- Código
- MP0246-FE0173
- Tipo
- Diploma de Experto/a
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 15.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 0,00€
- Centro
- Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Dirección
-
Paula López Martínez
Victor Manuel Brea Sanchez - Contacto
p.lopez [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC
Paula López Martínez
16435
p.lopez [at] usc.es
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Datas
Duración: 01/10/2025 - 31/05/2026
Preinscrición: 21/07/2025 - 31/07/2025
Matrícula: 01/09/2025 - 22/09/2025
Número alumnos/as mínimo: 1
Número alumnos/as máximo: 15
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso forma parte de:
Código | Nome do curso |
---|
Requisitos de acceso
Estar en posesión dun título universitario (grao ou licenciatura). Tamén poderá ser admitido o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida. Non se concederá o título de Diploma de Experto a aqueles alumnos que non superen os créditos restantes antes do remate do curso académico no que se desenvolve a materia.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
A oferta total de prazas é de 15 alumnos. 1. Os estudantes matriculados no máster completo terán preferencia para a admisión sobre os aspirantes que opten só por un dos títulos de experto ou microcredenciais asociados. 2. No caso de que existan prazas vacantes unha vez finalizado o proceso de admisión ao mestrado completo, asignaranse aos aspirantes aos títulos de experto e microcredenciais, segundo os seguintes criterios: Curriculum Vitae e entrevista persoal.
Obxectivos
- Coñecer a propagación das ondas electromagnéticas en medios materiais.- Analizar diferentes medios de transmisión, incluíndo liñas de transmisión e guías dieléctricas.
- Coñecer as bases do deseño de sistemas de comunicación de alta frecuencia.
- Coñecer os fenómenos de radiación e a súa aplicación en antenas e telecomunicacións.
Competencias
- Pensamento crítico e resolución de problemas complexos: capacidade para analizar, razoar e deseñar solucións en contornos de alta frecuencia.- Innovación en TIC e aprendizaxe autónoma: habilidade para aplicar ferramentas de simulación e deseño en contextos tecnolóxicos cambiantes.
- Deseño de circuítos de RF e microondas: competencia para implementar sistemas analóxicos de alta frecuencia, incluíndo filtros, amplificadores e liñas de transmisión.
- Aplicación dos fundamentos electromagnéticos ao deseño de sistemas: capacidade para comprender e aplicar teorías de propagación, radiación e adaptación de impedancias.
- Coñecementos aplicados en electrónica e automatización: dominio de conceptos e ferramentas clave no deseño de circuítos integrados de RF.
Avaliación
Será necesaria a asistencia continuada á clase e a resolución dunha serie de problemas propostos polo profesor en cada bloque temático. A realización destas actividades dará lugar á cualificación final da materia.
Titorías
A formación é híbrida e combina teoría e práctica de fundamentos teóricos de electromagnetismo coa práctica de deseño de circuítos de RF en tecnoloxía CMOS. Empregaranse ferramentas de simulación electromagnética e circuital, con resolución de problemas guiados. Castelán. Horario de titorías: As titorías presenciais e/ou virtuais estarán dispoñibles previa cita cos docentes.
6h/semana
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Deseño de Circuitos Integrados de Radiofrecuencia. | 9.0 |
2 | Fundamentos Electromagnéticos para o Deseño Rf. | 6.0 |