- Código
- MP0230
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 2 anos
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 1.200,00€
- Centro
- Facultade de Psicoloxía
- Dirección
-
Carlos Dosil Diaz
Cesar Bugallo Carrera - Contacto
carlos.dosil [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Carlos Dosil Díaz
carlos.dosil [at] usc.es
Facultade de Psicoloxía
Datas
Duración: 12/01/2026 - 29/12/2026
Preinscrición: 09/06/2025 - 30/10/2025
Matrícula: 01/11/2025 - 20/12/2025
Número alumnos/as mínimo: 24
Número alumnos/as máximo: 40
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Psicólogos, pedagogos, psicopedagogos, mestres, traballadores sociais, educadores sociais, avogados, médicos, enfermeiros e aqueles outros que a xuizo da Comisión Académica poidan realizar o curso con aproveitamento sempre que sexan licenciados, graduados ou diplomados universitarios.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Adecuación da titulación, entrevista, orde de preinscrición, expediente e méritos .
Obxectivos
1. Adquirir coñecementos teórico-prácticos da problemática que afecta a educación na familia e a escola, na sociedade actual, e as técnicas a utilizar para a solución das mesmas.2. Adquirir as habilidades necesarias para a intervención e o exercicio profesional tanto na familia como na escola
3. Coñecer as áreas emerxentes que de forma directa inciden no desenrolo e no crecemento persoal
4. Deseñar e aplicar diferentes tipos de programas e estratexias, acomodados aos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
Competencias
A metodoloxía terá presente tanto a dimensión científica como a profesional do Curso.O Programa Presencial combinará as sesións maxistrais con traballos en pequenos grupos. As sesións presenciais serán completadas con un Programa Práctico que permitirá ós/ás estudantes recibir unha formación nos escenarios adecuados, e que será titorizada por un profesional do sector. O Programa das Actividades non Presenciais, tamén titorizadas por profesionais do Curso, completará a formación, que finalizará coa presentación dunha Memoria/Proxecto Final e dun Traballo Tutelado Aplicado.
Avaliación
Continua en cada materia impartida coa presentación de tareas propostas. Presentación de: Proxecto/Memoria fin de Curso e documento xustificativo de ter realizado o Traballo Tutelado Aplicado.
Titorías
Parte presencial Primeira semana: 12-16 xaneiro: Bases neurocientíficas das competencias emocionais/ Ecoloxía e Educación: Coidados e creatividade / A familia e os seus contextos epixenéticos/ Educación socioemocional/ Experiencias de Educación socioemocional no CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela Segunda semana: 19-23 xaneiro: A Mediación: Vantaxes e inconvenientes. A ética do mediador / Orientación, mediación e convivencia familiar/ Mediación e convivencia escolar en Centros Terceira semana: 26-30 de xaneiro : A Intelixencia Artificial (AI), saúde dixital e ciberseguridade (violencia, acoso…) na familia e na escola / Aportacions do Coaching a unha Educación de Calidade na Familia e na Escola/ Educación inclusiva e equitativa de calidade. Xestión de Calidade. Parte non presencial Marzo e abril de 2026 (2 sesiones cada mes). Adiccións, consumo, prevención e intervención/. Maio e xunio de 2026 (2 sesiones en maio y 1 en xunio). Dificultades e trastornos do desenvolvemento/. Junio e xullo de 2026 (1 sesión en xunio y 2 en xullo). Trastornos Comportamentais e de Personalidade na infancia e adolescencia/. TTA (Traballo Tutelado Aplicado). Calendario: Marzo a agosto de 2026/ TFM (Traballo Fin de Máster). Calendario: Septembro a decembro de 2026/
Parte presencial: De luns a venres: Do 12 ata o 30 de xaneiro, de 9 a 14 horas e de 15.30 a 20.30 horas.
Observacións
O día de Santo Tomás as clases realizanse na Hospedería S. Martín Pinario co mesmo horario.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Educación Inclusiva e Equitativa de Calidade. Xestión de Calidade. | 1.0 |
2 | Traballo Tutelado Aplicado. | 20.0 |
3 | A Intelixencia Artificial (Ai), Saude Dixital e Ciberseguridade (Violencia, Acoso…) na Familia e na Escola. | 2.0 |
4 | Educación Socioemocional. | 2.0 |
5 | Aportacions do Coaching a unha Educación de Calidade na Familia e na Escola. | 2.0 |
6 | Ecoloxía e Educación: Coidados e Creatividade. | 1.0 |
7 | Bases Neurocientíficas das Competencias Emocionais. | 1.0 |
8 | Dificultades e Trastornos do Desenvolvemento. | 3.0 |
9 | Trastornos Comportamentais e de Personalidade na Infancia e Adolescencia. | 3.0 |
10 | Mediación e Convivencia Escolar en Centros. | 2.0 |
11 | Orientación, Mediación e Convivencia Familiar. | 2.0 |
12 | Adiccións: Consumo, Prevención e Intervención. | 4.0 |
13 | A Familia e ós seus Contextos Epixenéticos. | 1.0 |
14 | A Mediación: Vantaxes e Inconvenientes. Tipos. A ética do Mediador. | 1.0 |
15 | Tfm. (2º Curso) | 15.0 |