Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 248.5 Horas de Titorías: 2.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 252.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Bioloxía Funcional, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Historia, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Economía Aplicada
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Botánica, Ecoloxía, Xenética, Zooloxía, Historia Contemporánea, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Produción Vexetal, Proxectos de Enxeñaría, Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Realización de prácticas externas en empresas e institucións co obxectivo de coñecer a realidade das saídas laborais da titulación e adquirir unha primeira experiencia profesional nun centro de traballo.
Os resultados esperados da aprendizaxe son:
Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. Saber comunicar as conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. Coñecer e aplicar a lexislación, regulamentos e normativas legais en vigor que sexan de aplicación en virtude dos contidos dos estudos de Máster. Capacidade para facer crítica dos éxitos, os erros e resultados propios e alleos, e para responsabilizarse en adquirir e transmitir coñecementos. Capacidade para expresarse correctamente na terminoloxía propia da Enxeñería de Montes.
A diversidade e o gran número de acordos existentes fan difícil sintetizar o contido das prácticas que realizará a cada alumno, que potencialmente poden ser tan diversos como os contidos do propio Máster. No caso de desexar obter unha especialidade, o contido da práctica externa deberá ter relación coa especialidade escollida.
Na normativa de prácticas externas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC establécense os criterios para a súa solicitude así como todos os aspectos que regulan a súa concesión, desenvolvemento e avaliación. O estudante deberá presentar en la secretaría do centro unha proposta seguindo un formulario normalizado. Tanto a normativa como o formulario están dispoñibles en https://www.usc.gal/gl/centro/escola-politecnica-superior-enxenaria/pra….
Dadas as peculiaridades desta materia, é imposible especificar unha bibliografía xeral válida para tódolos tipos de prácticas que se van realizar. En xeral non se considera necesario especificar o apartado de bibliografía no modelo de solicitude de prácticas. Se fora necesario, a bibliografía do practicum podería ser indicada neste modelo de solicitude.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
As competencias transversais a adquirir estarán en función da tipoloxía da práctica externa a desenvolver, sen que sexa posible que unha práctica abarque todas as posibles:
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE21 - Capacidade de realización de prácticas externas no ámbito profesional da Enxeñería de Montes e de realizar unha memoria das actividades realizadas durante unha estancia externa, adquirindo coñecementos sobre a realidade das saídas laborais da titulación e tendo unha primeira experiencia profesional nun centro de traballo.
A metodoloxía docente a utilizar será o traballo persoal do alumnado realizado durante a estancia externa e a elaboración da memoria de actividades realizadas durante a mesma. Con este traballo persoal adquiriranse todas as competencias básicas e específicas así como as competencias xerais e transversais que correspondan ao traballo realizado e que figurarán no informe final do alumno.
A cualificación das prácticas externas será a obtida ao considerar a nota outorgada pola persoa titora da entidade colaboradora e a nota outorgada pola persoa titora académica. Na cualificación final, a nota outorgada pola titoría da entidade colaboradora contará un 70% e a nota outorgada pola titoría académica un 30%.
Traballo persoal do alumnado en horas:
Estancia externa 240 h
Elaboración de memoria de actividades de la práctica externa 10 h
A comisión de título é a responsable de velar polo correcto desenvolvemento de tódolos aspectos relacionados con esta materia. Recoméndase ó estudante o seguimento da información que a comisión de título faga pública.
As prácticas externas, incluídas as que se desenvolvan en instalacións da Universidade, mantéñense nos termos previstos agás que os centros de destino pola súa actividade deban pechar debido á evolución da pandemia provocada pola COVID-19.