- Código
- FD0272
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 3.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- Abonado pola entidade solicitante
- Centro
- Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
- Dirección
-
Maria Del Carmen Fernandez Morante
Beatriz Cebreiro Lopez - Contacto
beatriz.cebreiro [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
BEATRIZ CEBREIRO LOPEZ
13749
beatriz.cebreiro [at] usc.es
Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
Datas
Duración: 18/11/2024 - 18/02/2025
Preinscrición: 07/11/2024 - 10/11/2024
Matrícula: 11/11/2024 - 11/11/2024
Número alumnos/as mínimo: 15
Número alumnos/as máximo: 55
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Estar en activo nun centro educativo/ aulas hospitalarias/ atención domiciliaria (tamén contratado pola asociación da FEPNC) e traballar cun menor con cancro
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
1º Prestando atención educativa a menores con tratamento activo 2º Contratado pola asociación da FEPNC ou colaborar coa FEPNC 3º Prioridade persoal funcionario ou interino de centros sostidos con fondos públicos
1. Proporcionar unha formación específica en materia educativa que permita atender ao alumnado con cancro de forma axeitada, integrándoo na aula de referencia, favorecendo o seu desenvolvemento en todos os ámbitos e atendendo as súas necesidades específicas.
2. Presentar as características comúns desta enfermidade e cómo poden afectar ao desenvolvemento físico, emocional, psicolóxico e educativo dos nenos e adolescentes.
3. Facilitar ferramentas e recursos educativos con todo tipo de soporte que sirvan ao profesorado para poder traballar co alumnado con cancro e co resto dos compañeiros.
A metodología é flexible e permite ir a cada persoa ao seu ritmo, pero a formación ten unhas etapas que son progresivas organizadas para que pasar ao seguinte tema requira completar o anterior. O curso finaliza unha vez se teñan traballado as materias, realizadas as actividades e tendo participado nos foros propostos. Cada participante terá o seu propio ritmo de traballo. A avaliación será continua e baseada na participación en todas as actividades. O curso ten una duración de 30 horas distribuidas ao longo de entre dous meses e medio. Os participantes que o desexen poderán mantenerse en contacto cos titores a través dun foro que quedará aberto para resolver dúbidas puntuais ou poñer en común cuestiones de interese. Tamen como actividade de apoio a dinámica de formación organizaranse varias sesións de videoconferencia para aquelas persoas que poden compatibilizar cos horarios do seu traballo.
Avaliación
Avaliación continua que implica a realización de tres actividades formativas e a participación nos espazos de comunicación virtuais.
1) Análise de coñecementos sobre o cancro e experiencia previa con menores
1) Comprensión e análise dos contidos sobre a actuación educativa
2) Análise da aplicación dos contidos dos itinerarios especializados nos contextos reais
Titorías
1) A actuación educativa como resposta ás necesidades de menores con cancro Obxectivos: -Coñecer as características comúns desta enfermidade e cómo poden afectar ao desenvolvemento físico, emocional, psicolóxico e educativo dos nenos e adolescentes. - Analizar os elementos da atención educativa axeitada ás necesidades dos menores con cancro e elaborar propostas para unha acción formativa máis personalizada. Contidos: 1. Coñecer : 1.1. Coñecementos básicos 1.2. Tipos de cancro, efectos secundarios e tratamentos 1.3. Secuelas, dificultades de aprendizaxe e posibles adaptacións 1.4. Necesidades do alumnado con cancro 2. Actuar 2.1. Persoas implicadas e funcións 2.2. Pautas de actuación: educativa e psicolóxicas 2.3. Protocolos de intervención das Comunidades Autónomas 2) Os materiais didácticos de apoio á atención personalizada para os niveis educativos (Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato) e o duelo no contexto educativo Obxectivos: - Explorar e experimentar con materiais didácticos axeitados ás características de cada etapa educativa - Coñecer e comprender o duelo para deseñar estratexias e recursos que faciliten o proceso ante unha perda. Contidos: 1. A atención educativa na Educación Infantil e propostas de actividades para traballar na aula 2. A atención educativa na Educación Primaria e propostas de actividades para traballar na aula 3. A atención educativa na Educación Secundaria Obrigatoria e propostas de actividades para traballar na aula 4. A atención educativa en Bacharelato e propostas de actividades para traballar na aula. 5. O duelo no contexto educativo
Non hay
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | A Actuación Educativa como Resposta ás Necesidades de Menores con Cancro. | 2.0 |
2 | Os Materiais Didácticos de Apoio a Atención Personalizada para ós Niveis Educativos (Infantil, Primaria, ISO, Bachalerato) e o Duelo no Contexto Educativo. | 1.0 |