Ir o contido principal

Máster Universitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo, 27002
Lugo
982823008 (Conserxaría)
982823011 (Dirección)
eps.secretaria.direccion [at] usc.gal
Campus
Lugo
Coordinador/a
María De La Luz Gil Docampo
Contacto
ml.gil [at] usc.es

O Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados é un título de alta especialización para estudantes universitarios con dúas orientacións, unha centrada na operación de sistemas aéreos non tripulados que lidera a Universidade de Santiago de Compostela (Escola Politécnica Superior de Enxeñaría) e outra centrada no desenvolvemento de sistemas aéreos non tripulados que lidera a Universidade de Vigo (Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo). É unha proposta única no Sistema Galego de Universidades e non existen títulos semellantes en todo o noroeste peninsular, centrada dun xeito especifico no coñecemento dos sistemas aéreos non tripulados tamén chamados drones, Unmanned Aerial vehicle - UAV, Unmanned Aerial Sistems - UAV ou Remotely Piloted Aircraft Systems - RPAS.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4316696
Número de ECTS: 60
Número prazas: 12

Decano/a ou director/a do centro:
ROSA ROMERO FRANCO
rosa.romero [at] usc.es

Coordinador-a do título:
María De La Luz Gil Docampo
ml.gil [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

Data de publicación no BOE:
4/01/2019. Corrección de erros do 16/03/2019

Data da última acreditación:
06/06/2018

O Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados resposta ao despegue do sector en Galicia, que combina o impulso de empresas operadoras que actúan en mercados globais e empresas que desenvolven os seus propios sistemas. Outro factor que indica o desenvolvemento e organización do sector é a formación de asociacións empresariais locais como a Asociación Gallega de Sistemas Inteligentes no Tripulados (AGASINT).

Ao esforzo levado a cabo polo sector empresarial temos que engadir o esforzo realizado pola administración autonómica galega coa creación do Centro de Investigación Aeroportada INTA-Xunta de Galicia (CIAR) en Lugo, o desenvolvemento dun Ciclo Formativo de Grao Superior de Técnico en Mantemento de Aeronaves (IES AS Mercedes de Lugo), a posta en marcha da Civil UAS Initiative e dentro desta iniciativa a aceleradora Business Factory Aero (BFAero), o impulso do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE) en Vigo e a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 12
Optativas: 24
Prácticas externas OB 15
Traballo fin de máster: 9
Total: 60

Este máster conta con dúas especialidades:

Especialidade en Aplicacións na Xestión dos Recursos da Terra
Especialidade en Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados

O alumno ou a alumna deberán elixir un dos módulos de especialización en función dos seus intereses formativos e cubrir un total de 24 créditos ECTS de cada unha. Para iso ofértanse dúas especialidades diferenciadas. Cada especialidade articúlase cunha oferta de 30 créditos ECTS de especialidade (cinco materias) dos que un alumno ou unha alumna deben cubrir un total de 18 créditos ECTS obligatorios e 6 ECTS optativos.

No suposto de querer obter as dúas especialidades ofertadas será necesario cursar as materias correspondentes que definen os dous itinerarios, así como realizar en cada unha delas as Prácticas Externas e o TFM, xa que estes dous contidos sempre están ligados directamente á enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados ou relacionado con aplicacións que impliquen a súa operación.

O Máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados é un título de alta especialización para estudantes universitarios con dúas orientacións, unha centrada na operación de sistemas aéreos non tripulados que lidera a Universidade de Santiago de Compostela (Escola Politécnica Superior de Enxeñaría) e outra centrada no desenvolvemento de sistemas aéreos non tripulados que lidera a Universidade de Vigo (Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo). É unha proposta única no Sistema Galego de Universidades e non existen títulos semellantes en todo o noroeste peninsular, centrada dun xeito especifico no coñecemento dos sistemas aéreos non tripulados tamén chamados drones, Unmanned Aerial vehicle – UAV, Unmanned Aerial Sistems – UAV ou Remotely Piloted Aircraft Systems – RPAS.

Titulados e tituladas universitarios en disciplinas científicas ou tecnolóxicas que desexen orientar a súa carreira profesional cara a empresas ou administracións públicas con interese nos sistemas aéreos non tripulados. Os ámbitos de interese deste colectivo poderán dirixirse á operación e á enxeñaría de sistemas.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 12
Optativas: 24
Prácticas externas OB 15
Traballo fin de máster: 9
Total: 60

O Plan de Acción titorial da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do alumnado na vida universitaria e atender ás súas necesidades formativas e informativas. Supón superar o modelo tradicional de ensino universitario só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo en que conflúen tamén funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, etc.; apóstase, en definitiva, polo trato máis personalizado, ademais do académico.

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do alumnado, que normalice as distintas accións e alcance un adecuado equilibrio entre as expectativas das alumnas e alumnos e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

O Plan de Acción Titorial ten como obxecto a garantía, adecuación dos métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación, adquisición de competencias do alumnado, atención á diversidade, orientación á aprendizaxe, e procura dunha igualdade de xénero, recollidos tanto nas memorias dos títulos como no sistema de garantía de calidade do centro.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: criterios específicos

Titulacións de acceso por orde de preferencia:

Titulacións preferentes:

- Grao en Enxeñaría Aeroespacial.
- Grao en Enxeñaría Agraria.
- Grao en Enxeñaría Agrícola y Agroalimentaria.
- Grao en Enxeñaría Civil.
- Grao en Enxeñaría da Enerxía.
- Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.
- Grao en Enxeñaría Eléctrica.
- Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática.
- Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación.
- Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.
- Grao en Enxeñaría Forestal.
- Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio natural.
- Grao en Enxeñaría Informática.
- Grao en Enxeñaría Mecánica.
- Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía.
- Grao en Bioloxía
- Grao en Ciencias Ambientais.
- Grao en Ciencias do Mar.
- Grao en Física.
- Grao en Matemáticas.
- Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio.

Titulacións non preferentes:

Resto de titulacións das ramas de Ciencias e de Enxeñaría e Arquitectura.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

Expediente académico: máx. 80%
Experiencia acreditada no sector: 20%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: criterios específicos

Titulacións de acceso por orde de preferencia:

Titulacións preferentes:

- Grao en Enxeñaría Aeroespacial.
- Grao en Enxeñaría Agraria.
- Grao en Enxeñaría Agrícola y Agroalimentaria.
- Grao en Enxeñaría Civil.
- Grao en Enxeñaría da Enerxía.
- Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.
- Grao en Enxeñaría Eléctrica.
- Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática.
- Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación.
- Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.
- Grao en Enxeñaría Forestal.
- Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio natural.
- Grao en Enxeñaría Informática.
- Grao en Enxeñaría Mecánica.
- Grao en Enxeñaría Xeomática e Topografía.
- Grao en Bioloxía
- Grao en Ciencias Ambientais.
- Grao en Ciencias do Mar.
- Grao en Física.
- Grao en Matemáticas.
- Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio.

Titulacións non preferentes:

Resto de titulacións das ramas de Ciencias e de Enxeñaría e Arquitectura.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

Expediente académico: máx. 80%
Experiencia acreditada no sector: 20%

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Que os estudantes adquiran coñecementos xerais en operación dos sistemas aéreos non tripulados.
- Que os estudantes adquiran a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito dos sistemas aéreos non tripulados e determinen a mellor solución tecnolóxica.
- Que os estudantes adquiran o coñecemento para desenvolver sistemas aéreos non tripulados ou planificar operacións específicas, dependendo das necesidades existentes e aplicar as ferramentas tecnolóxicas existentes.
- Que os estudantes coñezan e sexan capaces de aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son as procuras bibliográficas, a toma de datos e a análise e a súa interpretación, así como a presentación de conclusións, de forma clara, concisa e rigorosa.

- Que os estudantes coñezan os principais sistemas dunha aeronave non tripulada.
- Que os estudantes coñezan as boas prácticas existentes na operación de sistemas aéreos non tripulados e saiban aplicar a normativa en vigor.
- Que os estudantes entendan o funcionamento dos sistemas de comunicación e navegación por radio dos sistemas aéreos non tripulados.
- Que os estudantes coñezan os diferentes sensores embarcados nos sistemas aéreos non tripulados, así como os principais algoritmos de procesamento.
- Que os estudantes entendan e saiban utilizar as diferentes técnicas de control de aeronaves non tripuladas existentes.
- Que os estudantes coñezan as diferentes cargas útiles baseadas en sensores de pasivos (imaxe), así como os principais algoritmos de procesamiento da información.
- Que os estudantes coñezan as diferentes cargas útiles baseadas en sensores activos (LiDAR e RADAR), así como os principais algoritmos de procesamento da información.
- Que os estudantes coñezan as principais aplicacións dos sistemas aéreos non tripulados no ámbito agrario e forestal.
- Que os estudantes coñezan as diferentes operacións cos sistemas aéreos non tripulados na xestión de recursos naturais.
- Que os estudantes coñezan os fundamentos dos compoñentes do sistema territorial e teñan capacidade de deseño de operacións para a xestión de datos na análise territorial.
- Que os estudantes sexan capaces de proxectar, planificar, executar e xestionar operacións e produtos de aplicación no ámbito de actuación das enxeñarías civil e industrial, da arquitectura e o patrimonio.
- Que os estudantes entendan e saiban utilizar as técnicas de intelixencia artificial para o procesado de imaxes e vídeo e as plataformas de cómputo para dispositivos aéreos non tripulados.

- Orientación á calidade e á mellora continua.
- Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
- Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega.
- Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
- Desenvolvemento do espírito innovador e emprendedor.
- Habilidades de relacións interpersoais.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de razoamento crítico e creatividade.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

O mestrado contempla 15 créditos ECTS de Prácticas Externas obrigatorias.

A Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo contan cun extenso programa de convenios de prácticas en empresa que permitirá tutelar as estancias dos estudantes deste título de máster. Os convenios son aprobados polo Consello de Goberno das respectivas universidades e o seu seguimiento corresponde á Comisión Académica do título.

Para satisfacer a demanda dos estudantes do novo título deberá asegurarse unha oferta de prácticas suficiente para os estudantes matriculados que se realizará en calquera dos dous cuadrimestres do curso académico, tendo en conta que o estudante pode cursar o título cunha dedicación a tempo parcial.

Ademais, definiranse procedementos para a selección, seguimiento, elaboración da memoria de prácticas e presentación do aproveitamento das prácticas por parte do estudante adaptando á normativa vixente ás especificidades do mestrado.

O mestrado contempla a realización dun Traballo Fin de Máster de 9 créditos ECTS, que consiste na realización dun proxecto relacionado coa enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados ou con aplicacións que impliquen a súa operación.

O Traballo Fin de Máster é un exercicio orixinal que debe ser realizado individualmente e que consiste nun proxecto integral de natureza profesional que sintetice as competencias adquiridas no mestrado. Para a súa superación será defendido perante un tribunal formado por profesorado do título. Cada estudante terá polo menos un profesor ou unha profesora titor que guiará a alumna ou o alumno durante o proceso e velará pola qualidade do traballo.

A oferta de Traballos Fin de Máster realizarase en cada cuadrimestre do curso académico dando así resposta aos estudantes matriculados a tempo parcial. Cada oferta poderá incluír tamén traballos ofertados por empresas e centros de investigación colaboradores e traballos ofertados por docentes da titulaión.

A oferta de Traballos Fin de Máster debe ser suficiente para todos os estudantes matriculados no título. O alumno ou a alumna poderán realizar a defensa do seu Traballo Fin de Máster cando obtivese todos os demais créditos do plan de estudos superados.

O profesorado do Máster está formado por profesores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC), da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (UVigo) coa participación de profesionais de empresas, institucións e organismos públicos.

Non hai información dispoñible neste momento.

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

12,0

12,0

12,0

0,0

0,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

8,0

4,0

15,0

12,0

2,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

8,0

0,0

12,0

0,0

0,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

8,0

0,0

12,0

0,0

0,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-100,0

-

-100,0

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

6,3872

-

6,6076

-

-

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

13,33

8,33

0,0

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

60,0

50,0

50,0

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

-

100,0

-

-

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

87,5

100,0

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

37,5

-

8,33

-

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

84,38

64,71

84,06

68,57

50,0

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

2,0

1,0

2,625

4,0

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

86,96

100,0

77,67

68,97

Estudantes por grupo

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

8,0

-

12,0

-

-

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

5,0

2,0

6,4

-

-

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

97,04

100,0

100,0

100,0

100,0

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

86,96

100,0

97,56

100,0

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

25,0

-

75,0

-

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

81,88

64,71

84,06

68,57

50,0

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,7222

-

4,5

-

-

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,8333

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

3,26

3,55

-

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,45

-

4,74

-

-

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,25

4,2667

4,4605

-

-

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

37,5

-

38,4615

-

-

Indicador

2019-2020

2020-2021

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

80,0

90,0

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

90,91

90,91

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

36,36

45,45

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2021.