia non haberá unha separación temporal entre a teoría e a práctica porque os conceptos teóricos aplícanse inmediatamente empregándose a linguaxe de computación R.
Bibliografía básica
Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596).
Gadow, K.v., Real, P., Álvarez-González, J.G., 2001. Modelización del crecimiento y evolución de los bosques. IUFRO World Series Vol. 12, 242 p.
Landsberg, J; Sands, P (2011). Physiological ecology of forest production. Principles, processes and models (Series: Terrestrial Ecology Series, num. 4, ser. eds. Ehleringer, J R; MacMahon, J; Turner, M. G.). Elsevier, Amsterdam.
Robinson, A P; Hamman, J. D., 2010. Forest analysis with R. An introduction (Series: Use R!, ser. eds. Gentleman, R; Hornik, K; Parmigiani, G). Springer, New York.
Bibliografía complementaria
Kiviste, A., Álvarez González, J.G., Rojo Alboreca, A., Ruiz González, A.D., 2002. Funciones de crecimiento de aplicación en el ámbito forestal. Monografías INIA: Forestal Nº. 4., Madrid, 190 p.
Oliver, C.D., Larson, B.C., 1996. Forest Stand Dynamics, Updated Edition. John Wiley and Sons, New York, 544 p.
Pretzsch, H (2009). Forest dynamics, growth and yield. Springer Verlag, Berlin.
Vanclay, J.K., 1994. Modelling forest growth and yield: application to mixed tropical forests. CAB International, UK.
van Laar, A., Akça, A., 1997. Forest mensuration. Cuvillier, Göttingen, 418 p.
Weiskittel, A.R., Hann, D.W., Kershaw, J.A., Vanclay, J.K., 2011. Forest Growth and Yield Modeling. John Wiley and Sons.
Esta materia contribuirá ó desenvolvemento ou mellora das seguintes competencias que figuran na memoria do título:
Competencias básicas, xerais e transversais
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, acotío nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entorno novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais, e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG2 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
CG7 - Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais.
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
Competencias específicas
CE46: Capacidade para desenvolver modelos de simulación do crecemento e a evolución de bosques naturais. Capacidade para simular os factores naturais e antrópicos que afectan ás variacións da densidade.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Docencia presencial
• Clases na aula de informática. Nelas expoñerase o temario teórico da materia e faranse exercicios que ilustren a teoría e permitan ós alumnos aprender a empregar as técnicas e conceptos estudados na teoría. (CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CT1, CT3, CT5, CT10, CT11, CT12 y CE46)
• Titorías persoais. Os alumnos poderán discutir cos profesores as dificultades ou cuestións xurdidas no traballo de clase, durante a realización de exercicios ou na elaboración dos casos prácticos propostos.
• Emprego do Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia. Alí estarán dispoñibles os materiais necesarios para a realización dos exercicios e os traballos de curso e tamén o material de apoio ás ensinanzas teóricas (parte do material estará en inglés).
Traballo persoal do alumno
• Resolución de exercicios e problemas semellantes ós da clase para que o alumnado poda traballar fóra da aula para fortalecer o seu coñecemento e descubrir as súas dificultades coa materia. (CT3, CT5, CT10, CT11, CT12 e CE46)
• Casos prácticos de análise de datos. O profesor subministrará datos obtidos en diversos estudios no ámbito forestal para que o alumnado os analice de forma autónoma empregando as técnicas estatísticas aprendidas na materia. Os estudantes redactarán un informe no que se explique o traballo feito, se expoñan os resultados e se discutan as conclusións do alumno. Este informe será parte da avaliación da materia. (CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG2, CG7, CT1, CT3, CT5, CT6, CT10, CT11, CT12 e CE46)
Proba escrita (50%): CB6, CB10 e CE46.
Traballos presentados (50%): CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG2, CG7, CT1, CT3, CT5, CT6, CT10, CT11, CT12 e CE46.
A realización das actividades propostas é obrigatoria para a superación da materia. A proba escrita empregarase para avaliar o coñecemento e dominio das metodoloxías de modelización, mentres que no traballo a presentar o alumno empregará todos os coñecementos adquiridos para resolver un caso práctico proposto polo profesor sobre datos reais.
A proba escrita realizarase nas datas establecidas no calendario oficial de exames. O prazo de entrega dos traballos rematará unha semana antes da data do exame.
Os criterios de avaliación serán os mesmos para tódolos alumnos, novos e repetidores, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria. As persoas con dispensa de asistencia terán que realizar os exercicios propostos, entregar os traballos solicitados como parte da avaliación e facer a proba escrita, igual ca o resto do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Cada hora de traballo presencial co profesor debería ser correspondido con outras dúas horas de traballo do alumno. É moi importante realizar os exercicios propostos porque son os que permiten afianzar os conceptos explicados na clase e descubrir dificultades insospeitadas no se u emprego.
Os coñecemento necesarios de programación na linguaxe R adquírense na materia Desenvolvemento de modelos e Validación, polo que é preciso que o alumno a teña cursado previamente.
É moi conveniente que as persoas que cursen esta materia revisen os coñecementos sobre estatística, álxebra matricial, ecoloxía e selvicultura que recibiron durante os seus estudios de grao.
Juan Gabriel Alvarez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- juangabriel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Real Rodriguez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- carlos.real [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 5 (Aulario 2) |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Aula 5 (Aulario 2) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |